1ª GALICIA VETERANOS, (22ª Xda) : “A PIÑA CAMPIÓN E CORME ASCENSO DIRETO”.

1ª GALICIA VETERANOS
22ª Xornada

Domingo 15/03/2026

SD Sofán 3-2 Club Deportivo Leiloio
CF Corme 2-1 Sporting Bértoa
Vet. SCD Malpica 0-0 Cabana SD
A Piña 6-1 SD Fisterra de Vet.
CF Mazaricos 1-2 Deportivo Carballo
Soandres CF 2-3 CD Nantón

Clasificación : PREME AQUÍ

.

A Piña campión da 1ª Galicia de Veteranos

Tal e como xa vos adiantamos o pasado Domingo o ACD A Piña proclamouse campión da 1ª Galicia de Veteranos nunha xornada de moitas emocións. Tal e como vos itíñamos informamos na crónica semanal da xornada desta competición, tres equipos chegaban a derradeira xornada de liga empatados a 52 puntos o Cabana, A Piña e Corme, (por este órde na claisifcación por golaveraxe), si os cabaneses gañaban eran campións no caso de triple empate, pero o Cabana non pasou do empate sen goles na Pedra Queimada ante o Malpica, (0-0), namentras que o A Piña goleaba ao Fisterra, (6-1), e o Corme derrotaba por 2-1 ao Bértoa o que fixo que o A Piña se proclamase campión, e como segundo e tamén ascendido a División de Honra o Corme, quedando o Cabana na 3ª posición tendo que xogar a promoción con Malpica, Nantón e Mazaricos.

A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o A Piña FC.

Os números do A Piña

Puntos : 55 de 66 posibles

Partidos gañados : 18

Partidos empatados : 1

Partidos perdidos : 3

Goles a favor : 85

Goles encaixados : 29

Pichichi do equipo : Jhonny con 22, (1 p.) en 19 encontros

Os números da liga :

Campión : A Piña

Subcampión : Corme CF

Promoción : Cabana SD, Vet.SCD Malpica, CD Nantón e CF Mazaricos

Pechacancelas : Deportivo Carballo

-Equipo máis goleador : A Piña con 85

Equipo menos batido : Cabana SD con 17

Total goles marcados : 559

.

-Foto : FaceBook A Piña

-Texto : Xosé Búa “Pirata”