1ª GALICIA VETERANOS
14ª Xornada
Domingo 18/01/2026
Cabana SD 1-3 A Piña
Soandres CF 4-1 CF Mazaricos
Veteranos SCD Malpica 0-2 CF Corme
Club Deportivo Leiloio 2-0 SD Fisterra de Veteranos
CD Nantón 3-0 SD Sofán
Deportivo Carballo 1-2 Sporting Bértoa
CRÓNICA
A 14ª xornada deixou un total de 18 goles nunha sesión moi produtiva, especialmente decisiva na pelexa polo liderado, onde CF Corme e A Piña manteñen o seu particular pulso polo primeiro posto tras volver sumar de tres, empatar no liderato e abrir unha pequena fenda co terceiro clasificado.
O CF Corme continúa firme na cabeza da táboa logo de superar con autoridade ao Veteranos SCD Malpica por 0-2, un triunfo de moito mérito ante un rival directo que chegaba á xornada empatado a puntos co liderado. Os cormeláns pasan de 31 a 34 puntos e consolídanse no primeiro posto, mentres que o Malpica cede terreo e queda agora con 31 na terceira praza, vendo como se lle escapan os dous primeiros clasificados.
Pola súa banda, o A Piña non fallou no seu desprazamento a Cabana (1-3) e segue o ronsel do líder, tamén con 34 puntos. Os piñenses chegan á xornada empatados na cabeza e saen reforzados, mentres que o Cabana SD, que era cuarto e aspiraba a engancharse á loita polo liderado, perde unha oportunidade clave e queda ancorado nos 28 puntos.
Outro dos encontros destacados con sorpresa foi o triunfo do Soandres CF sobre o CF Mazaricos (4-1), un resultado que permite aos locais abandonar a parte baixa da clasificación e recortar diferenzas cun Mazaricos que se mantén na zona media, pero que perde folgos tras chegar á xornada cunha posición máis cómoda.
O CD Nantón aproveitou á perfección a súa oportunidade ao vencer por 3-0 ao SD Sofán, un resultado que lle permite dar un salto importante na táboa, pasando da sexta á quinta posición, aproximandose a promoción, mentres que o Sofán segue sen reaccionar e continúa afundido na metade baixa.
Tamén foi clave a vitoria do CD Leiloio ante o SD Fisterra de Veteranos (2-0), que lle permite aos de Leiloio mirar cara arriba e asentarse na zona media, deixando ao Fisterra cada vez máis afundido na parte baixa da clasificación.
Por último, no duelo de colistas o Sporting Bértoa dimpúxose no campo do Deportivo Carballo por 1-2, nun duelo dos que non fiexeron os deberes no que vai de curso. Os de Bértoa suman tres puntos vitais para seguir escalando, que lles permiten igualar ao Fisterra, mentres que o Deportivo Carballo continúa como pechacancelas.
.
CLASIFICACIÓN
1º CF Corme : 34 Puntos
2º A Piña : 34
3º Veteranos SCD Malpica : 31
4º Cabana SD : 28
5º CD Nantón : 24
6º CF Mazaricos : 22
7º CD Leiloio : 19
8º SD Sofán : 13
9º Soandres CF : 12
10º SD Fisterra de Veteranos : 10
11º Sporting Bértoa : 10
12º Deportivo Carballo : 4
.
1ª GALICIA VETERANOS
15ª Xornada
Domingo 25/01/2026
SD Sofán – Soandres CF, ás 09:45
CF Corme – Club Deportivo Leiloio, ás 10:00
SD Fisterra de Veteranos – Deportivo Carballo, ás 10:00
CF Mazaricos – Veteranos SCD Malpica, ás 11:00
Sporting Bértoa– Cabana SD, ás 12:00
A Piña – CD Nantón, ás 12:00
.
-Foto arquivo e texto : Xosé Búa “Pirata”