1ª GALICIA G2, (EQUIPOS DA COSTA) : Crónica 7ª xda, resultados, fichas técnicas, clasificación, previa 8ª xda, etc :

O CF Mazaricos caeu ante o Flavia tras unha moi boa primeira metade.

 

Duas vitorias, dous empates e unha derrota foi o bagaxe dos nosos na 7ª xornada da 1ª Galicia G2.

O SD Soneira segue a amosar un enorme nivel e derrotaba por 2-3 remontando o gol inicial do SD Agolada. Rober “Pladur”, Basti e Alberto facían os goles dos vimianceses para seguir no liderato unha semana máis.

O CF Dumbría goleaba ao Piloño facéndolle unha “manciña”, con goles de Sergio Cambeiro, (2), David, Xabier e Charly. Os dumbrieses miran hacia arriba e sumaban un gran trunfo para dar ás os xogadores para seguir escalando posicións.

Empataba o CD Baio, (1-1) ante un dos equipos que ainda non fai moito deambulaba pola 3ª División. Tras unha primeira metade na que non se movía o marcador, chegaba unha segunda na que os poucos poñíanse por diante os visitantes. Houbo que sufrir e conseguise o empate no treito final por medio de Santiso.

O Volantes de Baño CF quedábase co mel nos beizos ante o Pino, (2-2), xa que tras unha excelente primeira metade na que se poñían con 2-0, con goles de Ángel “Pesco” e Berto, pasaban a unha segunda na que os visitantes conseguían acurtar distanzas pasada a hora de xogo e conseguían o empate a 2 minutos do final do tempo regulamentario.

A única derrota da xornada nos equipos costeiros chegaba no “Pedra d´ouro” do Pino do Val. Os rapaces mazariquenses facían unha gran primeira metade e plantábanlle cara o Flavia, que se adiantaba cun gol de Uxío aos 4 mnutos de xogo. Isma Pedrosa e Sergio conseguían darlle a volta o marcador antes da media hoxra de xogo, pero na segunda metade as forzas e a calidade dos santiagueses facían que remontasen o marcador para acabar levándose a vitoria. Trío de árbitros costeiros neste encontro con Alberto Baña como principal e axudado nas bandas por Pablo Rama e Sebastián Pérez.

 

 

 

 

FICHAS TÉCNICAS

 

Baio 1-1 Lalín 

 

Dumbría 5-0 Piloño 

 

Mazaricos 2-4 Flavia

 

Agolada 2-3 Soneira

 

Volantes de Baño 2-2 O Pino

 

-8ª XORNADA-

27/10/2019

Soneira – Esclavitude : 17:00 horas

Unión – Volantes de Baño: 17:00 horas

Lalín – Dumbría: 12:30 horas

Flavia – Baio: 16:45 horas

Cordeiro – Mazaricos : 17:00 horas

 

CLASIFICACIÓN

SD Soneira : 1º con 16 puntos

CF Dumbría : 4º con 12

CD Baio : 10º con 10 puntos

CF Mazaricos : 15º con 5

Volantes de Baño CF : 18º con 4

 

-Foto : Jorge Villar “Gprrión”

-Fichas Técnicas : RFGF-piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.