O Mazaricos levouse o encontro no desconto.
Non puido o lider SD Soneira co Praiña Sporting Club, terceiro clasificado da liga, (2-1), e vitoria do CD Baio no derbi consteiro ante o Volantes de Baño CF, (2-1), así coma do CF Dumbría sobre o Val do Ulla UD, (2-1) e tamén sacaba 3 puntos moi importantes o CF Mazaricos na sua visita ao SD Tordoia, (2-3), e facíao “in extremis”, na loita por alonxarse da zona de descenso.
CRÓNICAS
CD Baio 2-1 Volantes de Baño CF
Bruno, (2º Adestrador do CD Baio) : “Volvemos a empezar ben, controlando o partido, con duas xogadas deles nas q se puderon adelantar e con un par nosas antes dun gol anulado a mc, despois marcaria norberto. Na segunda conseguianos marcar o segundo por medio de Santiso e pouco despois recortarían e pasaríanos uns minutos sufrindo, despois o final con 2 ou 3 xogadas puidemos matar o partido, pero xa acabaría así”.
José Manul “Sil”, (Adestrador do Volantes de Baño CF) : “Partido que tivemos controlado na primeira parte. Non sufrimdo ningunha ocasión e sacando boas contras como un man a man de Berto e outro de Pesco qe non fomos qUen de definir. Para non variar fómonos o descanso por detrás no marcador o non ser capaces de defender un corner. Por tanto condénanos non ser fortes nas áreas.A partires de aí estivemos desorgañizados sin órde, e como cabía esperar puxéronse 2-0 . Rubén puxo emoción a falta de 20 minutos. Pero o partido estaba máis para o Baio que praa nós dado o noso desórden. Resultado totalmente xusto ante un rival moi organizado e con xogadores con calidade e unon perdoan na área. Está claro que temos moito que mellorar e o primeiro paso é recoñecer que agora mismo somos o peor equipo da categoría”.
Goles : 1-0, Norberto, (33-); 2-0, Santiso, (61´); 2-1, Rubén, (67´).
Praiñas Sporting Cluc 2-1 SD Soneira
Pedro Gómez, (Adestrador do SD Soneira) : “Foi un partido moi condicionado polo estado do terreo de xogo, polo trío arbitral, e polo forte temporal que se levantou ó final da primeira metade. Tivemos varias ocasións na primeira metade por medio de Rober e Pichi para adiantarnos, pero foi o Praíña o que aproveitou as súas para adiantarse 2-0 antes do descanso. O forte vento en contra na segunda metade, o estado do terreo de xogo, unido á expulsión de Leilán e á lamentable actuación arbitral , fixo case un imposible a remontada. Ainda así, un gol de falta de Diego Lois á falta de 10 minutos acurtou o marcador pero o empate non chegaría a pesar do esforzo de tódolos xogadores.
Goles : 1-0, Adrián, (35´); 2-0, Adrián, (42´); 2-1, Diego Lois, (78´).
Incidencias : Expulsados con vermello direto o delegado do SD Soneira, Sergio “Pichón”, (82´), e o xogador Alonso por dobre cartón, (60´).
CF Dumbría 2-1 Val do Ulla UD
Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “Empezaba o partido co campo en bastante mal estado, pero logo se quedou ben para xogar. Saímos bastante ben, e froito desto metémonos por diante no min 4. Logo, xeramos bastante ocasións, que podían facer o segundo, pero non foi ata o 25. Dende ahí ata o descanso, tivemos bastante control. Na segunda metade, eles saíron con bastante intensidade, e tivemos 10 minutos malos. Fomos capaces de coller o control de novo, pero nunha ocasión sen demasiado perigo, Kanario marca en propia nun mal despexe. O final do partido foi de bastante xogo directo do rival, no que nós tivemos dúas contras claras para sentenciar, pero acabamos sufrindo por non facelo”.
Goles : 1-0, Yuyo, (4´); 2-0, Sergio, (23´); 2-1, Samuel, (63´en prpia porta).
SD Tordoia 2-3 CF Mazaricos
Dani Calvete, (Adestrador do SD Tordoia) : “arde de moito aire e auga que pouco a pouco foi encharcando o campo, ata facelo case impracticable. Dominamos a primeira parte, sen conceder apenas ocasions, pero tampouco creando moitas clarisimas, ainda que con sensación de merecer ir por díante como así foi o fio do descanso co golazo de Denis. A segunda parte foi auténtico asedio do Mazaricos, co aire a favor e cos golpeos de Fedello, creaban perigo constante. Empataronos, reaccionamos volvemonos a poñer por díante, e non fomos capaces de matar o partido, dándolle alas o Mazaricos que non se rendeu e no descuento levouse os tres puntos”.
Chicho, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Victoria agónica que nos reforza moito animicamente. Salimos replegados intentando buscar contras mediante transicións rápidas con Viturro, Piqui e Barbeira… E tIvemos ocasión de poñernos por diante cun man a man de Viturro. Eles xuntaban líÑas e buscaron mediante o xogo directo unhas veces e mediante individualidades outras levar o peligro a nosa meta, e na única clara que tuveron na 1 parte clavana na escuadra. Chegamos o descanso 1-0 pero Co partido Moi igualado e coa sensación de que merecíamos máis. Na 2ª parte damos un paso adiante e buscamos o empate unha e outra vez pero non tiñamos a portería de cara, e fallamos repetidas ocasións hasta que Barbeira acerta a lograr o empate quizás na menos clara de todas… Un espexismo porque o minuto nunha conducción rápida do seu extremo esquerdo e cun pouco de fortuna no rebote eles logran poñerse de novo por diante.
Nese tramo do partido estábamos sendo superiores en ocasións e intensidad, sí ben o estado do campo por mor da choiva non permitía combinar moito polas bandas, nunha boa combinación polo centro Ricardo empata de novo, e ahí tuvemos un tramo no que fallamos 2 Moi claras para voltear o marcador… Pero nun barullo en banda nunha trifulca Piki ve a roza directa por un empuxon. Fora de replegar, metemos un dianteiro máis o campo, e aínda que eles ahí sí foron lixeiramente superiores e tuveron 2 ocasións… Nun balón largo Yago Dosil aprobeita para meter o 2-3 que o meu parecer fai xustiza o acontecido.
Goles : 1-0, Denís, (44´); 1-1, Sergio Barbeira, (67´); 2-1, Rubén, (68´); 2-2, Ricardo Tuñas, (76´); 2-3, Yago Dosil, (92´).
CLASIFICACIÓN
PRÓXIMA XORNADA
(01/12/2019)
Tordoia-Praiña
Soneira-O Pino
Riveira-Baio
Volantes-Dumbría
Mazaricos-Val do Ulla
-Foto : Jorge Villar “Gorrión”
-Texto : Adestradores/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.