CD Lalín 1-2 CF Dumbría
Importante vitoria do CF Dumbría na mañán deste Domingo para seguir arrimándose a parte alta. Choque moi traballado dos dumbrieses que vían como se adiantaban os lalineses as primeiras de cambio por medio de Dani Méndez. A reacción era rápida e tres minutos despois Diego Cespón conseguía a igualada. Non se movería o marcador ata ben entrada a segunda metade cando Yuyo facía de penalti o gol da remontada, (62´) e o que lle daría 3 puntos e colocar ao CF Dumbría provisionalmente na 2ª praza por debaixo do SD Soneira.
FICHA TÉCNICA
8ª XORNADA
27/10/2019
Soneira – Esclavitude : 17:00 horas
Unión – Volantes de Baño : 17:00 horas
Lalín 1-2 Dumbría
Flavia – Baio : 16:45 horas
Cordeiro – Mazaricos : 17:00 horas
CLASIFICACIÓN
SD Soneira : 1º con 16 puntos
CF Dumbría : 2º con 15, (cun encontro máis)
CD Baio : 10º con 10 puntos
CF Mazaricos : 15º con 5
Volantes de Baño CF : 18º con 4
-Foto e texto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.