1ª GALICIA G2, (11ª Xda) : SD SONEIRA 5-4 SD TORDOIA : “FESTIVAL DE GOLES NO MUNICIPAL DE VIMIANZO”

 

SD SONEIRA 5-4 SD TORDOIA

Festival de goles e de fútbol no Municipal de Vimianzo nun encontro no que as dianteiras pasáronlle por enriba as defensas. Ledicia para o lider que segue firme, e tristura para os tordoieses, que viron como a pesares de marcar 4 goles non foron quen de levarse ningún punto. Goles que na maioría dos encontros darían puntos.

 

Así o viron os adestradores : 

Pedro Gómez, (Adestrador do SD Soneira) : “Foi un partido con moitas alternativas no marcador onde os ataque se impuxeron ás defensas. Levamos o control do xogo, pero o Tordoia penalizou as nosas perdas con contraataques que orixinaron moito perigo. Na segunda metade tivemos máis equilibrio defensivo e conseguimos darlle a volta ó marcador, pero coma co Mazaricos,cando parecía que o partido xa estaba sentenciado,un gol de Estévez no desconto fixo que sufríramos ata o final”.

Dani Calvete, (Adestrador do SD Tordoia) : “Partido frenético donde as delanteras se impuxeron as defensas. Demos a cara díante de todo un líder cun gran equipo. E marchamos ca sensación de poder haber sacado algo positivo”.

 

RESTO DE ENCONTROS DE EQUIPOS DA COSTA

CF Mazaricos-CF Dumbría : ás 16:15 horas

Volantes de Baño CF-SD Flavia : ás 16:15 horas

Val do Ulla UD-CD Baio : ás 16:00 horas

 

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”-piratasdemuxia.es

-Ficha Técnica : RFGF/piratasdemuxia.es

-Foto portada : Dani Calvete.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.