1ª GALICIA G2, (10ª Xda) : “VITORIA DO SONEIRA E DUMBRÍA NOS DERBIS DA COSTA CON CHUVIA DE GOLES E DERROTA DO VOLANTES”.

 

 

1ª GALICIA G2

10ª Xornada

Soneira e Mazaricos disputaron un derbi de emoción e goles.

Vitoria do lider da categoría,SD Soneira, sobre o CF Mazaricos, (4-3), e do CF Dumbría sobre o CD Baio, (1-2) nos dous derbis costeiros que nos depararon esta xornada e que unha vez máis foron fel retrato da falla dunha 1ª Galicia da Costa. Nen a chuvia persistente impideu que se vivise un gran ambnete nos derbis. Ademáis da chuvia meteorolócica tanto no Municipal de Vimianzo coma no Platas Reinoso, houbo chuvia de goles, un total de 10 goles, e xogadas polémicas, pois o CF Mazaricos pideu dous penaltis. Pola sua banda o Volantes de Baño CF visitaba ao CD Lalín coa moral alta trala goleada da pasada semana e caía por 3-1, tendo opcións ata o final, cando chegaba o terceiro dos lalineses cun tanto en propia porta dos de Baño.

 

SD Soneira 3-2 CF Mazaricos

Pedro Gómez, (Adestrador do SD Soneira) : “Foi un partido que deberíamos ter resolto con solvencia, sendo moi superiores ó Mazaricos, pero no que cometemos erros que fixeron que o rival poidera chegar ata o final con opcións”.

Chicho, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Salimos replegados cun sistema de xogo 1-4-3-3…buscando a Piqui de referencia para filtrar balóns as bandas. Facendo presión en 3/4. Empezamos ben, Cunha doble ocasión de Piqui e Barbeira, tras recuperar en medio campo.
Pero eles na 1 que tuveron tiran unha diagonal e cunha parede con Pladur plantanse sólos diante de Dani e fusilan, 1-0. Damos un paso adiante e temos unha falta Moi clara a Stefano, que estaba rozando a área que o árbitro non pita… Seguimos apretando e nunha acción na salida deles Barbeira adiantase e provoca un penalty que el mismo transforma, 1-1. O minuto Poñense outra vez por diante ante a facilidad que mostramos en balóns diagonales… Collenlle espalda a línea…(polo noso lateral esquerdo) pase e gol, 2-1. Sin tempo para reacción Mario equivocase nunha salida de balón… Que eles meten na área e Pladur aprobeitase para marcar o 3-1. Todo en apenas 5 minutos. Chegamos o descanso coa sensación de que con Moi pouco fanos moito daño pola fragilidad defensiva.

Apelamos a non baixar os brazos e intentalo sempre…Pero nada máis empezar un mal corte defensivo no que non hai cobertura e vamos Moi blandos… E aprovechado por eles para facer o 4-1. Lonxe de baixar os brazos damos 2 pasos adiante e o equipo demostra a casta que ten…( entra Viturro e pasamos a 1-4-2-3-1). E sin rifar o balón, fixemos boas transicións buscando amplitud cara os extremos…E chega o 4-2 ( Viturro). Seguimos aparentando a sua salida e nun fallo deles Viturro aprobeita de novo para poñer o 4-3. Adiantamos líneas…e Fixemoslle peligro en 2 corners pero non dou tempo para máis. Nova derrota, pola fraxilidade defensiva que mostramos”.

 

FICHA TÉCNICA

 

 

CD Baio 1-2 CF Dumbría

O CD Baio veu como no derradeiro suspiro do encontro se lle foi a vitoria primeiro e o empate despois. No duelo de Pablos nos banquillos, Torreira por parte baiesa e Conde por parte dumbiesa, a batalla foi para o conde que tumbou a torreira. As cousas poñíanselle de cara os baieses aos 17 minutos de xogo cando Adrián batía a Ánxo Lema e serían os do Platas Reinoso os que mandarían no resultado ata o minuto 85 cando o fisterrán Marcote batía a Diego Mallo. Todo a puntaba a unha igualada neses intres, pero apareceu no desconto o camariñán Yuyo, para facer o 1-2 para colocar aos dumbrieses na 6ª praza a 3 puntos do segundo SD O Pino.

 

FICHA TÉCNICA

 

 

CD Lalín 3-1 Volantes de Baño CF

Sobrepúxose o equipo de Baño aos dous goles encaixados no treito final da primeira metade, cun tanto a volta de vestiarios de Berto. O encontro tornouse difícil cando nunha xogada de mala sorte Fernando desviaba o balón sobe a sua propia porta, cando se mascaba o empate.

José Manuel Sil, (Adestrador do Volantes de Baño CF ) : “Partido no qe estivemos irrecoñecibles en canto a órde defensivo e humildade. Así e todo gracias o traballo da última liña non nos fixeron ocasións de gol. Pero como xa ven sendo habitual, sin crearnos ocasións encaixamos 2 goles, e fómonos con 2-0 o descanso.  Na segunda parte conseguimos marcar e estivemos moi preto de empatar. Pero nunha contra marcamos en propia porta e acabouse todo. Sinto moito non estar a altura da nosa afición que está asombrando a medio Galicia, por o seu ánimo constante e incondicional. E sobre todo polo seu comportamento cívico, representando moi ben o futbol da costa e o concello”.

 

FICHA TÉCNICA

 

 

O Soneira segue forte no liderato.

 

CLASIFICACIÓN

SD Soneira : 1º con 25 puntos

CF Dumbría : 6º con 18

CD Baio : 7º con 14 puntos

Volantes de Baño CF : 14º con 10

CF Mazaricos : 16º con 8

 

11ª XORNADA

17/11/2019

Soneira-Tordoia

Mazaricos-Dumbría

Volantes de Baño-Flavia

Val do Ulla-Baio

 

-Fotos : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies