1ª GALICIA G1, (21ª Xda) : “VITORIAS DE DUMBRÍA, TORDOIA E VOLANTES, EMPATE DO BAIO E DERROTAS DE MAZARICOS E SONEIRA”.

CRÓNICAS

21ª Xornada-

 

 

Val do Ulla UD 3-4 SD Tordoia

Dani Calvete, (Adestrador do SD Tordoia) : “Tres puntos moi importantes ante un rival direto cara o noso obxetivo nun campo donde nunca ganáramos. O partido foi moi igualado con alternativas para os dous lados e moitos goles. Sufrimos moito indo sempre por detrás no marcador pero non nos rendimos en ningún momento. Non foi nin de lonxe o noso mellor partido pero conseguimos os tres puntos que o fin é o que importa”.

Goles : 1-0, Jacobo, (16´); 1-1, Denís, (44´); 2-1, Julio, (50´); 2-2, Manuel, (66´); 3-2, Jacobo, (80´); 3-3, Manuel, (85´); 3-4, Denís, (desconto´).

SD Tordoia : Santiago, Alejandro, José Antonio, Iván, Martín, Denís, Daniel, Javier, Manuel, Óscar e Jorge. Tamén xogaron : Dubra e Rubén.

 

 

CF Dumbría 3-1 Praiña Sporting Club

Pablo Conde , (Adestrador do CF Dumbría) : “Volvemos a facer outro partido bastante serio. O Praíña saíu repregado e permitiunos ter moito balón na primera metade. Chegábamos bastante sobre todo pola banda dereita, e no minuto 10 Yuyo marcaba o 1-0. Seguimos controlando bastante o partido, aínda que os últimos 15 minutos non tivemos tanta profundidade. Ao saír do descanso, volvemos a atopar o ritmo adecuado e marcamos o 2-0. Parecía que tiñamos o partido bastante controlado, pero no minuto 70 eles recortan distancias con un penalti,e a partir de ahí, eles fóronse arriba, e nós non éramos capaces de dominar o xogo. No minuto 90 Diego Cespón sentenciaba co terceiro”.

Goles : 1-0Yuyo, (9´); 2-0, José Marcote, (60´); 2-1, Iago, (70´); 3-1, Diego Cespón, (90´);

 

 

Volantes de Baño CF 3-0 SD Soneira

José Manuel “Sil”, (Adestrador do Volantes de Baño CF) : “Partido disputado e vitoria moi importante para nós. Dos ultimos 7 partidos só perdemos 1, e creo que estamos pouco a pouco acadando resultados positivos que correspondan co nivel que damos nos partidos. Creo que o Soneira tivo o control do balón pero sin crear demasiado perigo, salvo en duas accións a balón parado. Nós por contra cada vez que roubábamos dábanos sensación de perigo gracias a movilidade ordeada dos nosos puntas. Tivemos unha de Óliver na mesma liña de gol, nada máis empezar despois duha asistencia de primeiras de Rubén. Outro man a man de Berto e outro de Rubén. Na segunda parte acertanos cara o gol e de aí o resultado, ainda que algo amplio, creo que por ocasións claras e xusta a nosa vitoria. Para nós moi importante ante un gran rival, con moi bos xogadores e moi ben traballado”.

Pedro Gómez, (Adestrador do SD Soneira) : Cando nos chegue seu comentario poñerémolo aquí”.

Volantes de Baño CF : Bugy, Charles, Rubén, Sergio, Juan “Rachón”, Godofredo, Berto, Kevin, Ángel, Óliver e Roberto Amoedo. Tamén xogaron : Thiago, Jesús e Alejandro

SD Soneira : Javier Souto, Javier “Rubio”, Ricardo, Basti, Diego Lois, Brais Mouzo, Alejandro, Adrián, Mario, David e Javier Alonso. Tamén xogaron : Rober “Pladur”, Alberto, De la Sierra e Crístian.

Goles :1-0, Rubén, (75´); 2-0, Kevin, (85´); 3-0, Thiago, (90´).

Incidencias : Encontro disputado no “Eleuterio Balayo”, (Muros), coas arbitraxe de Borja Buján que expulsou con vermello direto ao 2ª adestrador do Vaolantes de Baño CF, Gabriel Lago, no desconto.

 

 

O CF Mazaricos atragantouselle o SD Agolada dende o primeiro minuto.

 

CF Mazaricos 0-2 SD Agolada

Chicho, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido que planteamos con 1-4-3-3 arroupados atrás para salir a contra por bandas. Os 50″ un fallo defensivo a hora de ir o corte fai que Aitor se plante só e transforme… “Remar” con 0-1 en contra desde o minuto 1. O partido estivo marcado polos atrancos, disputas e balóns directos dado as condicións do campo e o vento. Na 1ª parte melloramos algo pero non chegamos máis que en xogadas aisladas, pois na tónica dos últimos partidos carecemos de profundidade a hora de chegar con peligro. Na 2ª parte damos un tímido paso adiante e co vento metemos o Agolada na sua área, pero sin crear demasiadas oportunidades máis que co balón parado. Cos cambios intentamos ter máis posibilidades no 2º balón e no xogo en rotura…e pisamos área pero sin ocasións claras. Nun novo fallo defensivo nun balón parado, que Ángel non chega a blocar, eles matan o partido. Seguimos cunha dinámica negativa, na que nada nos sae, nin no ofensivo, nin no defensivo. Toca estar xuntos, estar unidos e seguir adiante con traballo e esforzo“.

Goles : 0-1, Aitor, (1´); 0-2, Matías (desconto´).

CF Mazaricos : Ángel, Adrián Martínez, Daniel, Adrián García, Mario, Ricardo, Barbeira, Isma Pedrosa, Estéfano, Francisco, e Raúl. Tamén xogaron : Kevin, Yago Dosil, e Manuel.

 

 

CD Baio 2-2 SD O Pino

Bruno, (Delegado do CD Baio) : “Cando nos chegue seu comentario poñerémolo aquí”.

CD Baio : Diego, Norberto, Martín “MC”, Bieito, Braian, Santiso, Iván Rodríguez, Iván García, Adrián, Javier e Yago. Tamén xogaron : Pablo e Alejandro.

Goles : 1-0, Norberto, (24´); 1-1, Rubén, (59´); 2-1, Santiso, (73´); 2-2, Jesús, (80´).

 

CLASIFICACIÓN 

CF Dumbría : 2º con 40 puntos a 3 do lider SD O Pino

SD Soneira : 5º con 36

SD Tordoia : 8º con 31

CD Baio : 12º con 26

CF Mazaricos : 13º con 24

Volantes de Baño CF : 16º con 20

 

22ª Xornada

09/02/2020

SD Soneira-Atlético Riveira : ás 16:00 horas

SD Tordoia-Volantes de Baño CF : ás 16:15 horas

SD O Pino-CF Dumbría : ás 16:30 horas

CD Unión-CD Baio : ás 16:15 horas

CD Lalín-CF Mazaricos : ás 16:15 horas

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

-Foto Mazaricos : Jorge Villar “Gorrión”
Vídeos Tordoia : Dani Calvete
-Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.