1ª GALICIA DE VETERANOS DA COSTA, (7ªXda) : “O Corme vai ca palanca o fondo e non afroxa a pesares de levar na estela o Nantón, Malpica e Cabana”.

1ª GALICIA VETERANOS

7ª Xornada

Domingo 09/11/2025

Corme CF 5-0 SD Sofán

Deportivo Carballo 0-2 Cabana SD

SD Fisterra de Veteranos 2-2 Soandres CF

Sporting Bértoa 1-4 Veteranos SCD Malpica

Club Deportivo Leiloio 1-2 CD Nantón

A Piña 4-2 CF Mazaricos

Non hai quen pare ao CF Corme, que segue navegando vento en popa e a toda vela. Os do Roncudo pasáronlle por riba ao SD Sofán cun 5-0 contundente, cun novo hat-trick de Diego Pérez, que xa leva 17 goles en 7 xornadas, dous deles de penalti. O dianteiro cormelán con 2´42 goles por encontro está facendo historia e o equipo suma pleno de vitorias, 7 de 7, cunha diferenza de goles que mete medo: 33 a favor e só 6 en contra. Un transatlántico en toda regra.

 Nantón, Malpica e Cabana van o pairo

Por detrás a expectativa do atopar fisuras no equipo cormelán, Nantón, Malpica e Cabana seguen á estela dos líderes, os nantoneses tras vencer 1-2 en Leiloio, nun choque de moito oficio e pouca poesía, pero con tres puntos de ouro.

O Veteranos SCD Malpica, pola súa banda, non quixo ser menos e endosoulle un 1-4 ao Sporting Bértoa no campo carballés. Os malpicáns están que trinan, cun fútbol sólido e goles repartidos, e igualan a puntos co Cabana SD, que tamén fixo os deberes vencendo 0-2 ao Deportivo Carballo, equipo que segue coa bodega baleira: sete derrotas en sete xornadas.

 Táboas con sabor salgado no Ara Solis

En Fisterra, os vellos lobos do SD Fisterra Veteranos non pasaron do 2-2 ante o Soandres CF, que tras vencer a semana pasada suman a segunda en positivo e de maneira consecutiva tras acadar un bravo mar de 5 derrotas consecutivas nas 5 primeiras xornadas. O reparto de puntos deixa aos fisterráns na metade da táboa, e aos de Soandres sumar duas xornadas mirando cara arriba.

 Goles e emoción en A Piña

O A Piña segue forte na casa e impúxose por 4-2 ao CF Mazaricos, nun partido cheo de alternativas. O encontro rompise no treito final pois chegábase ao 85 con empate a dous, (2-2), pero un gol de Bello nese minuto e outro de Ramos no desconto déronlle a vitoria aos laracheses.

 CLASIFICACIÓN 

CF Corme : 21
CD Nantón : 17
Vet. SCD Malpica : 16
Cabana SD : 16
A Piña : 13
SD Fisterra Vet. : 10
C.V. Leiloio : 9
CF Mazaricos : 7
SD Sofán : 6
10º Soandres CF : 4
11º Sporting Bértoa : 3
12º Dep. Carballo : 0

 Máximos Goleadores

  • Diego Pérez (Corme CF) → 17 goles (2 de penalti)

  • Óscar Cancela (SD Fisterra Vet.) → 9 goles (1 de penalti, cun encontro menos).

1ª GALICIA VETERANOS

8ª Xornada

Domingo 16/11/2025

SD Sofán  A Piña

Cabana SD  CF Corme

Soandres CF Club Deportivo Leiloio

CD Nantón Deportivo Carballo

Veteranos SCD Malpica  SD Fisterra de Veteranos

CF Mazaricos  Sporting Bértoa

 

-Foto de arquivo : Veteranos Corme

-Texto : Xosé Búa “Pirata”