1ª GALICIA VETERANOS
5ª Xornada
Domingo 19/10/2025
SD Fisterra de Veteranos 2-3 Cabana SD
SD Sofán 0-2 Veteranos SCD Malpica
Sporting Bértoa 1-3 CD Nantón
Club Deportivo Leiloio 3-0 Deportivo Carballo
A Piña 5-0 Soandres CF
CRÓNICA
A quinta xornada da 1ª Galicia de Veteranos deixou novos movementos na clasificación, pero o mesmo líder. O Corme CF, que descansaba esta fin de semana, continúa como sólido primeiro con pleno de vitorias e quince puntos, mentres o Cabana SD mantén a presión grazas a un sufrido triunfo por 2-3 no campo do SD Fisterra Veteranos. O conxunto cabanés suma xa trece puntos e é o único que aínda pode discutir o dominio cormelán.
Outro dos destacados foi o CD Nantón, que venceu por 1-3 ao Sporting Bértoa, consolidando a súa terceira praza e mantendo a condición de invicto. Pola súa parte, o A Piña foi un auténtico vendaval ante o Soandres CF, goleando por 5-0 e demostrando o seu potencial ofensivo. Con esta vitoria, os de Coristanco escalan ata a cuarta posición con 10 puntos, os mesmos que os Veteranos do Malpica, quen tamén se impuxeron a domicilio por 0-2 ao SD Sofán.
O Club Deportivo Leiloio reencontrouse coa vitoria superando con claridade (3-0) ao Deportivo Carballo, nun duelo entre equipos que buscaban mellorar sensacións. O Leiloio sobe así ata a oitava posición, mentres o Deportivo Carballo e o Soandres seguen sen puntuar, pechando a táboa.
A clasificación segue moi apertada nos postos altos, con ata cinco equipos nunha marxe de cinco puntos, mentres pola parte baixa Mazaricos, Sporting Bértoa, Soandres e Deportivo Carballo tentarán reaccionar nas vindeiras datas.
CLASIFICACIÓN
1️⃣ Corme CF – 15 pts
2️⃣ Cabana SD – 13 pts
3️⃣ CD Nantón – 11 pts
4️⃣ A Piña – 10 pts
5️⃣ Veteranos SCD Malpica – 10 pts
6️⃣ SD Fisterra Veteranos – 9 pts
7️⃣ SD Sofán – 6 pts
8️⃣ CD Leiloio – 6 pts
9️⃣ Mazaricos CF – 4 pts
Sporting Bértoa – 3 pts
11️⃣ Soandres CF – 0 pts
12️⃣ Deportivo Carballo – 0 pts
PREVIA
6ª Xornada
Domingo 19/10/2025
Deportivo Carballo – Corme CF, ás 09:45
Cabana SD – Club Deportivo Leiloio, ás 10:00
Soandres CF – Sporting Bértoa, ás 10:00
Veteranos SCD Malpica – A Piña, ás 10:00
CD Nantón – SD Fisterra de Veteranos, ás 11:00
CF Mazaricos – SD Sofán, ás 12:00
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”




