1ª GALEGA FEMININA
21ª xornada
Domingo 08/03/2026
Xallas FC 1-0 SCD Pastoriza
Clasificación : PREME AQUÍ
Eloy García (adestrador do Xallas FC):
“Non tiñamos marxe de erro para o partido desta tarde contra unha rival que xa coñece o que é loitar pola liga con nós o ano pasado. Presentabámonos con cinco baixas importantes, moi ben suplidas polas catro xogadoras chamadas do filial, tres delas no once inicial.
Se hai que poñerlle dúas palabras ao partido serían ambición e equipo. Ambición, dende o minuto un ata o final, coa presión en campo rival e a piques de marcar Soraya no minuto 3, pero sacarían o balón sobre a liña. O respiro chegaría co gol de Espasandín case no descanso, deses goles que valen dobre e que merman a moral do adversario.
E a outra palabra é equipo: un grupo de xogadoras do A e do B dándoo todo pola vitoria, por devolver o sorriso a un Fontela volcado. Así loitaron durante a segunda parte, tendo varias ocasións para sentenciar nos pés de Graciela, Isa, Noe ou Espasandín.
Gran traballo defensivo de todas e, por segunda xornada na casa, deixamos a portería a cero, concedendo moi pouco ás rivais e amosando moita seguridade a nosa cancerbeira Peta en todos os balóns que chegaban aos seus dominios.
Orgullo de equipo que, grazas ao seu esforzo, conseguiu tres puntiños que valen ouro. Seguimos adiante.“
Gol : 1-0, Espasandín, (41´).
.
CLASIFICACIÓN
As da Fontenla suben dous postos colocándose na 10ª praza con 21 puntos, e aumentando a distancia co descenso directo a 11.
Vindeira xornada para liga ven a Copa
Na vindeira xornada a liga para e non haberá competición na fin de semana pero sí que haberá na Copa. O Xallas FC visita ao CF Dumbría nos Cuartos de Final da Copa da Costa, en principio o vindeiro 19 de marzal, “Día do pai”, festivo en Galicia, (para quen o é).
1ª GALEGA FEMININA
22ª XORNADA
Domingo 22/03/2026
Sporting Cambre – Xallas FC
.
V COPA DA COSTA FEMININA
Cuartos
( encontro único)
Xoves 19/03/2026
Cabana SD – CF Corme
CF Dumbría – Xallas FC
UD Corcubión – UC Cee
CF Muxía – SCDR Esteirana
.
.
-Foto : Eloy García
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Comentario exclusivo e propio : Eloy García

