1ª GALEGA FEMININA G1, (Crónicas 7ª Xda) : “O Victoria FC “B” aproveita o tropezo do Muxía para arrebatarlle o liderato, mentres o Xallas levouse o derbi costeiro ante o Bergantiños “B”.”

1ª GALEGA FEMININA G1

-Xornada 7-

Domingo 25/10/2026

Sporting Cambre 1-5 Victoria FC “B”

SCD Pastoriza 2-2 CF Muxía

Orzán SD “B” 6-0 SCD Milagrosa

UD Carral 1-5 SD Tordoia

Xallas FC 2-0 Bergantiños FC “B”

Clasificación detallada : PREME AQUÍ

–

CRÓNICAS

–

A sétima xornada da 1ª Galega Feminina G1 deixou un cambio na cabeza da clasificación. O Victoria FC “B” aproveitou o empate do CF Muxía no campo do SCD Pastoriza para situarse como líder en solitario, con 16 puntos. As muxiás quedan segundas, con 15, os mesmos que o Orzán SD “B”, que goleou o SCD Milagrosa.

Na xornada tamén destacou o triunfo do Xallas FC no derbi costeiro ante o Bergantiños FC “B”, ao que derrotou por 2-0. As xalleiras suman 14 puntos e ocupan a quinta posición, empatadas co SD Tordoia, cuarto clasificado.

O balance dos cinco encontros foi de 30 goles, cunha xornada na que tamén sobresaíron as vitorias do Victoria FC “B” e do SD Tordoia a domicilio, ambas por 1-5.

SCD Pastoriza 2-2 CF Muxía

O CF Muxía deixou escapar dous puntos no campo do SCD Pastoriza nun partido que se lle puxo costa arriba, despois de chegar ao descanso cun gol en contra e ver como as locais ampliaban a vantaxe no segundo tempo.

As muxianas reaccionaron na recta final e conseguiron rescatar un empate grazas aos tantos de Eva Lema e Patri Romaní, este último no minuto 87. Un punto que sabe a pouco para un equipo que viña de recuperar o liderado tras derrotar o Orzán SD “B”, que chegaba a semana pasada na Arliña como primeiro clasificado.

O empate supón un novo tropezo para as da Vila da Barca ante un equipo da zona baixa, despois de que hai uns días tamén igualasen co UD Carral. O SCD Pastoriza, pola súa banda, continúa sen gañar, pero suma o seu cuarto empate da tempada.

Malia estes dous resultados, o Muxía mantén un dato destacado: é o único equipo invicto da categoría. 

Goles: 1-0, Zaira (24’); 2-0, Karla (61’); 2-1, Eva Lema (71’); 2-2, Patri Romaní (87’).

Xallas FC 2-0 Bergantiños FC “B”

O Xallas FC quedou cos tres puntos no derbi costeiro ante o Bergantiños FC “B”, nun encontro que non se decidiu ata o último treito.

As xalleiras tiveron que agardar ao minuto 70 para abrir o marcador por medio de Plalla. Coa vantaxe no peto, o equipo local atopou máis espazos e Julia sentenciou o choque no minuto 83 co definitivo 2-0.

Un triunfo importante para o Xallas, que encadea unha boa dinámica e alcanza os 14 puntos, situándose na quinta posición, empatado co SD Tordoia. O Bergantiños FC “B”, pola contra, continúa sen coñecer a vitoria e queda con dous puntos, na novena praza.

Goles: 1-0, Olalla (70’); 2-0, Julia (83’).

–

Clasificación

1ª Victoria FC “B”: 16

2ª CF Muxía: 15

3ª Orzán SD “B”: 15

4ª SD Tordoia: 14

5ª Xallas FC: 14

6ª UD Carral: 10

7ª SCD Pastoriza: 4

8ª Sporting Cambre: 4

9ª Bergantiños FC “B”: 2

10ª SCD Milagrosa: 2

–

1ª GALEGA FEMININA G1

-Xornada 7-

Domingo 01/11/2026

CF Muxía – Sporting Cambre

SCD Milagrosa – SCD Pastoriza

SD Tordoia – Orzán SD “B”

Xallas FC – Victoria FC “B”

Bergantiños FC “B” – UD Carral

A vindeira xornada traerá un partido especialmente atractivo para os equipos da Costa: o Xallas FC recibirá o líder, Victoria FC “B”, nun encontro no que as xalleiras buscarán dar un golpe sobre a mesa. O CF Muxía, pola súa banda, tentará volver á senda da vitoria na casa ante o Sporting Cambre, mentres que o Bergantiños FC “B” buscará o seu primeiro triunfo da tempada na visita do UD Carral.

–

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

–