1ª GALEGA FEMININA G1
-Xornada 5-
Domingo11/10/2026
SCD Pastoriza 1-1 Sporting Cambre
Orzán SD “B” 7-2 Victoria FC “B”
UD Carral 1-1 CF Muxía
Bergantiños FC “B” 2-2 SCD Milagrosa
Xallas FC 3-1 SD Tordoia
CRÓNICAS
O Orzán SD “B” aproveita o tropezo do CF Muxía para facerse co liderado, mentres o Xallas FC suma unha importante vitoria e o Bergantiños FC “B” deixa escapar dous puntos no desconto
A quinta xornada da 1ª Galega Feminina G1 deixou cambios importantes na parte alta da clasificación. O CF Muxía non puido pasar do empate na súa visita ao UD Carral e cedeu o liderado ao Orzán SD “B”, que goleou o Victoria FC “B” por un contundente 7-2. Pola súa banda, o Xallas FC sumou tres puntos diante do SD Tordoia, enganchándose a zona alta, mentres que o Bergantiños FC “B” viu como a SCD Milagrosa lle arrebataba a vitoria no tempo engadido, e sigue anclado a zona baixa.
A xornada completouse co empate entre a SCD Pastoriza e o Sporting Cambre, nunha fin de semana na que o Orzán SD “B” foi o gran beneficiado e na que os equipos da costa tiveron resultados dispares.
–
Eva Leis, (esq), fixo o gol das muxianas.
UD Carral 1-1 CF Muxía
O CF Muxía sufriu un inesperado tropezo na súa visita ao UD Carral, nun encontro no que as muxianas se adiantaron no marcador, pero non conseguiron conservar a vantaxe ata o final. Un empate que sabe a pouco para o conxunto da Vila da Barca e que ten como consecuencia directa a perda do liderado, agora en mans do Orzán SD “B”, o que recibirán na Arliña a vindeira fin de semana, en principio o vindeiro Domingo ás 17:00 horas, (horario sen confirmar).
O encontro comezou ben para as visitantes, que atoparon premio no minuto 27, cando Eva Lema convertía a sua quinta diana do curso e poñía por diante o conxunto muxián. Co 0-1 chegouse a un tramo de partido no que o CF Muxía buscaba ampliar a súa vantaxe e levar os tres puntos pero topouse cunha boa defensa e unha boa porteira.
O UD Carral aguantou e non baixou os brazos e atopou o premio ao seu traballo no minuto 76, cando Silvia Soto estableceu o definitivo empate a un gol. A pesares de buscar a vitoria o Muxía tivo que conformarse cun punto que as deixa agora na segunda posición, por detrás dun Orzán SD “B” que non fallou na súa cita desta xornada.
Goles: 0-1, Eva Lema, (27´); 1-1, Silvia Soto, (76´).
Bergantiños FC “B” 2-2 SCD Milagrosa
O Bergantiños FC “B” quedou cun sabor agridoce tras empatar coa SCD Milagrosa no duelo da parte baixa nun partido no que tivo a vitoria na man ata os últimos instantes. As carballesas adiantáronse na segunda metade, viron como as visitantes igualaban pouco despois e, cando parecía que o triunfo podía quedar na casa, recibiron o definitivo 2-2 no tempo engadido.
Tras unha primeira metade sen goles, Daniela rompeu a igualdade no minuto 60 e puxo o 1-0 para o filial do Bergantiños. A alegría durou pouco, xa que Alma estableceu o empate no 63´.
O partido entrou entón nunha fase decisiva na que as locais buscaron recuperar a vantaxe. O seu esforzo tivo recompensa no minuto 86, cando Ainhoa marcou o 2-1 e fixo pensar que os tres puntos quedarían en Carballo.
Pero a SCD Milagrosa aínda tiña algo que dicir. No minuto 93, Leire marcou o 2-2 definitivo e deixou as carballesas sen unha vitoria que tiñan practicamente no peto. Un punto para o Bergantiños FC “B”, que deberá seguir traballando para transformar as boas fases de xogo en triunfos.
Goles: 1-0, Daniela, (60´); 1-1, Alma, (63´); 2-1, Ainhoa, (86´); 2-2, Leire, (93´).
Xallas FC 3-1 SD Tordoia
O Xallas FC conseguiu unha importante vitoria diante do SD Tordoia, nun encontro que tivo emoción e alternativas, pero no que as xalleiras souberon reaccionar á igualada visitante e acabar asegurando os tres puntos para engancharse a zona nobre da clasificación.
María Rial abriu o marcador no minuto 25, adiantando o Xallas e poñendo de cara o partido para as locais. O SD Tordoia, conseguiu empatar no minuto 36 por medio de Natalia, devolvendo a igualdade ao marcador.
A resposta xalleira foi inmediata. Apenas un minuto despois, Lucía marcou o 2-1 e permitiu ao Xallas recuperar a vantaxe nun momento clave do encontro. Co partido aberto, as locais tiveron que traballar para manter a diferenza e evitar que o rival volvese meterse na loita polos puntos.
A sentenza chegou no minuto 87, cando Olalla marcou o terceiro tanto das xalleiras e pechou definitivamente o encontro. Un triunfo merecido para o Xallas FC, que suma tres puntos importantes e continúa avanzando na competición.
Goles: 1-0, María Rial, (25´); 1-1, Natalia, (36´); 2-1, Lucía, (37´); 3-1, Olalla, (87´).
Clasificación
1º Orzán SD “B” : 12 puntos
2º CF Muxía : 11 puntos
3º Victoria FC “B” : 10 puntos
4º SD Tordoia : 8 puntos
5º Xallas FC : 8 puntos
6º UD Carral : 7 puntos
7º Sporting Cambre : 4 puntos
8º SCD Pastoriza : 3 puntos
9º Bergantiños FC “B” : 2 puntos
10º SCD Milagrosa : 2 puntos
–
1ª GALEGA FEMININA G1
-Xornada 6-
Domingo18/10/2026
Sporting Cambre – Xallas FC
Victoria FC “B” – SCD Pastoriza
CF Muxía – Orzán SD “B”
SCD Milagrosa – UD Carral
SD Tordoia – Bergantiños FC “B”
–
-Fotos : Marina Busto
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
–
