1ª GALEGA FEMININA G1
28ª Xornada
Domingo 17/05/2026
Lóstrego CF “B” 0–0 Xallas FC
Clasificación : PREME AQUÍ
.
Lóstrego CF “B” 0-0 Xallas FC
Eloy García, (Adestrador do Xallas) :
“Chega o tramo final da liga e os corpos comezan a resentirse. Viaxabamos a terras viguesas con baixas importantes que supliriamos con varias convocadas do B, e a viaxe, como anécdota, comezaba con algúns percanciños.
Tanto o Lóstrego coma nós non nos xogabamos nada, pero iso non foi motivo para non demostrar a valía de cada equipo. A primeira parte arrincaba con dominio e asedio total do Lóstrego, dándolle moito traballo á nosa porteira Ro, que cos seus reflexos e a axuda dos paus salvounos dalgún que outro gol que xa se vía dentro.
Puidemos recompoñer as liñas para evitar ese asedio e comezamos a chegar nós tamén con internadas de Barcia e chegadas de Isa. A segunda parte foi máis igualada, pero xa controlabamos o medio do campo con Silvia e Dani, o que nos permitiu que Espasandín gozase de máis liberdade e nos deleitase cos pases que só ve ela para Barcia e Sori, que comezaban a asustar. Nunha desas xogadas de Espasandín fanlle penalti que o árbitro non consideraría.
O cansazo facía presenza nas nosas xogadoras e comezaría a rolda de cambios, que para nada baixou o nivel do encontro. Íamos a ceros, facéndolle fronte en horas tardías e logo dunha viaxe “movidita” a un Lóstrego que fai fútbol e con rapazas de máis rodaxe, e nós orgullosos das nosas guerreiras e das rapazas do B que, no seu primeiro ano de fútbol, veñen con todo o valor a xogar en Primeira Galicia e dando fe do traballo e aposta polo fútbol feminino da nosa comarca.
Non nos esquecemos de agradecerlle o esforzo á nosa afección, que se desprazou para poder animarnos e darnos ese plus que tanto nos axuda.
Queda pouco para terminar a tempada. Seguimos traballando por un feminino referente e pola nosa afección, que non tedes prezo.”
.
Proximos compromisos
Faltan duas citas para rematar o curso 2025/26, o Xallas feminino visita o vinveiro sábado ás 12:00 horas o Victoria FC “B” a partires das 12 horas e remata a liga recibindo na Fontenla ao Orzán SD “B”. As xalleiras pensando en que esto acabe para preparar a final da Copa da Costa que se xogará no seu campo e na que terán de rival o UC Ce o 6 de xuño.
.
1ª GALEGA FEMININA G1
29ª Xornada
Domingo 24/05/2026
Victoria FC “B” – Xallas FC, ás 12:00
Clasificación : PREME AQUÍ
.
-Foto e comentario : Eloy García
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”