1ª GALEGA FEMININA
27ª Xornada
Domingo 03/04/2026
Xallas FC 1-1 Atl. Villalonga “B”
Clasificación : PREME AQUÍ
As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalas, (ou fotos ou vídeos), e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade.
.
CRÓNICA
Xallas FC 1-1 Atl. Villalonga “B”
Eloy García, (adestrador do Xallas FC Feminino) :
“Partido matutino o que disputabamos no A Fontenla. Visitabamos a un gran Villalonga B, que dispón de xogadoras de categoría nacional e que ben se fixeron ver na primeira parte, tendo o dominio do xogo e creando perigo constantemente.
A segunda parte foi todo o contrario. Acostumadas a ver avións, esta vez eramos nós as que pilotabamos cazas, chegando con claridade e xogando de forma espectacular, triangulando e saíndo co balón controlado. Houbo chegadas aos pés de Oli, Espasandín e Barcia, con algún tiro lonxano de Noe e con Mery, xefa e señora do medio campo. Uns 12 primeiros minutos espectaculares que veriamos truncados coa recuperación e rápida contra que nos fai o Villalonga, colocándose co 0-1.
Pero se sabemos algo das chicas de verde é que os brazos nunca se baixan. Intentaron recuperar o dominio e facerse co control. Fixemos cambios con xogadoras do B que están demostrando o gran acerto pola aposta da súa creación. Non renunciabamos ao partido e, tirando de coraxe, colocabamos tres dianteiras: Judith e Sori, que empezaban este ano no B e que xa son de gran solución nesta Primeira Galicia co primeiro equipo.
E, mestura de coraxe, sabia nova e veteranía, chegaría o empate no 90 cun certeiro córner sacado por Oli, que ve desmarcada a Sori e, coa defensa contraria desconcertada pola incorporación da nosa meta Peta, Sori (primeiro ano no Xallas e de gran axuda para o primeiro equipo), conseguía o empate aos seus 15 aniños, colocando o balón sutilmente no segundo pau sen opcións para a porteira.
Gol de ledicia que festexaba a grada incondicional e xusto empate, demostrando que a sección feminina do Xallas ten moito potencial.
1-1 e dedicatoria a todas as nais no seu día. SEGUIMOS ADIANTE.“
Goles : 0-1, Aroa, (57´); 3-4, Sori, (90´ + 2).
.
CLASIFICACIÓN
Tras esta vitoria o Xallas FC mantense na 11ª praza con 28 puntos. A liga ten parón a vindeira semana e reanudarase o día 17 de maio, “Día das letras Galegas”.
.
1ª GALEGA FEMININA
28ª Xornada
Domingo 17/04/2026
Lóstrego CF “B” – Xallas FC
Clasificación : PREME AQUÍ
.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
.