1ª GALEGA FEMININA, ( 26ª Xda) : “O Xallas chegáballe co empate para certificar a permanenza pero levouse os 3 puntos de Carral”.

1ª GALEGA FEMININA

26ª XORNADA

Domingo 25/04/2026

UD Carral 3-4 Xallas FC

Clasificación : PREME AQUÍ

.

As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalas, (ou fotos ou vídeos), e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade.

.

CRÓNICA

UD Carral 3-4 Xallas FC

Eloy García, (adestrador do Xallas FC Feminino) :

“Non podía ser de outra maneira e fixémolo cun partidazo !otra tempada máis en primeira!!…Co empate chegaba para estar matemáticamente en primeira un aniño máis pero estas guerreras querían certificalo polo grande.

O partido non empezaba ben, con varios cambios de posicións, poucos cambios e un gol en contra xa no minuto 9, o Carral tamén queria deixar cerrada súa permanencia na categoría e o partido prometía un bonito duelo. No minuto 15 conseguimos empatar nun saque de Peta que Oli remata estupendamente e que nos mete no partido, conseguindo dominar e presionando en bloque alto facendo un gran esforzo todas as xogadoras. E nunha desas presións altas Oli consegue recuperar e filtrar unha maravillosa asistencia que Barcia remataría man a man poñendo o 1-2 co que iriamos o descanso. Trala reanudación seguiamos co dominio e nun gran esforzo Graciela consegue roubar malabalmente un balón que lle chega a Espasandín e faría o 1-3 no minuto 52. Nesa xogada teríamos que sustiuir a Graciela que esperemos non sexa grave porque está facendo un temporadón.

Quedaba moito partido e nós con 2 cambios non poidemos refrescar a enerxia no campo o cal aproveitou o Carral para presionarnos con 5 cambios e xente fresca, un penalty que marcarían e un gol de xogada na que nos ganan as costas chegaríamos co 3-3 no minuto 80.

Cando o empate nos valía os 2 equipos a esencia gañadora e a paisón verde tirou de veteranía e con moita cabeza volveron facese co control do partido e no 88 nun bo corner sacado por Noe a nosa central Carla remataría de cabeza conseguindo o difinitivo 3-4.

Grandísimo esforzo e partidazo que deleitaron estas xogadoras a afección incondicional que se desplazou na mañán de Domingo ata Carral.

OBXECTIVO CUMPLIDO PERO ESTAS RAPAZAS QUEREN MÁIS

Gol : 1-0, Sara, (9´); 1-1, Olalla, (15´); 1-2, Paula, (36´); 1-3, Espasandín, (52´); 2-3, Silvia, (56´de penalti); 3-3, Sabela, (80´); 3-4, Carla, (88´).

.

CLASIFICACIÓN

Tras esta vitoria o Xallas FC mantense na 11ª praza con 27 puntos e acada a permanenza na categoría.

.

1ª GALEGA FEMININA

27ª Xornada

Domingo 03/04/2026

 Xallas FC Atl. Villalonga “B”, ás 12:00

(O horario é cambiable)

Clasificación : PREME AQUÍ

.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

.