1ª GALEGA FEMININA, (24ª Xda) : “O Xallas escapouselle o Calo tras unha rigurosa expulsión”.

1ª GALEGA FEMININA

24ª XORNADA

Domingo 12/04/2026

SR Calo 1-0 Xallas FC

Clasificación : PREME AQUÍ

.

As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalas, (ou fotos ou vídeos), e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade.

.

CRÓNICA

SR Calo 1-0 Xallas FC

Partido moi competido e condicionado polas circunstancias desde o inicio, cun equipo que tivo que reinventarse sen porteira e tirar de compromiso para manterse firme. A primeira metade foi seria, sostendo ben atrás e xerando algunha chegada, pero todo mudou coa expulsión, que marcou o devir do encontro. A pesar da inferioridade, o equipo non lle perdeu a cara ao partido, buscou o empate con orgullo e mesmo tivo ocasións claras para logralo, pero acabou quedando sen premio nun choque no que, segundo o adestrador, mereceron máis.

Eloy García, (adestrador do Xallas FC Feminino) :

“Partido reñido en todos os sentidos o que nos tocou xogar hoxe en Calo. Comezabamos sen porteira e xogariamos a primeira metade con Isa, a nosa dianteira, baixo os paus e con bastantes molestias, demostrando o alto compromiso que hai neste equipo.

Solventabamos a primeira parte como desexabamos, sen encaixar gol e intervindo Isa nunha soa ocasión. Na portería rival avisamos cunha falta de Noe e a piques estivo Facal de poder rematar unha boa chegada de Ainhoa, pero a forza coa que xogaban as adversarias desequilibrouna no remate.

Unha forza que debería ser controlada, pero tivemos que soportala durante todo o partido. O detonante chegou coa expulsión de Ainhoa por dobre amarela e, a partir de aí, complicouse o partido, porque nese mesmo minuto 62 marcáronnos de falta.

Cunha xogadora menos, axustamos liñas e fomos polo empate, facendo medrar o nerviosismo das rivais. Case estivo Carla de meter un gol dende medio campo e Espasandín nun man a man que lle atallou a porteira.

Merecido o empate que non chegou, e toca pensar no seguinte.”

Gol : 1-0, María Lougzili, (62´).

Incidencias : O colexiado do encontro expulsou por dobre cartón a xogadora do Xallas, Ainhoa Rodríguez, (12´e 61´).

.

CLASIFICACIÓN

Tras esta derrota o Xallas FC ocupa a 11ª praza con 24 puntos a 14 do descenso direto.

.

1ª GALEGA FEMININA

25ª Xornada

Domingo 19/04/2026

 Xallas FC SD Antas, ás 19:00

(O horario é cambiable)

Clasificación : PREME AQUÍ

.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

.