1ª GALEGA FEMININA
23ª xornada
Domingo 29/03/2026
Xallas FC 2-0 CD Arenteiro
.
As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalos e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade, non poñemos os de uns si e outros non, a quen non che interese metelos é totalmente respetable.
Este xoves toca Copa
Esta liga tamén para na Semana Santa e as xalleiras terán encontro de Copa este xoves 2 de abril, (Xoves Santo), que terán lugar a disputa a encontro único das semifinais da “VI Copa da Costa Feminina”, na que o Corme da 2ª Galega, recibe ao Xallas da 1ª Galega, e o Cee recibe ao Muxía, ambos da 2ª Galega. Os encontros están designados para ás 17:00 horas o ser festivo para moita xente.
Xallas FC 2-0 CD Arenteiro
Eloy García (adestrador do Xallas FC):
“Importante o partido que tiñamos hoxe ante un Arenteiro moi sólido e con xogadoras moi rápidas. Foi un “face to face” constante dende o minuto un, asustando nos primeiro cas chegadas de Oli e Gra pero pronto teríamos que ver as paradas da nosa porteira Peta…un ida e volta que indicaba que o partido se decidiría polo desgaste e os erros, e así foi que logo de comenzar a facer nosos cambios por xente máis fresca conseguiríamos o primeiro gol das botas de Oli no minuto 75, cunha boa asistencia de Isa que acababa de entrar no campo.
A partir de aí ca entrada de Facal e Yaiza daríamos máis presión en ataque e costaríalles as rivais seguirnos o ritmo, e no minuto 89 Isa facía o segundo tras rematar unha gran xogada que ela mesma iniciara, e Espasandín a piques estivo de rematar ata que foi derribada e mentras todos reclamábamos penalti Isa con moi bo olfato de gol, mandaba o balón o fondo da rede.
Un 2-0 que nos dá un gran golpe de confianza para afrontar o partido de semis de Copa deste Xoves…A recuperarse rápido e a polo seguinte partido“
Gol : 1-0, Olalla, (75´); 2-0, Isa, (89´).
.
CLASIFICACIÓN
As da Fontenla sobe un posto colocándose na 11ª praza con 24 puntos, a 14 puntos do descenso directo.
Vindeira xornada
Na vindeira xornada o Xallas FC visita o Municipal de Rebordelo, (Calo-Teo), ao SR Calo o 12/04 con horario por determinar. Ás de Teo ocupan a 10ª praza con 25 puntos de 7 vitorias, 4 empates e 12 derrotas. Teñen un punto máis cas xalleiras.
.
1ª GALEGA FEMININA
24ª XORNADA
Domingo 12/04/2026
SR Calo – Xallas FC, ás 12:15
Clasificación : PREME AQUÍ
.
-Foto e comentario : Eloy García
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
