1ª GALEGA FEMININA, (22ª Xda ) : “Derrota do Xallas FC en Cambre tras un partido de moito esforzo”.

1ª GALEGA FEMININA

22ª xornada 
Domingo 08/03/2026

Sporting Cambre 3-0 Xallas FC

.

Eloy García (adestrador do Xallas FC):

Saída complicada a que tíñamos a Cambre, con varias xogadoras con molestias e desgaste polo esforzo realizado no partido de Copa do pasado xoves. Aínda así, durante a primeira parte o partido estivo igualado, sufrindo unha presión alta que nos impedía facer o noso xogo. A piques estivemos de abrir o marcador con pases ás costas da súa defensa por medio de Espasandín, Oli ou Soraya.

Elas tamén gozaron de oportunidades, sobre todo nun tiro desde a frontal da área no que Peta saca unha man á mesma escuadra e fai un auténtico paradón. Poucos minutos despois encaixariamos o 1-0 antes do descanso.

Na segunda parte, xa con moito cansazo e con xogadoras lesionadas, tiramos de garra para intentar empatar e ir arriba, co cal lles deixabamos máis ocos ás rivais, que souberon aproveitar para acabar cun resultado de 3-0.

Non lle podemos pedir máis a estas rapazas, que deron todo o que podían dar e aguantaron os 90 minutos a pesar das molestias. Repoñémonos nuns días e a seguir dando guerra.

Gol : 1-0, Lucía Conde, (34´); 2-0, Sofía, (57´); 3-0, Lucía Conde, (78´).

.

CLASIFICACIÓN

As da Fontenla caen dous postos colocándose na 12ª praza con 21 puntos, a 11 puntos do descenso directo. 

Vindeira xornada 

Na vindeira xornada o Xallas FC recibe ba Fontenla, (Santa Comba), ao CD Arenteiro o 29/03 ás 12:15 horas. Ás do Carballiño ocupan a 8ª prza con 33 puntos de ao vitorias, 3 empates e 9 derrotas.

.

1ª GALEGA FEMININA

23ª XORNADA

Domingo 29/03/2026

Xallas FC CD Arenteiro, ás 12:15

Clasificación : PREME AQUÍ

.

-Foto : Eloy García

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Comentario exclusivo e propio : Eloy García