1ª GALEGA FEMININA “20ª Xda) : O Xallas Feminino cae ante o Rosalía, (3º) : Eloy García : “Nunca se perde, sempre se aprende”.

1ª GALEGA FEMININA

20ª Xornada 
Domingo 01/08/2026

EFF Rosalía 3-0 Xallas FC

Eloy García (adestrador do Xallas FC):

“Nunca se perde, sempre se aprende”, e con esa sensación volvíamos da nosa matutina viaxe a terras ourensás. Sabiamos da dificultade que supoñía visitar a un Rosalía que está demostrando que ten todo o necesario para poder ascender.

Comezaban marcándonos moi cedo nunha xogada na que non fomos capaces de controlar as marcas e coarían o balón pola escadra, sen posibilidades para Rosio, quen na xogada anterior xa estivera espléndida nun man a man.

Seguimos metidas no partido e mellorando as marcaxes. Era un partido de desgaste físico no que tocou correr, e moi cedo empezaron as molestias. Aínda así, intentabamos buscar ocasións con internadas de Barcia e Oli, algo apresuradas pola rápida presión á que nos sometían. Foi así como, no minuto 20, conseguirían o 2-0 tras recuperar rápido un control defectuoso e, nunha carreira espectacular, chegar á liña de fondo para sacar un centro de manual que rematan a bocaxarro.

Seguiría a tónica dun ritmo altísimo e intentabamos crear perigo, lonxe de encerrarnos atrás. Antes do descanso teriamos que substituír a Barcia por molestias.

Na segunda parte, vendo a superioridade física das rivais, cambiamos a forma de defender e mentalizámonos de que tiñamos que tomar este partido como preparación para esta recta final de temporada. Quizais porque elas tamén comezaban a mermar as enerxías, tivemos máis control no medio campo e Oli e Espasandín chegaron a inquietar a un Rosalía que as freaba mediante faltas tácticas. Nunha delas, estivo a piques Oli de materializar o 2-1, pero o esférico saíu un chisco alto.

As rivais chegaban rápido, pero con tiros que Rosio desviaría. Era un ida e volta, xogando de ti a ti contra un equipo doutra liga que conseguiría o 3-0 cun tiro lonxano sen que Ro puidese facer nada. Aínda así, demostrando a nosa personalidade, puidemos abrir o noso marcador con chegadas de Espasandín e unha falta de Noe.

Esgotariamos os cambios polas molestias de Graciela e Facal debido ao incrible esforzo realizado e acabariamos con dez xogadoras os últimos quince minutos tras retirar do campo a Oli lesionada.

O final, 3-0, pero bo sabor de boca polo gran traballo realizado. Cabeza alta, rapazas: toca recuperarse das molestias e preparar o próximo partido…Seguimos adiante.”

Gol : 1-0, Noa, (7´); 2-0, Aldara, (20´); 3-0, Silvia, (70´).

.

CLASIFICACIÓN

As da Fontenla baixan un posto a 12ª praza con 18 puntos, pmantendo o descenso directo a 8.

21ª XORNADA

Na vindeira xornada as xalleiras recibe ó SCD Pastoriza, 14º clasificado con 13 puntos, (rival direto e que marca os postos de salvación), o 08 de Marzal ás — horas, (se non hai trocos), no Municipal A Fontenla, (Santa Comba).

.

-Foto : Captura de pantalla

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Comentario exclusivo e propio : Eloy García

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies