1ª GALEGA FEMININA (19ª Xda) : “O Xallas choca coa mellor versión da porteira rival, domina, perdoa e queda cun empate que sabe a pouco, (0-0)”.

1ª GALEGA FEMININA

19ª xornada 
Domingo 22/02/2026

Xallas FC 0-0 Sárdoma CF “B”

Eloy García (adestrador do Xallas FC):

“Co que nos gusta o fútbol e ver actos de compañeirismo, emociona a quen entendemos os valores deste deporte, e hoxe tocaba darlle unhas merecidas mostras de apoio á nosa central Andrea Otero, recentemente lesionada. As compañeiras recibiron a Otero, que, emocionada, expresaba as súas ganas de volver a xogar. Máis pronto que tarde volveremos verte sobre o verde. Ánimo, Ote.

O día acompañou, aínda que non tanto para xogar, pois case nunha tarde veraniega as xogadoras tiveron que hidratarse varias veces. O partido foi practicamente de noso dominio, avisando desde o minuto un cunha chegada de Oli e Espasandin. As oportunidades cun tiro fortísimo de Noe, pegado ao pau e detido pola porteira rival, avisaban de que tiñamos un duro obstáculo para poder facer gol.

En ocasións, o Sárdoma pillábanos por velocidade e conseguían asustarnos, pero unha acertada Rosio detivo dúas moi boas ocasións. Na segunda parte aumentaron as nosas ocasións, as cales servían para confirmar que a mellor xogadora rival era a porteira.

Oli, Facal, Graciela e Valeria tiveron varias ocasións para adiantarnos no marcador, e Espasandin, nunha boísima xogada na que sacan o balón case debaixo dos paus logo de tumbar á porteira, puido darnos os tres puntiños. Rematamos o partido a ceros, certificando a gran actuación das porteiras de ambos os equipos e cun puntiño que sabe a pouco pero que é moi importante.

Cómpre destacar o esforzo de todas as xogadoras, que tiveron que adaptarse a unhas temperaturas ás que non estamos acostumadas, e tamén á nosa afección, que estivo de 10. Seguimos adiante e con ganas.”

Gol : 0-0

O Detalle

As compañeiras fixéronlle unha homenaxe a sua compañeira lesionada Ote, que podemos ver na foto de portada, na que ela posa no centro portando unha camistea das que lle adicaron as compañeiras/os. Unímonos o desexo dunha pronta e satisfactoria recuperación.

.

CLASIFICACIÓN

As da Fontenla baixan un posto a 11ª praza con 18 puntos, pero suman un punto máis por enriba do descenso directo, (8).

20ª XORNADA

Na vindeira xornada as xalleiras visitan ó EFF Rosalía, 3º clasificado con 43 puntos, (os mesmos co segundo SD Antas e a 4 do lider Victoria CF “B”), o 01 de Marzal ás 12:30 horas, (se non hai trocos), no Oira, (Ourense). O Sárdoma é outro rival direto ante o que non se poden escapar puntos pois ocupa a derradeira praza da liga. 

.

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Comentario e foto : Eloy García