1ª GALEGA FEMININA
18ª Xornada
Sporting Burgo 0-3 Xallas FC
Eloy García (adestrador do Xallas FC):
“Saída complicada a de hoxe ao feudo do Burgo, un equipo duro e en postos de descenso. Chegabamos cos ánimos subidos e sabendo a importancia do que nos xogabamos: tiñamos que puntuar e saímos a polo partido moi concentradas. No minuto 3, Espasandín consegue marcar para liberar presión.
Puídemos facer o noso xogo e, aproveitando un saque de banda, Graciela, que está nun gran momento, facía o 0-2 aos 20 minutos. Dominabamos o tempo e o partido e, nunha xogada pola banda, Barcia consegue o 0-3 cun disparo preciso pegado ao pau no minuto 42.
A segunda parte non sería de tanta posesión para as nosas. Os cambios das rivais fixéronnos mover fichas para axustarnos á dureza á que por momentos nos viamos sometidas para frear o noso xogo, que seguiu sendo ofensivo e con boas oportunidades de Facal, Espasandín e Soraya, que puideron abultar o marcador.
O final, 0-3 e tres puntiños que nos colocan na 10ª praza dunha Primeira Galicia moi competitiva. Seguimos adiante.”
Gol : 0-1 Espasandín (3′); 0-2 Graciela (20′); 0-3 Paula Barcia (22′).
.
CLASIFICACIÓN
As da Fontenla suben a 10ª praza con 17 puntos, 7 por enriba do descenso directo.
19ª XORNADA
Na vindeira xornada as xalleiras visitan ó Sárdoma CF “B”, 15º clasificado con 10 puntos, o 22 de febreiro ás 16:00 horas, (se non hai trocos), no Municipal A Fontenla, (Santa Comba). O Sárdoma é outro rival direto ante o que non se poden escapar puntos pois ocupa a derradeira praza da liga.
.
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Comentario e foto : Eloy García