1ª GALEGA FEMININA, (14ª Xda) : “O Xallas cae pola mínima tras un duelo sen ocasións e con final polémico”.

1ª GALEGA FEMININA
14ª Xornada

Xallas FC 0-1 Victoria FC “B”

Adrián García (adestrador do Xallas FC):

“Volvemos caer pola mínima ante un gran rival que nos someteu co seu xogo combinativo, tendo a posesión pero sen case ocasións. A máis clara sería nun córner, no que rematan un segundo balón que salva baixo paus Carla, de cabeza. Nós teríamos algunha contra perigosa por medio de Oli ou Gra.

No segundo tempo adiantamos algo a liña e temos varios roubos altos con perigo que non acaban en gol por moi pouco, e incluso un man a man de Espasandín que a porteira fai un paradón. Elas terían un centro lateral moi perigoso que non atopou rematadora, e noutro chegaría o gol. A raíz de aí aparecería o protagonismo arbitral: partido sen ningún roce, sen ningunha mala patada, pero xa levaba 3 tarxetas amarelas, dúas moi rigorosas ao noso parecer, e con varias equivocacións que nos prexudicaron.

Teríamos unha falta na frontal da área no último minuto que dá na man dunha xogadora da barreira que está dentro da área, polo cal é penalti. Segue a xogada e cae derrubada a nosa capitá, volve ser penalti, e decide decretar o final do partido.

As xogadoras fixeron un esforzo enorme e un gran partido, incluso cando quedaron con 10 faltando 15 minutos. Nalgún momento a sorte vainos cambiar e os resultados van chegar, porque o esforzo e o traballo vense no campo.

Puntualizar que non perdemos pola arbitraxe, pero que inflúe no partido ao 100 %…Para a semana temos unha nova revancha”.

Gol : 0-1 Lucía Álvarez (66′).

Incidencias : O colexiado Alejandro Antelo expulsou con vermello direto a meta do Xallas, Rosío, e con dobre cartón ao adestrador Eloy García, (76´e 90´).

.

CLASIFICACIÓN

As da Fontenla baixan á 12ª praza con 11 puntos, cinco por enriba do descenso directo.

15ª XORNADA

Na vindeira xornada as xalleiras visitan ó Orzán SD “B”, 15º clasificado con 6 puntos, o 25 de xaneiro ás 18:00 horas, se non hai trocos.

.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Comentario : Eloy García