1ª GALEGA FEMININA, (10ª Xda) : “O Xallas feminino cae nun encontro no que a reacción chegou tarde para sumar, (3-2)”.

1ª GALEGA FEMININA

10ª xornada
23/11/2025

SD As Antas 3-2 Xallas FC

Eloy García, (Adestrador do Xallas FC) :

“Novo desprazamento ante un rival complicado e nun campo cunhas dimensións moi reducidas.
A primeira parte estivo igualada, pudemonos adiantar por medio de Oli nun golpeo dende a frontral, no que a porteira rival mete unha man abaixo e fai un paradón. Elas teria tamen un remate ao pao . Na segunda parte metenos gol moi rapido, nun tiro cuzado que Peta fai un paradón e no segundo pao enpuxan o balón. O segundo delas tamen chegaria nun pase atras dende a banda, e rematan dentro da area. O terceiro chegaria nun balon que se anticipa a nosa porteira saído fora da area pero a dianteira levalle o rexeite e a empuxa a porta vacía. Teeríamos unha gran ocasion de corner que salvan na liña de gol, o primeiro noso chegaría da man de Oli nun recorte e golpeo ao pao longo dende a frontal da area. Peta teria que faceer un paradón a un golpeo que iba a escadra. Teriamos unha nova chegada por medio de Barcia por banda que o pase da morte non atopa rematadora por moi pouco. O segundo noso chegaría nunha falta lateral que bota Noe cerrada rasa e a defensa intenta despexar introducindo o balón na sua propia portería.

De novo pensamos que o empate sería o xusto, pero a nosa reacción chega tarde, pero témonos que quedar con que chegou, e de que competimos con calquera Nesta categoría un minimo erro decanta o partido.

Temos 15 días para preparar o seguinte partido e poder darlle unha alegría na nosa casa aos nosos siareiros”.

Goles : 1-0, Jenny, (47´); 2-0, Nuria, 868´); 3-0, Jenny, (73´); 3-1, Olalla, (78´); 3-2, Yanire, (81´en propia porta).

Incidencias : O Xallas chegou o encontro con só 2 xogadoras para trocos, por segundo encontro consecutivo.

Clasificación : O EFF Rosalía,lider en solitario con 26 puntos. O Xallas suma 11 mantendo e cae esta semana a 10ª praza.

 Clasificación completa : PREME AQUÍ

1ª GALEGA FEMININA 
11ª xornada
07/12/2025

Xallas FC  UD Carral

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Eloy García