1ª ELIMINATORIA “COPA DO REI” : BERGANTIÑOS FC 2-0 CD TUDELANO : “NOITE HISTÓRICA INEXQUECIBLE PARA OS BERGANTIÑISTAS”

Xogada da cesión.

 

Bergantiños FC  2-0 CD Tudelano

Extraordinario ambente nunha noite histórica no Municipal das Eiroas, no que o Bergantiños FC plantoulle cara a un equipo de superior categoría e foi mellor nos primeiros 45 minutos, nos que non só se puxo por diante, senón que foi superior.

Nada máis comezar unha internada por banda acababa en remate de Uxío da Pena no primeiro pau, que atallaba o meta visitante. Carlos López e Remeseiro fixéronse donos do medio campo e as chegadas por bandas, en especial pola banda de Boedo, acababan en centros perigosos o área rival. Os tudelanos puideron poñerse por diante nun saque de curruncho que atallou con certo perigo, Brais Pereiro.

No 26, erro infantil do meta visitante que se lle cae o balón e volve a recollelo, o colexiado pita cesión e nela o saque de falta dentro do área escorado a dereita carballesa, peta nun xogador, que saeu da barrera antes de pitar o árbitro, que deu por legal o saque, cando tiña que repetirse.

Nunha das subidas con rapidéz dos bergantiñistas, un centro de Carlos López dende medio campo, era rexeitado por un defensa, ante a mala saida do seu meta, en oposición de Uxío, e o seu rexeite era mandado a porta en vaselina por Boedo, o porteiro sacaba baixo paus e Uxío, mandaba o fondo das mallas. Os visitantes pediron fora de xogo do dianteiro carballés na xogada precedente.

Tralo gol o CD Tudelano foise arriba e presionou a saida do balón carballés, puido aproveitar un par de contras o equipo de Lemos, pero a precipitación evitou que se fosen a caseta cun tanto máis de ventaxe.

Saeu con forza o equipo de Tudela e puido empatar na primeira xogada do reinicio. A contestación carballesa foi rápida, para que non pensasen que se ían a enrrugar, primeiro Uxío e despois Carlos López, puxeron a proba o meta tudelano.

Na incursión por banda de Carlos López centrou e nesa acción o xogador carballés pideu mans dentro do área dun central, pero o colexiado, nen o liña asinaron nada. Pouco despois, aos 59 minutos de xogo, falta sobre Boedo, a altura de banquiños, saca él mesmo, colgando o área, e con todo, Uxío que entraba só, remata alto en área pequena.

Pouco despois no 64, control extraordinario de Boedo a un balón colgado dende o borde do área de Remeseiro, centra o corazón do área, Carlos López, (extraordinario todo o encontro), baixaa co peito e remata e o seu balón vai a cepa do poste.

A primeira vez que os tudelanos chegaron en xogada foi no 69, cun centro dende a banda esquerda carballesa e no segundo pau remataba Iván Cabellut a cruceta. Tras esta xogada saían Boedo e Carlos López por Yelco Alfaya e Concheiro.

Nun saque de curruncho marcaba o Tudelano, pero o colexiado ben situado, asinaba unhas mans claras, e o tanto era anulado.

Tensión e erros ata o final, pero o delirio chegaba no desconto cando Yelco Alfaya batía de novo o meta visitante, para firmar unha noite, que se xa era histórica, este trunfo e o pase a 2ª eliminatoria fíxoa máis histórica.

-Foto : Captura de TV

-Texto : piratasdemuxia