1ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA : DEPORTIVO ABANCA 3-3 REAL SOCIEDAD : “O HAT-TRICK DE PEKE NON FOI SUFICIENTE”

Peke fixo os 3 goles das deportivistas.

 

DEPORTIVO ABANCA 3-3 REAL SOCIEDAD

Encontro suspendido ad 14ª Xda da 1ª División Nacinal Feminina de Fútbol, (Liga Iberdrola), no seu día polo temporal “Fabien” e que se disputou na tarde deste mércores 19 de Febreiro na Cidade Deportiva “O Mundo do Fútbol” de Abegondo. Un encontro tremendamente disputado e no que a Real Sociedad respostou a cada gol das deportivistas. 

Adiantábase o equipo branquiazul aos 19 minutos de xogo por meio de Peke, que segue en estado de gracia, tralos 4 goles que fixo en copa ante o Valencia CF. Tan só tardaba en respostar 3 minutos o equipo vasco por medio de Nahikari. A media hora de xogo Peke voltaba a poñer por diante as deportivistas e o empate a dous, (2-2) chegaba a volta de vestiarios, por medio de Cardona, (50´), e como non hai 2 sen 3, Peke completaba un “Hat-trick” a hora de xogo.

Aguantaba o resultado o equipo deportivista pero o xarro de auga chegaba a 5 minutos do tempo regulamentario. Cecilia facía o 3-3 que sería definitivo.

Goles : 1-0, Peke, (19´); 1-1, Nahikari, (21´); 2-1, Peke, (30´); 2-2, Cardona, (50´); 3-2, Peke, (60´); 3-3, Cecilia, (85´).

 

 

Trocos : Gaby por Kika, (60´); Maya por Michelle, (60´); Patri López por Cris, (86´).

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia.es

 

Nos nosos “Vídeos Recomendados” abaixo de todo na portada da web tes ao instante tódolos vídeos que colga o RC Deportivo no seu canle de YouTube, incluso antes de falemos deles como noticia.

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.