1ª División Galega Feminina G1, (4ª Xda): “O Muxía gaña o derbi ao Bergan ‘B’ nun festival de goles e o Xallas escápanselle 2 puntos nun longo desconto”.

1ª GALEGA FEMININA G1
-4ª xornada-

CF Muxía 5-3 Bergantiños FC “B”

SCD Milagrosa 0-3 SD Tordoia

SCD Pastoriza 2-2 Xallas FC

Victoria FC “B” 3-2 UD Carral

Sporting Cambre 0-5 Orzán SD “B”

CRÓNICA DA XORNADA

A cuarta xornada da 1ª División Galega Feminina G1 deixou un novo triunfo do CF Muxía, que se mantén na parte máis alta da táboa tras superar nun partido de oito goles ao Bergantiños FC “B”. O outro representante da Costa, o Xallas FC, arrancou un empate que soubo a pouco no campo do Pastoriza nun encontro moi trabado na segunda metade e que as xalleiras rescataron no tempo engadido.

Muxía 5-3 Bergantiños “B”

Derbi costeiro con goles, alternativas e emoción ata o final no campo de A Arliña, onde o Muxía conseguiu sumar unha nova vitoria que lle permite continuar na cabeza da clasificación.

As locais saíron decididas e tomaron vantaxe antes do descanso. Eva Lema, no minuto 36, abriu o marcador, e Patri Romaní, no 44, poñía o 2-0 pouco antes de pasar polos vestiarios.

O Bergantiños “B” non baixou os brazos e saíu na segunda parte disposto a meterse no partido. Claudia, no minuto 53, recurtaba distancias, pero a reacción visitante atopou resposta inmediata nas muxianas, con Karen facendo o 3-1 no 58.

A segunda metade entrou nunha dinámica de ida e volta. Paula Rivera volvía achegar o Bergan ao 3-2 no minuto 63, pero as da Vila da Barca souperon manexar os minutos finais e Patri Romaní, no 85, asinaba o seu segundo tanto da mañá para poñer o 4-2.

Xa no desconto chegaron dous goles máis. Daniela, no 91, volvía meter ás bergantiñás no encontro, pero Saray sentenciaba definitivamente no 93 cun 5-3 que pechaba un derbi espectacular.

Goles: 1-0, Eva Lema (36’); 2-0, Patri Romaní (44’); 2-1, Claudia (53’); 3-1, Karen (58’); 3-2, Paula Rivera (63’); 4-2, Patri Romaní (85’); 4-3, Daniela (91’); 5-3, Saray (93’).

Pastoriza 2-2 Xallas

O Xallas FC tivo que traballar de firme para sacar un punto da súa visita ao campo do Pastoriza nun partido marcado polo xogo trabado, especialmente na segunda metade, con moitos paróns e cartóns.

As locais adiantáronse no minuto 16 por medio de Candela, que transformou un penalti, obrigando ás xalleiras a remar contra corrente. A reacción do Xallas chegou tras o descanso. Daniela, no minuto 58, igualaba o encontro e, dez minutos máis tarde, María Rial completaba a remontada co 1-2.

O partido entrou entón nunha fase de moita interrupción e tensión, coas continuas paradas e amonestacións dificultando a continuidade do xogo. Cando todo parecía indicar que os tres puntos viaxarían para Santa Comba, Emma, no minuto 96, atopaba o empate para o Pastoriza, deixando as xalleiras ca mel nos beizos.

Un punto para o Xallas nun encontro no que as visitantes chegaron a poñerse por diante e que finalmente quedou resolto no último suspiro.

Goles: 1-0, Candela (16’, de penalti); 1-1, Daniela (58’); 1-2, María Rial (68’); 2-2, Emma (96’).

Clasificación

1º CF Muxía : 10
2º Victoria FC “B” : 10
3º Orzán SD “B” : 9
4º SD Tordoia : 8
5º UD Carral : 6
6º Xallas FC : 5
7º Sporting Cambre : 3
8º SCD Pastoriza : 2
9º Bergantiños FC “B” : 1
10º SCD Milagrosa : 1

1ª GALEGA FEMININA G1
-Xornada  5-

Domingo 11 de outubro de 2026

A quinta xornada volverá poñer aos tres equipos da Costa diante de encontros importantes. O CF Muxía terá que visitar ao UD Carral, o Xallas FC recibirá ao SD Tordoia e o Bergantiños FC “B” buscará estrear o seu casilleiro de vitorias ante o SCD Milagrosa.

SCD Pastoriza – Sporting Cambre

Orzán SD “B” – Victoria FC “B”

UD Carral – CF Muxía

Bergantiños FC “B” – SCD Milagrosa

Xallas FC – SD Tordoia

–

-Os partidos das da Costa-

UD Carral – CF Muxía: o líder viaxa a Carral coa intención de defender a primeira posición. As muxianas chegan tras sumar tres puntos no derbi e cun balance de tres vitorias e un empate.

Bergantiños FC “B” – SCD Milagrosa: duelo directo na zona baixa entre dous equipos empatados cun punto na clasificación. As bergantiñanas necesitan aproveitar o factor campo para buscar o primeiro triunfo do curso.

Xallas FC – SD Tordoia: partido esixente para as xalleiras ante un Tordoia que ocupa a cuarta posición. O Xallas chega despois de escapárselles dous puntos no desconto ante o Pastoriza e buscará facerse forte na casa.