1ª División Galega Feminina G1, (3ª Xda) : “O Muxía suma un empate e mantense lider, o Xallas iguala co Milagrosa e o Bergan “B” cae ante as colíderes Victoria “B”.”.

1ª División Galega Feminina G1
-3ª xornada-

Bergantiños FC “B” 1-4 Victoria FC “B”

UD Carral 2-0 Sporting Cambre

Orzán SD 2-1 SCD Pastoriza

SD Tordoia 2-2 CF Muxía

Xallas FC 0-0 SCD Milagrosa

-Crónica da 3ª xornada-

A terceira xornada da 1ª Galega Feminina G1 deixou un empate de moito valor para o debutante na categoría CF Muxía, que sacou un punto do campo dun SD Tordoia co que a pasada tempada mantivo unha intensa loita polo título de Segunda ata a derradeira xornada, levandose o título as muxianas. O encontro foi tenso e igualado, con constantes alternativas no marcador. Eva Lema adiantou ás muxianas no minuto 23, pero só un minuto despois Marta Brea establecía o 1-1. Xa na segunda metade, Paula Rey volvía poñer por diante ás da Vila da Barca no 85, aínda que a alegría duraba pouco: dous minutos máis tarde Irena Ordóñez facía o definitivo 2-2. O partido rematou ademais con expulsións: vermello directo para o adestrador do Tordoia no 86 e segundo amarelo para Daniela Seoane no 91.

O Xallas FC asinou tamén un empate, neste caso sen goles fronte á SCD Milagrosa. As xalleiras suman así catro puntos nas tres primeiras xornadas, nun inicio que lles permite ir escalando postos na clasificación. O conxunto xalleiro afronta a súa segunda tempada na categoría e continúa dando pasos na súa adaptación á competición.

Pola súa banda, o debutante Bergantiños FC “B” non puido sumar ante un Victoria FC “B” que se mantén na parte alta. As carballesas chegaron ao descanso cun 0-2 en contra e, finalmente, acabaron cedendo por 1-4. O gol do Bergantiños foi obra de Ainhoa Rey no minuto 65, cando recortaba distancias e colocaba o 1-4 definitivo.

Na cabeza, CF Muxía e Victoria FC “B” continúan igualados con 7 puntos, mentres que UD Carral e Orzán SD suman 6. O Tordoia queda con 5 e o Xallas, con 4, nunha zona media na que as diferenzas aínda son pequenas. Os equipos costeiros presentan, polo tanto, situacións diferentes: o Muxía segue na zona alta, o Xallas continúa sumando e o Bergantiños “B” buscará reaccionar nas próximas xornadas.

Clasificación

1º CF Muxía : 7
2º Victoria FC “B” : 7
3º UD Carral : 6
4º Orzán SD “B” : 6
5º SD Tordoia : 5
6º Xallas FC : 4
7º Sporting Cambre : 3
8º SCD Pastoriza : 1
9º Bergantiños FC “B” : 1
10º SCD Milagrosa : 1


Previa
-4ª xornada-

A cuarta xornada, prevista para o 4 de outubro, presenta novos retos para os tres representantes da Costa. O Xallas FC recibirá ao Orzán SD “B”, un rival da zona alta, nunha oportunidade para que as xalleiras sigan sumando despois do empate da pasada xornada. O CF Muxía tamén terá un duelo de interese co derbi ante o Bergantiños FC “B”. As muxianas parten desde a zona alta mentres que as carballesas procurarán estrear a súa conta de vitorias.

Pola súa banda, o Xallas visitará o SCD Pastoriza, equipo que vai por detrás das xalleiras cun punto pero que acostuma a ser dos da parte alta da táboa.

Enfrontamentos da 4ª xornada

SCD Pastoriza – Xallas FC

Sporting Cambre – Orzán SD “B”

Victoria FC “B” – UD Carral

CF Muxía – Bergantiños FC “B”

SCD Milagrosa – SD Tordoia