LIGA DA COSTA

O Cabana SD campión do Grupo 1B.

O equipo cabanés tiña que gañar e así o fixo para celebrar o título de campión do Grupo 1B da Liga da Costa. Os cabaneses impoñíanse  por 1-4 ao Sporting Zas. Aos cabaneses acompañaranos na promoción de ascenso o SD Castriz, que quedou segundo tras empatar co SCD Malpica, (2-2), e o SD Coristanco, que vencía ao CD Nantón, (1-2), e deixaba fora da promoción ao SD San Lorenzo, que descansaba nesta xornada.

A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Cabana SD.

No Grupo1A, faltaba saber quen acompañaría ao SCDR Esteirana e o Muxía CF na promoción. O CD Muros empataba sen goles co CF Lira e mantivo a terceira praza, gracias a derrota do Camariñas FC ante o Outes CF. Destacar desta derradeira xornada a vitoria do Muxía CF sobre o campión SCDR Esteirana, (2-1), primeira derrota en toda a tempada dos esteiráns, que gañaron 14 encontros, empataron un e só perderon este. 

 

-GRUPO 1 A-

18ª Xornada

(Derradeira da Liga regular)

Domingo 27 Marzal 2022 

Camariñas FC 1-2 Outes CF

Hora : 16:30

Campo : Hermanas Patiño, (Camariñas)

Colexiado : Adrián Pérez Rellán.

 

CF Muxía 2-1 SCDR Esteirana 

Hora : 16:30

Campo : A Arliña, (Muxía)

Colexiado : Manuel Espasandín Romar.

 

UD Monte Louro 3-0 CD Baiñas

Hora : 16:30

Campo : Agra de Filgueira, (Louro)

Colexiado : Manuel Castro Mouzo.

 

 CD Muros 0-0 CF Lira

Hora : 16:30

Campo : Eleuterio Balayo, (Muros)

Colexiado :  Óscar González Torres.

 

Descansa : UC Cee

 

-GRUPO 1 B-

18ª Xornada

(Derradeira da liga regular)

Domingo 27 Marzal 2022

UD Cerqueda 1-2 SCD Buño

Hora : 16:30

Campo : Xaviña, (Buño)

Colexiado : David Cancela García.

 

CD Nantón 1-2 SD Coristanco 

Hora : 16:30

Campo : As Fontiñas, (Nantón) 

Colexiado : Manuel Rodríguez Rojo.

 

Sporting Zas 1-4 Cabana SD

Hora : 16:30

Campo : San Andrés, (Zas)

Colexiado : Chrístian Sendón Villar.

 

SCD Malpica 2-2 SD Castriz

Hora : 16:30

Campo : Pedra Queimada, (Malpica)

Colexiado : Esteban Domínguez Lado.

 

Descansa : SD San Lorenzo

 

-Foto : Cabana SD

-Texto : piratasdemuxia