O FISOBER FSF CAE GOLEADO EN CELANOVA FROITO DUN MAL PRIMEIRO TEMPO, (6-3).

PREFERENTE GALICIA

-LIGA AUTONÓMICA-

A camellana Nuriña fixo un dos goles do Fisober.

TERRA DE CELANOVA FSF 6-3 FISOBER FSF

CELANOVA: Marta, Laura, Belén, Cris, Cintia; tamén xogaron: Rosa, María, Eva, Esti, Andrea, Laura.

FISOBER: Sharay, Nuriña, Carre, Ana, Saray; tamén xogaron: Paula Fandiño, María Dumbría.

ÁRBITROS: Paloma García, Julio Fernández.

GOLES: 1-0 min 3 Belén, 2-0 min 4 Laura, 3-0 min 5 Laura, 4-0 min 10 Cintia, 4-1 min 15 Nuriña; ( descanso) 5-1 min 22 Cris, 6-1 min 27 Cintia, 6-2 min 34 Paula Fandiño, 6-3 min 38 Carre.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 10ª xornada de liga na Liga Autonómica-Preferente Galicia disputado na tarde do sábado no P.M. Pedra Moa de Celanova.

O Fisober pagou caro un mal arranque de partido e estivo máis preto do que indica o resultado, a un partido ao que chegaba moi xusto de efectivos polas baixas.

Iniciaron moi forte as locais poñendo xa a proba dende o comezo a Sharay que se mostraba moi segura de inicio con varias intervencións.

Pero aos catro minutos un lanzamento de Belén e un rexeite facían o primeiro para as locais. E o inicio foi moi malo xa que en tres minutos chegaron tres goles, con dous novos tantos de Laura para poñer o tres a cero no electrónico nun abrir e pechar de ollos.

Despois Paula Fandiño tiña a primeira para as costeiras.

Mediada a primeira metade chegaba o cuarto gol do Celanova por parte dunha moi coñecida xogadora como Cintia con pasado en equipos costeiros.

A seguinte para as costeiras foi un toque co calcaño de María Dumbría que apañou a porteira. Despois era Saray a que tiña ata unha triple ocasión sen premio.

Unha Saray que tamén evitaba un gol agora na portería costeira. Despois era de novo María Dumbría a que poñía a proba a porteira local.

E aos quince minutos unha conducción de Paula Fandiño con tiro desta última, e no rexeite da porteira Nuriña reducía distanzas. Unha Nuriña que pouco despois case fai o segundo visitante.

Antes de rematar a primeira metade aparecía de novo Sharay.

A volta do tempo de lecer de novo marcaban as locais por mediación desta vez de Cris para complicar aínda máis o partido as costeiras. Unhas locais que poñían de novo a proba a Sharay.

O Fisober non se rendía e Saray e Ana tiñan unha dobre ocasión que desbarataba a porteira. Unha Saray que despois mandaba o balón a escadra. E a seguinte era para María Dumbría no un para un.

De novo Cintia facía o sexto local, pero a pesares do abultado do electrónico o Fisober non daba por perdido o partido e puxo unha marcha máis.

Primeiro Saray facía intervir espectacularmente ao porteiro, despois era Paula Fandiño con outra gran parada da porteira local e despois de novo Paula Fandiño bicaba a escadra.

Unha Paula Fandiño que despois a terceira acadaba o gol. O Fisober non se rendía e despois era Carre a que facía o terceiro. E aínda tivo Nuriña a ocasión antes do final, pero non puido sacar nada o conxunto costeiro.

A vindeira semana tócalle a xornada de lecer ao conxunto costeiro.

-Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies