180.852 VISITAS NA 1ª SEMANA DA NOVA PIRATASDEMUXIA.ES

 

Tras varios meses de traballo na confección da nova web e traballando a menor ritmo na vella para poder atender a todo, inauguramos o pasado martes 28 de Maio, coincidindo co 12º aniversario da web. ás 00:01 dese día comezamos ca nova proposta de www.piratasdemuxia.es, e a acollida foi extraordinaria con 30.122 visitas ese primeiro día e nesta primeira semana alcanzando a cifra de 180.852, cunha media ao día de 25.836.

Non podemos menos ca estarvos agradececidos tanto pola continuidade connosco, coma polas dúcias de mensaxes que recibimos felicitándonos pola nova web así como dándonos algunha suxerencia, que iremos incluindo.

Para os que ainda non vos eneteráchedes decirvos que temos un formato para móbiles, máis dinámico e outro máis completo para ordenadores e similares.

Un excelente traballo de Ismael Castiñeiras de “Os meus proxectos”, do quie podedes saber máis na publicidade que ten na web premendo nela.

Moitas gracias a todos por seguir connosco!!!