VITORIAS DO CAMELLE E OZA, E EMPATE ANTRE LAXE E PEREIRIÑA NOS ENCONTROS SABATINOS DA 3ª DA COSTA.

 

Sábado 06 de Novembro 

SD Camelle 3-2 SD Ameixenda

Hora : 16:30

Campo : “O Rodeiro”, (Camelle)

Colexiado : Chrístian Sendón Villar

Partido tremendamente disputado no que os da Ameixenda foron moi superiores nos primeiros compases e froito diso puxéronse cun claro 0-2 con goles do muxián Castreje, (14´) e Saulo, (24´), pero apareceu no Camelle o de sempre, Felipe Barreiro, que primeiro cunha vaselina sobre o meta visitante, (28´), e despois con outra nunha xogada xenila con saqie de porta. prolongación e remate de media vaselina do proipo Barreiro, (39´), poñía as táboas no marcador antes de irse a vestiarios. Co encontro sen dono, con moitas perdas de balón e co xogo de ida e volta, Adrián Pasantes facía o gol da remontada, tras recibir en banda esquerda, interbarse polo pico do área e disparar a porta co exterior do pe esquerdo e madra o balón o fondo das mallas pegado o poste longo, un auténtico golazo, (45´). A segunda metade foi un sen vivir para uns e outros, chegadas een finalizar, loita continua, choques, fútbol direto, penalti pedido polos da Ameixenda, pero non se movería o marcador. No SD Camelle, Pablo Barbeito saeu os 11 minutos de xogo por un pinchazo na perna.

 

CF Castrelo 0-2 SD Oza

Hora : 17:00

Campo : “Municipal de Vimianzo”, (Vimianzo)

Colexiado : Daniel Martínez Ferreiro

Encontro tremendamente disputado que se decideu no desconto e no que o gol dos de Oza aos 6 minutos de xogo por parte de Kevin foi decisivo, pois os vimianceses buscaron todo o encontro neutralizar este gol, pero foi no desconto final cando un gol de Jesús Amado sentenzaba definitivo o choque.

 

SD Laxe 2-2 Atlético Pereiriña

Hora : 16:30

Campo : “Cabo d´area”, (Laxe)

Colexiado : Juan Marcos Ríos SuárezO equipo laxense foiselle o choque tras un esforzo enorme de loita por remontar o gol inicial dos visitantes que se adiantaban aos 13 minutos de xogo por medio de Carlos Blanco. Empataba no 19´ Bieito e conseguía o gol da remontada Paredes antes da hora de xogo, (54´), pero era sacar de centro e na primeira xogada de ataque consegñuía empatar o equipo da Pereiriña, por medio de novo de Carlos Blanco, (55´), resultado que xa sería definitivo.

 

Domingo 07 de Novembro 

UD Corcubión – Sporting Seaia CF-SD Laxe

Hora : 16:30

Campo : “Novo Cubaleiro”, (Corcubión)

Colexiado : Óscar Santos Rodríguez

 

Xallas FC “B” – Porteño CF

Hora : 17:00

Campo : “A Fontenla”, (Santa Comba)

Colexiado : Manuel Rodríguez Rojo

 

Crónicas da 2ª Xornada :

PREME AQUÍ

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia