UNHA VITORIA, UN EMPATE E UNHA DERROTA NAS CATEGORÍAS INFERIORES DO FISOBER FSF CO EQUIPO INFANTIL MASCULINO ASALTANDO O LIDERATO POR PRIMEIRA VEZ NA SUA HISTORIA.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER

Fin de semana de Santos, Defuntos e Samaín no que entraba en liza un novo equipo do Fisober coma o xuvenil feminino de Liga Galega.

Na Liga Galega Cadete Masculina no seu grupo Norte o Fisober visitaba ao Academia 5 Coruña B na tarde do domingo en partido correspondente a 7ª xornada de liga con triunfo para o conxunto herculino por seis a tres.

Polo Fisober formaron: Brais, Javi, Álex, Adan, Iago Larrañaga; tamén xogaron: Eloy Sambad e Leo.

Os colexiados foron Borja Moreira e Uxía Castro.

Os goles costeiros foron obra de Álex en dúas ocasións e Iago Larrañaga.

A vindeira semana o Fisober recibe ao Esteo.

Na Liga Galega Infantil Masculina no seu grupo Norte A o Fisober visitaba ao C. Liceo na tarde do domingo en partido correspondente a 6ª xornada de liga con triunfo para os costeiros por cinco goles a oito. O Fisober gañaba ao líder e poñíase líder da categoría autonómica por primeira vez na súa historia.

Polo Fisober formaron: David, Adrián, Pablo Costa, Gabriel, Iago Insua, tamén xogaron: Miguel, Eloy Figueroa, Pablo Taboada.

Os colexiados foron David Kumor e Lucía Manso.

Os goles costeiros foron obra de Gabriel en catro ocasións, Pablo Taboada en dúas, Adrián e Pablo Costa.

A vindeira semana o Fisober recibe a Os Meigallos.

Na Liga Galega Xuvenil Feminina no Subgrupo A o Fisober xogaba fronte ao Viaxes Amarelle na tarde do luns en partido correspondente a 1ª xornada de liga con igualada a dous goles. En partido disputado no C.P.M. A Gándara en Narón, na concentración deste grupo.

Polo Fisober formaron: Sharay, Lucía Canosa, Ruth, Saray, Lucía Martínez; tamén xogaron: Laura e Claudia.

Os colexiados foron Mario Salinas e Santiago Pena.

Os goles costeiros foron obra de Lucía Canosa.

A vindeira concentración disputarase o vindeiro 8 de decembro nas I.D. de O Conco en Dumbría na que o Fisober se enfrontará ao Fervenza e o Viaxes Amarelle.

-Texto e Fotos : Fisober FSF/Luis Sambad