REPASO DO VIAXES AMARELLE FSF AO CD GORA VIÚDA DE SAINZ, BILBAÍNO (10-1).

 Segunda RFEF Futsal Femenino

-4ª Xornada-

As viaxeiras celebrando unha nova vitoria.

 

Viaxes Amarelle FSF 10-1 CD Gora Viúda de Sainz

O equipo herculino do Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Jorge Basanta, recibía na tarde deste sábado ao conxunto bilbaíno do CD Gora Viúda de Sainz que acudía ao encontro con oito xogadoras; e coa mente posta en poder volver sumar unha vitoria outra semana máis. O conxunto laranxa non se fixo esperar e empezou moi activo no partido conseguindo adiantarse con dous goles antes de chegar ao minuto dous de xogo, e contemporizando o xogo, conseguiron unha vitoria por un marcador contundente de 10-1, grazas aos goles de Candela Soria (2), Cris Lourés (2), Yaiza (2), *Èlia Gullí, Patri Romaní e María Gómez.

O partido empezaba cun Viaxes Amarelle FSF moi ofensivo desde o primeiro segundo de xogo e apostando por unha presión alta de balón; o que conseguiu que cando apenas pasara un minuto de xogo Cris Lourés rouba en media pista e xógaa con Candela Soria, que no un para un non perdoa e sobe o 1-0 ao marcador, para que as locais tomen vantaxe. Coa vantaxe xa tomada, o Viaxes Amarelle FSF seguiu cun xogo moi activo en presión e querer ter o balón para xerar perigo, e a falta de 13 segundos para chegar ao segundo minuto de partido, nunha xogada elaborada, Candela Soria recibe por banda e leva ao seu par, quedando no 1 para 1 coa meta visitante, quedando o balón rexeitado, e onde Patri Romaní non perdoaba a porta baleira para subir o 2-0. O conxunto herculino estaba a verse superior sobre a cancha, e xeraba moitas ocasións de perigo sobre a portería visitante, fallando algunhas ocasións moi claras; pero aos sete minutos de xogo, tras outra longa elaboración das galegas, María Gómez executaba un potente disparo exterior que entraba axustada ao pau, para poñer o 3-0 no marcador.

A pesar da vantaxe cómoda no marcador, as herculinas non se relaxaban e seguían cunha presión alta, froito da cal chegou un roubo de balón de Lau Doce en primeira liña, con pase a Candela Soria, que desde a frontal non perdoaba e subía o 4-0 ao marcador. Cada vez o partido estaba máis encamiñado, para o conxunto galego, pero aínda quedaba moito partido por diante, e o cadro bilbaíno non baixaba os brazos, e a cinco minutos de chegar ao tempo de asueto conseguía recortar distancias cun gol de Marta, tras unha boa acción previa de Ane. O conxunto herculino estaba a sufrir un pouco máis nestes últimos minutos da primeira metade, pero a pesar diso conseguiron manter a vantaxe no marcador, e irse ao tempo de asueto co parcial de 4-1

Na continuación, o conxunto laranxa saía á cancha coa mente posta en seguir presionando e atacando a portería contraria, e ao primeiros catro minutos de partido, Yaiza facía un centro ao segundo pau, que tentaba cortar Marta, pero terminaba por meter en propia porta o 5-1, para as galegas. A pesar da diferenza no marcador, as bilbaínas pelexaban por recortar distancias no gol, pero non conseguían saír co balón xogado en superioridade, e non podían pasar de probar con tiros exteriores de 15 metros. As herculinas seguían combinando e xogando o balón con criterio para xeral o perigo, e o 6-1 chegaría pouco despois da medianía do segundo período, onde Cris Lourés pon un balón en toda a escuadra, tras unha xogada de estratexia de falta cun potente disparo exterior desde uns doce metros. Apenas un minuto máis tarde e para finalizar unha xogada de saque de banda, cun potente disparo exterior desde a frontal dos dez metros.

O partido parecía totalmente de fronte para as herculinas, pero o conxunto bilbaíno non perdía a cara ao partido, e a falta de algo máis de seis minutos optaba polo xogo de cinco para tentar recortar distancias no marcador; pero a presión alta das herculinas non lle permitía gozar do perigo suficiente para subir un gol ao marcador; mentres que as cinco faltas en contra das vascas, terminaba por custar un dobre penalti a falta de cinco minutos; o cal Yaiza encargábase de executar, e transformar no 8-1 cun potente disparo axustado ao pau. As visitantes seguían apostando polo xogo de cinco, e o Viaxes Amarelle FSF defendía con contundencia os ataques vascos, e sen dar opcións de anotar ningún tanto; mentres que as herculinas conseguían anotar un gol de preciosa factura nunha xogada que pasou por todas as súas xogadoras, para finalizar ao segundo pau Yaiza, e subindo o 9-1 ao luminoso. Aínda quedaba partido por diante, e o Viaxes Amarelle FSF atopábase cómodo co balón e xeraba transicións, ata conseguir poñer o 10-1, por medio de Cris Lourés, a falta de pouco máis de dous minutos. Con minutos por diante, as herculinas seguiron apertando o balón ata o último segundo, para finiquitar o partido co marcador de 10-1, e tres puntos máis na súa marcadora, que permiten ás herculinas irse como líderes de grupo en solitario.

Tras este cuarto partido oficial da tempada, o equipo terá dúas xornadas de descanso, para volver ao traballo o vindeiro martes 2 de novembro; coa mente posta en preparar o encontro da próxima fin de semana no Grupo I da Segunda RFEF Futsal Feminino. A quinta xornada de liga, terá lugar o sábado 6 de novembro de 2021 no Pavillón Municipal de Vos Remedios (Ourense) a partir das 19:30 horas, visitando ao Ourense Envialia FSF B.

FICHA DO PARTIDO

Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Cris Lourés, Lau Doce, Patri Romaní, Candela Soria (cinco inicial), *Èlia Gullí, Yaiza, María Gómez, Carlita, Leti Vermello.

CD Gora Viúda de Sainz: Jone, Ane, Estibaliz, Eva, Garbiñe (cinco inicial), Irene, Marta, María.

Goles: 1-0 Candela Soria ( min. 1); 2-0 Patri Romaní ( min. 2); 3-0 María Gómez ( min. 7); 4-0 Candela Soria ( min. 9); 4-1 Marta ( min. 15); 5-1 Marta (propia porta) ( min. 24); 6-1 Cris Lourés ( min. 32); 7-1 *Èlia Gullí ( min. 33); 8-1 Yaiza (dobre penalti) ( min. 35); 9-1 Yaiza ( min. 36); 10-1 Cris Lourés ( min. 37).

Árbitros: Juan Ramón Juan Mora e Mario Salinas García do Comité Técnico de Árbitros de Ferrol. Mesa: Santiago Pena Loureiro do Comité Técnico de Árbitros de Ferrol.

Tarxetas: Estíbaliz, Garbiñe e Roberto do CD Gora Viúvda de Sainz (Dobre Tarxeta Amarela).

Incidencias: Partido correspondente á cuarta xornada do Grupo 1 da Segunda RFEF Futsal Feminino disputado o sábado 30 de outubro de 2021 no Pavillón Municipal de Sacra Familia (A Coruña) entre o Viaxes Amarelle FSF e o CD Gora Viúda de Sainz.

 

-Foto e Texto : Viaxes Amarelle FSF