ROLDA DE PRENSA DE MIKU : “Con Quiles ás veces nin nos temos que mirar para saber onde vai estar o outro”.

 

Miku pasou por rolda de prensa en Abegondo e nela dixo sentir a mesma presión ca o ano pasado, pois para él o “Depor sempre é favorito”, tamén ve boas maneiras en Borja Jiménez : “Sinto que a presión deste ano é igual que a do pasado. Os clubs grandes conviven coa presión a diario e é algo ao que o xogador ten que saber adaptarse”…”Vexo a Borja na fornada de bos adestradores novos, século XXI. O equipo ten unha identidade, pero en cada partido adaptámonos en función de cancha, rival”.

O dianteiro venezolano ve en Noel a un gran xogador e dixo que fala moito con é, e que espera que se quede aquí : “A Noel ás veces dígolle que podo ser o seu papá, dóbrolle a idade. É unha esponxa, absorbe os consellos que calquera lle dá. Falo moito con el porque ten moi boas condicións, creo que o club ten un gran proxecto de dianteiro”…”Hai un proxecto de gran xogador que hai que levar paso a paso e esperemos que quede aquí”.

Sobre o porque se quedou aquí a pesares de ter ofertas de outras categorías teno craro : “Estou moi ben aquí. A miña familia atópase fenomenal. O ano pasado fixen un esforzo porque tiña propostas de máis diñeiro noutro sitio, pero eu teño as miñas cuestións persoais que me vinculan a Galicia”.

Tamén falou sobre a situación de Celso Borges : “Para Celso a súa situación é dura e difícil, ao tipo desbástenlle as cores e veu facendo un esforzo titánico a nivel económico e persoal. O que pasou o ano pasado deixoulle bastante mal. Esperemos que se atope a mellor solución entre el e o club”.

Todo o que ten o RC Deportivo detrás faino favorito sen pensar na situación económica : “A máis importante é vivir na realidade e este é o club que é…coa historia e a masa social que ten ás súas costas, co que representa. É un club que, gústenos ou non, é favorito nesta categoría. O diñeiro non ten que condicionar a túa ambición”.

Tamén falou sobre o entendemento sobre o terreo de xogo con Quiles do que dixo que : “Con Quiles ás veces nin nos temos que mirar para saber onde vai estar o outro. Sei que teño un aliado e un socio arriba, que non fago a guerra pola miña conta”.

Tan pronto edite o RC Deportivo o vídeo da rolda de prensa xa o teredes na parte dabaixo da portada da nosa web, como tódolos que editan de todo tipo. Logo pasarémolo a este artigo na sua cabeceira.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/Twitter Torre de Maratón.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies