ROLDA DE PRENSA E PRESENTACIÓN DE ALBERTO BENITO : “Sería enganar á xente dicir que o ascenso non é o obxectivo”.

 

Algunhas das sua frases na rolda de prensa :

“O proxecto do Dépor é ambicioso. Aínda que estea nunha categoría inferior á que eu viña estando nos últimos anos, é moito mellor que máis da metade de equipos de Segunda, por club, historia, instalacións…”.

“Sería enganar á xente dicir que o ascenso non é o obxectivo, pero aínda que sexa tópico hai que ir aos poucos, ter en conta que o proxecto acaba en maio”.

“O comezo aquí foi malo, pero todo o que me teña que pasar, que me pase agora…Estou na recta final da recuperación. A principios da próxima semana xa poderei estar co grupo”.

“O mercado estaba moi parado en Segunda, xa tivera algunha opción de Primeira Federación, pero se baixaba a esta categoría buscaba un proxecto como este”.

“Estamos a traballar moito o ter balón, ser creativos con el e levar o peso do partido. Con esa forma de xogar os laterais teñen que ser longos e eu aí síntome cómodo…Está claro que faltan xogadores por fóra e creo que están a traballar niso. Quizá iso faga que nos falte algo de profundidade, pero estamos a facelo ben e creo que chegaremos á competición coas ideas claras”.

“Foron campións e iso non xorde porque si, nin de casualidade. Hai que ir con calma, pero se están no primeiro equipo é porque demostraron ter capacidade para estar aí”.

“Foi todo moi raro e moi rápido. Cando saíu a noticia do Dépor-Fuenlabrada pensamos que se ía a parar a xornada porque estaba todo unificado, pero enseguida dixéronnos que non”.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia