O SD FISTERRA CAE ANTE O VIVEIRO CF, (2-0), NUN CHOQUE QUE SE DECIDEU NO DERRADEIRO TREITO DE ENCONTRO.

O equipo fisterrán en CSD Arzúa a pasada semana.

 

Viveiro CF 2-0 SD Fisterra

Saeu moi enchufado ao maltreito céspede do Cantarrana o equipo viveirense e puxo a proba a Iván Bouzón nos primeiros minutos do xogo e acabou poñéndose por diante aos 7 minutos de xogo cun auténtico golazo do canteirán Rolle, dende o pico do área e pr toda a escadra, ante o que o meta do equipo fisterrán pouco puido facer.

Non se adaptaba ao terreo de xogo, cada vez en peor estado, o equipo fisterrán e esgotou os primeiros 45 minutos sen inquietar a porta rival. Xa no segundo tempo os fisterráns deron un paso adiante ante un rival direto pola permanenza, pero as contras viveirenses foron moi perigosas. O local, Asier, mantivo un man a man con “Bouzi”, que o meta dos fisterráns gañou, e pouco despois mandou un balón a cruceta. 

Cando se auguraba un final tenso polo curto do resultado, unha falta na frontal era materializada por Xaime, tras mandar de maneira estupenda por enriba da barreira. Os viveirenses pecháronse atrás e gardaron a sua meta nos minutos finais para levarse 3 puntos moi importantes.

 

O mércores en Paiosaco e podería debutar Ángel López no banco

Os fisterráns xogan de novo o vindeiro mércores 24 de Febreiro ante o UD Paiosaco na Porta Santa a partires das 20:00 horas. Un choque no que xa podería estar no banco Ángel López, que tal como puidemos saber, salváronse os problemas que había polo estado laboral do adestrador fisterrán, (prexubilado), metendo moito da sua parte para que se alcanzase o acordo. Non está confirmado, pero a fonte asegúanos que está totalmente pecada a volda de Ángel.

 

Viveiro CF : Manu Cedrón; Agus, Nico Madero, Edgar, Pablo Rey; Xaime, Javi Rey (Arturo, min. 74); Facu (Álex Meitín, min. 54), Vicente, Rolle (Criss, min. 54); e Asier (Dani Montes, min. 82). .

SD Fisterra : Iván Bouzón; Bilal, Aarón Fernández, Nathan, Pablo Vigo; Julián López (Marcos Caridad, min. 14), Aarón López; Juan (Breixo, min. 74), Marcote (Eloy, min. 52), Álex Ramos; e Capelo.

Goles : 1-0, Rello, (7´); 2-0,  Xaime, (86´).

 

Outros resultados

Neste pasado Domingo tamén se xogaron os encontros aprazados doutras xornadas.

Polvorín CF 0-0 CD As Pontes

CSD Arzúa 1-0 Fabril

SD Silva 1-1 Agrupación Estudiantil

Bergantiños CF 2-0 UD Somozas, (Crónica)

 

-Foto : Captura vídeo En Xogo

-Texto : piratasdemuxia