13 DE DECEMBRO, SANTA LUCÍA, VENERADA EN LEIS NA IGREXA DE SAN PEDRO DE LEIS DE NEMANCOS, (MUXÍA).

Santa Lucía en Leis

A Igrexa parroquial de San Pedro de Leis, (Muxía) é un templo de estilo románico rural, de pequenas dimensións e gran valor arquitectónico e histórico, Un dos máis antigos da Costa da Morte.

Está ubicada en Leis de Nemancos, a uns 8 km de Muxía e en pleno corazón da costa da Costa da Morte.

A documentación medieval é escasa, pero o lugar de Leis aparece citado xa no ano 1220 e a igrexa dependía do mosteiro de San Paio de Antealtares en Compostela, pero xa se conta que pertenceu o Mosteiro de Moraime, (Muxía), polo seu poderío a comezos do Século XII e finais do anterior. Pola súa escultura, data aproximada do final do século XII (1170–1180). 

Arquitectura

Ten planta de unha soa nave e ábside rectangular, cunha cuberta de madeira a dúas augas. É a única igrexa na zona que mostra na sua estructura granito vermello, moi escaso na zona.

Os elementos románicos mellor conservados están na cabeciera: o arco triunfal de medio punto con decoración de billetes, columnas con bases de estilo clásico e capiteles con motivos vexetais.

No exterior, a fachada oeste mostra unha portada románica con duas arquivoltas e decoración escultórica (rosas, flores de catro pétalos, semicírculos, etc.).

Os canecillos románicos (debuxos sobre as cornixas) representan motivos como volutas, cabezas de bóvidos e bolas; no ábside destaca a figura dun año recostado.

Crismón que se pode ver en Leis.

Elementos singulares

No lateral esquerdo segundo se entra e que antes estaba debaixo do altar consérvase un crismón esculpido en pedra, un motivo relativamente raro en Galicia, que algúns interpretan como cruz de consagración románica ou incluso como obra importada de época paleocristiá (século VI).

 Restauración

A igrexa foi restaurada entre 2004 e 2005, con intervencións para recuperar muros, cubertas e elementos históricos respectando a súa estrutura orixinal.

 Localización e contexto

Parroquia: San Pedro de Leis de Nemancos (Muxía). Coordenadas 43°06′54″ N 9°09′12.9″ W.  Forma parte do Camiño de Santiago na extesión Fisterra-Muxía, na parte deste camiño que chega de Santiago a Muxía.

Antiga imaxe que se venera en Leis.

Quen foi Santa Lucía/Historia e lenda

Santa Lucía, tamén chamada Santa Lucia, (sen tilde), foi unha  mártir cristiá do século IV (morreu arredor do ano 304 D.C.) en Siracusa (Sicilia, Italia) durante a persecución do emperador Diocleciano.

Segundo a tradición, naceu nunha familia acomodada pero decidiu consagrar a súa vida a Deus e non casar con ninguén.  O seu pretendente enfadouse e acusouna de cristiá, o que levou á súa detención. 

Varios relatos falan de torturas: non puideron arrastrala (nin sequera con bois), non ardía cando intentaron queimala e finalmente foi morta con espada ou puñal no pescozo. 

A historia das súas miradas e da súa relación coa vista vén de lendas medievais: algúns contos din que lle arrincaron os ollos, ou que ela mesmo os sacou antes de morrer para ofrecerlos a quen a pretendía, e que Deus llos restaurou milagrosamente. 

Por que é a Santa dos problemas de vista?

O seu nome, Lucía (Lucia), procede do latín lux, que significa “luz”, isto uniuse espiritualmente á idea de ver e iluminar a vista. 

 Lenda dos ollos de Santa Lucía

Relatos medievais e iconografía cristiá mostran a Santa Lucía sostendo un prato con dous ollos, símbolo da súa conexión co sentido da vista, (como se pode ver na imaxe venerada en Leis).

Esta imaxe representou visualmente o feito de que, aínda despois de perder os ollos, ela “seguía vendo” pola luz da fe, símbolo de esperanza para quen sofre problemas de visión. 

Por esas tradicións e símbolos, Santa Lucía é considerada patroa dos cegos e de quen ten enfermidades ou problemas de vista, e moitas persoas recórrenlle en oracións pedindo sanación ou mellora da visión.

Data da súa festa

A súa festividade cébrase o 13 de decembro na maioría do mundo cristián occidental. 

Nova imaxe doada por unha devota a Leis.

A devoción en Leis 

A igrexa de San Pedro de Leis, (Muxía), é a única ma Costa da Morte que ten un altar especial na honra da Santa do cal non fomos capaces de atopar no tempo en que foi feito nin por quen e sobre o que seguiremos investigando. En Leis, (Muxía) celébranse misas a partires das 10:00 e 12:00 horas mañán 13 de Nadal, na sua honra e para os devotos ofrecidos a causas da vista.

Refraneiro

Hai un refrán antigo que di que en “Santa Lucía quitan a noite e poñen o día”, referíndose na sua condición de bondade para vista que comezan a crecer os días, e ainda que cando este dito popular se fixo non había os avances tecnolóxicos de hoxe en día a verdade e que segundo os entendidos antre o 10 e o 20 de Decembro comeza a gañarlle paso o día a noite, (segundos cada día), ata o solsticio de verán no 21 de xuño no que o día é máis longo ca noite.

.

-Texto e fotos : Xosé Búa “Pirata”