NOVAS BREVES DO FÚTBOL E FÚTBOL SALA COSTEIRO :

 

Coma tódolos anos por este tempo irémosvos traendo tódalas novas que nos envían os clubes, (e os nosos colaboradores), sobre os seus movementos nesta época estival. Iremos poñendo aquelas novas que nos mandan ou nas que nos etiquetan nas suas redes sociais, para que non haxa aquelo de que : “poñedes duns e doutros non”, polo que durante o día podedes entrar de novo na noticia, xa que iremos actualizando cas que nos vaian chegando.

 

FÚTBOL

Xallas FC, (Preferente Norte)

O Xallas FC segue a perfilar o equipo para a vindeira tempada e anúnciannos as renovacións de Coke, Peke, Carlos Rieiro, Jacobo e Alberto. Como xa vos comentábamos en anteriores breves do noso fútbol, os xalleiros asinaron o xove fisterrán Ezequiel, así como a renovación dos técnicos David González e Ánxo. No que se refire ao capítulo de biaxas o clube xalleiro comunícanos as de Jordan, Kamilo, Santi Hernández e Pablo Mata. 

Tamén vai tomando forma o filial, tal e como xa vos contamos días atrás co adestrador, César Romero, e suben do equipo xuvenil a Alejandro, Nando, Brais e Fabián e as novas incorporacións de Estiven e Joel.

 

CF Dumbría, (1ª Galicia G2)

O equipo dumbriés do que xa onte vos anunciábamos a marcha de Diego Cespón ao SD Fisterra e das renovacións de Ánxo, Rivi, Marcote, Kanario e Pablo Paz, segue coas renovacións e agora foron Darío Capelo e David os que se comprometeron un ano máis co clube.

 

SD Soneira, (1ª Galicia G2)

O equipo dos da “Terra dos Moscoso” anuncia a renovación do técnico Pedro Gómez para a vindeira tempada, na que continuará como seu segundo dabordo Sergio “Pichón”.

 

CF Lira, (Liga da Costa)

O equipo “liracho” anuncia a fichaxe do xove David Pais nos cimentos dun equipo para a 2020/21 na que seguirá Juan Rey como adestrador, e para o que como vos anunciamos, noutros breves ficharon a Juan de Caldebarcos, centrocampista procedente da SCDR Esteirana.

 

SD Laxe, (3ª da Costa)

Tal e como xa vos avanzábamos fai un mes, a diretiva da SD Laxe presenta a sua dimisión e será na Asemblea Xeral de Socios do vindeiro sábado 20 de Xuño. Tal xuntanza terá lugar en primeira convocatoria ás 19:00 horas e media hora máis tarde en segunda, nas instalacións do campo de fútbol “Cabo d´area”, feudo do clube laxense e nela ademáis de presentar a sua dimisión a diretiva que preside María, será o intre da presentación de candidaturas, e reparto de cargos, así como anteriormente farase balance da pasada tempada no deportivo e no económico. Unha tempada na que o clube laxense se quedou as portas de loitar polo ascenso o anulárense as promocións de ascenso, pero que ainda podería ter un ascenso de carambola, se o CF Mazaricos desaparece” e optan por subir a un equipo máis da Liga da Costa, e de rebote outro da 3ª da Costa a Liga da Costa. Algo “suposto”, pero despois do visto pode pasar de todo. A asemblea rematará cos 2Rogos e preguntas”.

 

NOVAS DE ONTE

 

SD Fisterra, (3ª División)

O meta Ramón Rodríguez ex do Deportivo Xuvenil, Fabril, e Lemos nova fichaxe do SD Fisterra, na sua volta 38 anos despois a 3ª División. Ademáis, tal e como vos anunciábamos no día de onte, Diego Cespón, procedente do CF Dumbría é novo xogador dos fisterráns.

 

CF Mazaricos, (1ª Galicia G2)

Segue no ar a continuidade do CF Mazaricos que na vindeira tempada cumprirá 30 anos. A diretiva sainte con Casais ao fronte espera que antes de fin de mes se presente algún candidato a facerse cas rendas do equipo. Os que teñen asegurada a sua continuidade son o equipo de veteranos, o feminino e o de fútbol sala, xa que non pertencen ao 100% o clube no que respecta a orgañización, e sí habería prsoas para que seguisen competindo.

 

SD Castríz, (Liga da Costa)

O equipo de San Pedro anúncianos a fichaxe para a vindeira tempada de Fabian, procedente do Sporting Zas, o lateral Michu, que tamén chega dende terras zacenses, (ambos xa pertenceron a disciplina do clube xalleiro), e a renovación do meta David Gerpe.

 

CD Muros, (Liga da Costa)

O clube muradán anuncia a primeira fichaxe de cara a 2020/21 co xove muradán, procedente das Escolas deportivas Os Miúdos de Muros, de Isma. Un talento sobre o que teñen moitas esperanzas postas os muradáns.

 

 

FÚTBOL SALA FEMININO

 

Fisober, (Preferente Galicia FSF)

O Fisober FSF ven de anunciarnos as renovacións da “Gran capitana”, Ana Mouzo, así coma a de Mai, no primeiro equipo e as de Carlos, e Manu no equipo cadete masculino. Sharay e Saray no Feminino, Iago e Pablo no Infantil Masculino e Sabela e Marta no Infantil Feminino.

 

AVISO IMPORTANTE para os nosos usuarios e tódolos que tedes cotratada a fibra en Muxía con COMENERSOL…Mañán xoves vai a haber un corte ata a tardiña para a mellora e revisión de liñas, polo que www.piratasdemuxia.es non se poderá actualizar con novas noticias ata que se recupere a conexión. 

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es/Colaboradores

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.