FOTOS DO RECORDO : CF DUMBRÍA “B”-SD BUÑO, (2009/10) : “ENCONTRO DUN CF DUMBRÍA “B” E UN SD BUÑO HISTÓRICOS”

José Manuel dos Buxantes controla o balón ante a presión de José.

 

CF Dumbría “B” –  SD Buño

3ª da Costa 2009/10

(26 de Xaneiro do 2010)

Nesta ocasión nas “Fotos do Recordo” que están a ter un enorme seguimento dos nosos usuarios, superando algunhas as 37.000 veces aberta a nova para ver o artigo completo, traémosvos un encontro vital e de moita lembranza para o CF Dumbría “B”, que se enfrontaba no encontro da 3ª da Costa 2009/10 ao SD Buño,un equipo humilde, sen figuras e que triunfou gracias ó traballo e sacrificio de todos, que os precedía na primeira praza e que sería campión de liga e do que xa vos trouxemos nas “Fotos do Recordo”, (PREME AQUÍ). Nese encontro xogado no Municipal do Conco, (Dumbría), adiantárase o equipo “oleiro” por medio de José aos 20 minutos de xogo, e igualaba un xovencísimo Pablo Muiño antes do descanso, (40´). Xa na segunda metade e nun choque de poder a poder, con ocasións craras para ambos equipos, o SD Buño disporía dun penalti, pero Ánxo coseguía atallalo. Pasada a hora de xogo Sergio Cives, facía o definitivo 2-1, (65´) e poñía o filial dumbriés a un punto do lider. O final de liga, ascendería o SD Buño como campión e acopañábano o Club do Mar, (que se ía a liga da Coruña) e o CF Dumbría “B”. Dirixía o equipo dumbriés, César Ferrío, actual presidente e o equipo “oleiro”, Pablo Mallón, actualmente adestrador do SD Ponteceso da Liga da Costa.

Pablo Muiño, que foi un dos grandes xogadores na historia do clube dumbriés e ségueo sendo do fútbol da costa, hoxe en día no CD Baiñas da Liga da Costa, e Emilio Calvo, “alma mater” do SD Buño, un dos que historicamente máis encontros xogou no clube “oleiro”, xunto con Víctor e Diego Rojo, ilústrannos das fotos daquel encontro, con varias delas inéditas, que non pubricamos naquel entonces nas nosas escolmas de fotos. Así mesmo dannos o seu parecer daquela tempada.

Non podemos esquecer neste artigo o pai de Emilio, o señor “Milucho”, ao que lle adicamos este recordo e na sua lembranza, gran colaborador da nosa web, que nos aportaba tódolos datos que precisásemos do equipo de Buño. Aquel día estivemos con él e ca sua inseparable libreta de apuntes. Asimesmo a tódolos que xa non están, antre eles Ramón Calvete e Avelino Vilar que saen en algunha das fotos na banda.

 

Para Pablo Muiño aquela tempada : “Se teño que calificar esa temporada faríao cunha soa palabra : “inolvidable”…Que recordos!!!…Aquel ano fui un dos últimos con un nivel decente en Terceira Rexional, e os partidos que fixemos no Conco foron memorables…De feito tíñamos más xente no campo que o primeiro equipo. Recordo que o mellor partido foi contra o Club do mar, metera eu un “hat trick”, ganáramos 4-3 a un equipo feito a golpe de talonario, que non parou de ascender ata Preferente. Ese día estaba o campo a reventar de afeccionados”.

Pola sua banda Emilio Calvo daquela tempada : “Gardamos moi bo recordo daquela temporada na que se competíu moi ben, fomos un bloque tanto dentro como fóra do campo e eso foi esencial para acadar o obxetivo do ascenso, co título como premio engadido”.

 

 Na foto de esquerda a dereita : Rouco, de espaldas, e Javier Conde co balón.

 

David Carreira do Dumbría e Víctor do Buño.

 

De esquerda a dereita do Buño : Diego, Fernando e Lolo e

do Dumbría : Pablo Muiño e Jesús de Ameixenda.

 

De esquerda a dereita do Buño : Lolo, Diego, José, Jorge e Fernando e do Dumbría :

 

Pancho, Emilio e Diego, vixilados polo presidente Patiño, e os malogrados Ramón Calvete e Avelino Vilar.

 

Darío do CF Dumbría.

 

Fernando, (Buño) e Sergio Cives, (Dumbría).

 

Sergio Cives, (Dumbría) e Fernando, (Buño).

 

Do Buño : Juan e José, (esq-ser)e do Dumbría : Jesús Ameixenda e José Manuel

 

Pablo Mallón, de espaldas a esquerda mirando a Víctor en pugna con Darío.

 

Lolo, Emilio e Dourado custodiando a Sergio Cives.

 

Pancho controlando a evolución do xogo.

 

José, (5), contra Pablo Conde, José Carreira e Ánxo baixo paus.

 

Os buñeses : Emilio, Víctor e Martuxa á saída dun córner.

 

Diego, (4), Jorge, Dourado e Pancho, baixo a mirada de Sergio Cives.

 

Emilio, Diego seguindo a presión de Dourado a Fernando de Santiago.

 

José Manuel e Sergio Cives tras conseguir o gol da vitoria.

 

Celebrando o gol con Sergio Cives.

 

Pablo Muiño, Ánxo. Pablo Conde, José Manuel, Fernando, Jesus e Javi.

 

Martuxa.

 

Juan, (SD Buño) controlado por José Carreira e Pablo Conde, (CF Dumbría).

 

Emilio, (10) e Dourado presionan un contragolpe dumbriés.

 

 

-Se cadra podo ter algunha lagoa, cando poño fotos do recordo. De ser así lembrádeme o que sexa no correo, (admin@piratasdemuxia.es), ou whatsapp da web, (626 72 00 47).

Cada día iremos poñendo unha foto do recordo dos cáseque 13 anos que levamos con piratasdemuxia.es, (inicialmente.com), de tódolos deportes que levamos así como de festas, eventos culturais, e de cousas de diversa índole.

 

-Fotos : piratasdemuxia.es

-Texto : piratasdemuxia.es/Pablo Muiño/Emilio Calvo

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.