11 SEDES PARA OS CURSOS DE ADESTRADOR “UEFA B”, UNHA DELAS EN CORISTANCO

A sede da Costa da Morte estará en Coristanco

Aquí tes a información que nos achegan dende a RFGF sobre as 11 sedes de cursos para acadar a “Licenza UEFA B”, a necesaria dende esta mesma tempada para poder dirixir a equipos senior.

Xa podes anotarte nos cursos da tempada 2019-2020 que levarán a cabo por toda Galicia. A Escola de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol impartirá este curso ata en 16 sedes repartidas por toda a xeografía galega.
A Real Federación Galega de Fútbol, a través da Escola Galega de Adestradores, abre o prazo de inscrición para o curso federativo “Licencia UEFA B” que substitúe ao antigo Nivel 1, en base ás directivas que regulan a Convención da UEFA sobre titulacións técnicas e o programa de educación de adestradores da UEFA.

O novo plan de estudos que a UEFA ten para os adestradores tivo o curso pasado (2018/2019) unha extraordinaria acollida entre o colectivo de adestradores da nosa comunidade. Foron máis de 300 os que estiveron inscritos no antigo Nivel 1, que agora pasa a denominarse “Licencia UEFA B“. Con esta licenza, os futuros técnicos poderán adestrar en calquera parte do mundo.

Ante tal demanda, a Escola Galega de Adestradores que dirixe Iván Cancela convoca o curso en ata 11 localidades repartidas por toda Galicia, incluso en horarios matinais na Coruña, Vigo, Lugo, Ourense e Santiago de Compostela, polo que son 16 sedes en total para iniciarse na carreira de adestrador.
Sedes
Adestrador Básico de Fútbol

  1. Vigo (matinal e tardes)
  2. A Coruña (matinal e tardes)
  3. Ourense (matinal e tardes)
  4. Lugo (matinal e tardes)
  5. Santiago de Compostela (matinal e tardes)
  6. Pontevedra (tardes)
  7. Ponteareas (tardes)
  8. Ferrol (tardes)
  9. Costa da Morte – Coristanco (tardes)
  10. Mariña Lucense – Burela (tardes)
  11. O Barco de Valdeorras

Inscricións e prazos e máis información

O prazo de inscrición xa está aberto de xeito ONLINE a través da páxina web da Real Federación Galega de Fútbol e remata o 11 de outubro. A data fixada para o comezo da actividade formativa é o 21 de outubro.

Toda a información relacionada co curso pódela consultar premendo en INFORMACIÓN e no apartado de DOCUMENTOS tamén tedes á vosa disposición os impresos de obrigado enchemento (CV, declaración xurada e anexo de autorización en caso de ser menor de idade) que terán que ser entregados o primeiro día de clase.

-Unha información RFGF.

+++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies