O ANÁLISE DA LIGA E DOS EQUIPOS DA 1ª GALICIA G1 DE VETERANOS “COSTA DA MORTE” :

 

Aproveitando o parón das ligas tanto de fútbol coma de fútbol sala, tanto masculinas como femininas, imos a facer un estudo de datos sobre cada unha delas comezando polas de fútbol con equipos da costa, ou equipos que teñen un seguimento importante na nosa web : Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa, 3ª da Costa, Ligas de Fútbol Feminino, División de Honra de Veteranos e 1ª Galicia de Veteranos, en senior, así como das ligas de base de Xuvenís, Cadetes, Infantís e Fútbol 8. Para logo tratar todo o futsal feminino e masculino.

 

 

1ª GALICIA G1 VETERANOS “COSTA DA MORTE”

Primeira tempada para o Arasolis FC na competición oficial e como equipo e será para a lmembranza de tódlos seus compoñentes e para a historia do fútbol de veteranos fisterrán e da Costa da Morte. O equipo “verdibranco”, saeusedo mapa nesta tempada e acadou o título, o ascenso e uns números de vértigo a falla de 4 xornadas para rematar o campionato, con 58 puntos, 14 sobre o segundo, ACD San Ramón Veteranos, e de 19 encontros gañados, 1 empatado e tan só 2 perdidos. Co título decidio agora queda a loita pola segunda praza na que ademáis dos do San Ramón, están inmiscuidos o Corme CF, Veteranos SCD Malpica e A Piña. Logo quedará a opción de ascenso na promoción na que tamén entra o SCD Buño, que marca a 6ª praza, que da opción a mesma, e para o que entran 5-6 equipos na loita.

Segundo a nosa base de datos, esta liga da que facemos conxuntamente o resumo da xornada semanal xunto ca División de Honra de Veteranos “Costa da Morte”, cada crónica é seguida de maneira direta, abrindo a nova o completo por enriba das 17.000 visitas.

Analizamos aquí como están os equipos, a liga, e o que teñen por diante cando se retome a competición, con moito por ainda que leirar.

 

-Resultados derradeira xornada, (22ª)- 

Sporting Bértoa 1-2 SCD Buño Veteranos

Club Veteranos Leiloio 0-2 ACD San Ramón Veteranos 

Corme CF 4-0 Deportivo Carballo

Xornes FC 0-4 Arasolis FC 

 SD Fisterra Veteranos 2-4 Veteranos SCD Malpica 

Soandres CF 5-5 CD Nantón 

A Piña 4-3 SD Oza 

 

O CAMPIÓN

 

Arasolis FC

Xogadores : Borja, Antonio, Pedro, Manuel Cartamil, Juan, Jesús Ángel, José A., Nazario, Luis Manuel, Eduardo López, Alberto, Leonel, Mamadou, Domingo, Manuel Papín, Aitor, José María, Eduardo Rivas, Ismael Romero, Marino, Antonio Trillo “Perlón”, José Manuel e Luis.

Adestrador : José López “Manín”

Delegado : Juan Eduardo Estévez.

 

 

 

CLASIFICACIÓN

 

 

23ª xornada

SD Oza – Sporting Bértoa

SCD Buño Veteranos – Club Veteranos Leiloio

ACD San Ramón VeteranosCorme CF

 Deportivo Carballo – Xornes FC 

Arasolis FC – SD Fisterra Veteranos 

Veteranos SCD Malpica – Soandres CF 

CD Nantón – A Piña

 

 

O QUE TEÑEN POR DIANTE

Quedan por disputarse tan só 4 xornadas, 12 puntos de loita antre ACD San Ramón Veteranos, (44 puntos), Corme CF, (42), Veteranos SCD Malpica, (39) e A Piña, (38), xa a 12 xustos da 2ª praza está o SCD Buño Veteranos, que debería gañar os 4 encontros e que os demáis perderan. Dos da loita o único que terá enfrontamento co campión, con todo xa feito, é o A Piña. Enfrontamentos diretos antre si teñen na vindeira xornada o San Ramón e o Corme, e A Piña-Malpica, na seguinte, a antepenúltima. Outra opción de ascenso será a promoción, para a que o SCD Buño, (32 puntos), agora mesmo ocupa a derradeira praza, (6º), se todo se leva como o ano pasado, e nesta loita súmanse o Sporting Bértoa, (29), Club Leiloio Veteranos, (29), CD Nantón, (27), SD Oza, (26),e ata o Soandres CF, (21), podería entrar, pero con moitas carambolas e moito perder dos de arriba.

 

Calendario : PREME AQUÍ

 

A RFGF ANUNCIA QUE SE XOGARÁN TÓDALAS LIGAS

PREME AQUÍ

 

OUTRAS ANÁLISES QUE LEVAMOS FEITO

 

FÚTBOL MASCULINO SENIOR

-Preferente Norte : PREME AQUÍ

-1ª Galicia G2 : PREME AQUÍ

-Liga da Costa, (2ª Galicia G2) : PREME AQUÍ

-División de Honra de Veteranos “Costa da Morte” : PREME AQUÍ

-1ª Galicia G1 Veteranos “Costa da Morte” : PREME AQUÍ

 

FÚTBOL BASE

-Xuvenís da Costa, (1ª Autonómica Xuvenil G2) :PREME AQUÍ

 

FÚTBOL FEMININO

-2ª División Galega Feminina G1 : PREME AQUÍ

 

FÚTBOL SALA FEMININO

-2ª División Nacional Feminina G1 : PREME AQUÍ

 

Agradecer unha e mil veces a colaboración de tódolos adestradores e colaboradores, e o seguimento dos milleiros de usuarios da nosa web.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies