Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

A ANÁLISE DO EXPERTO : " O ANÁLISE DA 13ª XORNADA DA 3ª DIVISIÓN POR RUBÉN GARCÍA".
Martes, 20 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
-A ANÁLISE DO EXPERTO-


Rubén García analizaranos cada xornada da 3ª División.

-A análise da 13ª Xornada da 3ª División-

Así como no día de onte comezábamos coa análise do Almería 1-1 Depor, (que podedes ver na portada da web, ou no enlace direto da dereita da web : "Depor News"), dámoslle unha volta máis a rosca e comezamos nesta 13ª xornada da 3ª División a análise coas claves de Rubén García, todo un especialista nista competición que leva cada día como redator de deportes do DXT Campeón, e que viveu nos terreos de xogo de pleno. Ademáis do seu actual status no xornal deportivo herculino, o xove de Estorde, (Cee), tamén estivo de redator no desaparecido Depor Sport, ou Radio Noroeste, así como en diversas webs de deportes. Como xogador de fútbol estivo equipos coma o Conxo, Calasánz, Laracha CF, Atlético Ateixo, Cerceda ou CF Dumbría, (antre moitos outros). Como adestrador de base acadou ascensos históricos co Cerceda, ou Atlético Arteixo, e no eido senior, fixo tandem con José Luis Lemos, no histórico ascenso do CD Boiro a 2ªB. Tamén como non, é o creador do formato actual de www.piratasdemuxia.es, e colaborador asíduo. Rubén traeranos cada semana a sua análise da xornada na 3ª División Galega, que podes ver abrindo a nova completa.

Segue coa análise...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O PAVILLÓN DE ZAS ACOLLERÁ O 24 UNHA XORNADA COMPLETA DE TENIS DE MESA DE ALTO NIVEL, (PREVIA).
Martes, 20 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS

Xornada completa de tenis de mesa de alto nivel o 24 en Zas.

-Axenda de encontros de Tenis de Mesa-
-Día 24 no Pavillón de Zas-

O día 24 teremos un programa moi completo de tenis de mesa no PAVILLÓN MUNICIPAL DE ZAS donde coincidirán 7 equipos xogando ao mesmo tempo. Xa se empezará as 11:00 horas coa concentración de 1ª Nacional Femenina, e logo pola tarde añadiranse a 2ª Nacional Masculina e as ligas galegas de 1ª e 2ª e aos equipos do AD Zas unirase o equipo VTM Pinturas Figueiras, pois terá o pavillón de Vimianzo ocupado. Serán en total 12 encontros que encherán o pavillón e por añadidura o pobo de Zas de tenis de mesa.

Segue con toda a  información que nos achega como cada semana Stevo Zas. Abre a nova o completo para ver toda a información.

Segue ca previa dos encontros...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
CRÓNICAS E RESULTADOS DE TÓDALAS LIGAS DE TENIS DE MESA CON EQUIPOS DA COSTA..
Martes, 20 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS

Diversion sen presión paa as nenas da 2~ Nacional.

-Resultados e crónicas dos encontros de Tenis de Mesa-
-Coa participación de clubes da costa-

Solo dúas victorias de cinco encontros nas ligas masculinas e comenzou a liga de 2ª nacional femenina coa concentración en Sigüeiro donde houbo de todo pero moita convivencia, deportividade e diversión deportiva. A parte positiva nas ligas masculinas veu dado polo AD Zas O Pinar que acadou a súa primeira victoria en 2ª división galega e polo AD Zas Construcciones Cernadas que trouxo de Santiago unha victoria moi traballada.A parte negativa esta no AD Zas Ponciano Nieto que fracasou na seu desprazamento a Vilagarcía de donde tiña que traer a victoria para seguir con opcións de salvar a categoría,  outra foi a do Concello de  Mazaricos que loitou moito en Ribadeo pero non trouxo a victoria e a última esta de parte do VTM Pinturas Figueiras que si puido facer máis ante os coruñeses do Finisterre Deseñarte...

Segue con toda a  información que nos achega como cada semana Stevo Zas. Abre a nova o completo para ver toda a información.

Segue cas crónicas, resultados, previas...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
A ANÁLISE DO EXPERTO : "O ALMERÍA 1-1 DEPOR BAIXO O PRISMA DE RUBÉN GARCÍA".
Luns, 19 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-A ANÁLISE DO EXPERTO-


Quique estivo moi vixiado pero loitou con todos.

-A análise do Almería 1-1 Depor por Rubén García-

Comezamos coa análise do Almería 1-1 Depor, esta nova sección na uqe Rubén García, redator de deportes do DXT Campeón, que tamén traballara no Depor Sport,  ou Radio Noroeste, e como xogador de fútbol estivo equipos coma o Calasánz, Laracha CF, Atlético Ateixo, ou CF Dumbría, antre moitos outros, e ex adestrador de base con ascenso históricos do Cerceda, ou Atlético Arteixo, e no eido senior, foi o 2º de José Luis Lemos no histórico ascenso do CD Boiro a 2ªB. Tamén como non, o creador do formato actual de www.piratasdemuxia.es. Rubén traeranos cada semana a sua análise dos encontros do Depor, e para comezar e ainda en fresco, a sua análise do Almería 1-1 Depor, que podes ver abrindo a nova completa.

Segue coa análise...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
A CRÓNICA : ALMERÍA 1-1 DEPOR : "PROBE PARTIDO...RICO BOTÍN".
Luns, 19 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-A CRÓNICA-


Os xogadores agradeceron o apoio da afección desprazada.

UD Almería 1-1 Depor

-Probe partido...rico botín-

Saeu agresivo o UD Almería, presionando e tratando de non deixa toca o Depor. Tiñan moi estudado o equipo branquiazul e ainda que parecía que non conseguirían esa presión duarnte todo o encontro, si o conseguiron. O Depor trataou sempre de tocar o balón e tivo ata 3 centros de Saúl que non colleron porta os remates. O Almería apretaba e puido poñerse por diante nun remate pegado o pau esquerdo de Dani Giménez. Foi o preludio do 1-0. Unha perda en banda dereita a altura de banquillos, convirteuse nun centro dende a banda esquerda deportivista, para que o xogador almeriense buscase a escadra contraria e fixese un golazo. Non pedeu a calma o equipo depotivista e apareceu Fede Cartabia, que colleu o balón na zona do pico do área por banda dereita deportivista, veu o meta adiantrado, buscou a escadra contraria, e ainda que o porteiro almeriense chegou a tocala, non o suficiente para sacala fora. Dende o gol xa practicamente non se xogou, agás, unha ocasión de Quique González que se foi por patas e non consigueu cruzar o balón ante a presión do central local, que tocou o balón, ainda que o colexiado pitou saque de porta. O final, 1 punto e 9 encontos consecutivos sen perde. Non foi un bo encontro, quizais peor co de Alcorcón, (único que perdeu no que vai de liga o Depor), pero estívose moi ben en defensa. Dani Giménez só tivo antre os 3 paus o gol e un balón de cabeza as mans. No "Estadio de los Juegos del Mediterraneo", houbo afección deportivista, antre eles membros das peñas : "Al Sur de Riazor", "Chamberí", "Barcelona" e outras. O final os xogadores agradeceron o apoio.

Depor : Dani Giménez, David Simón, Domingos Duarte, Pablo Marí, Saúl, Edu Expósito, (Krhon-Dehli, 46´), Álex Begantiños, Vicente Gómez, (Carles Gil, 62´), Carles Gil, (Didier Moreno, 46´), Crístian Santos e Quique González.

Goles : 1-0, Narváez, (75´); 1-1, Fede Cartabia, (84´).

Árbitro : Rubén Ábalos, (Colexio catalán). Deixou xogar, pero tamén deixou de sinalar algunha falta moi evidente que puido afectar o marcador.

Goles : 0-1, Córdoba, (10´); 1-1, Crístian Santos, (17´); 1-2, Aduriz, (50´); 2-2, Saúl, (85´).

Árbitro : David Pérez Pallas, (Colexio Pontevedrés) : Mal. Anuloulle un gol totalmente legao o Depor, por falta op porteiro, cando é o propio porteir vasco o que empuxa o xogador deportivista, Michelle Somma.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 10ª Xda DA LIGA DA COSTA NA QUE O LIRA DEU A SORPRESA O GOLEAR O CORME.
Luns, 19 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-10ª Xornada-


O Corme caeu en Lombáns coma nunca este ano.

-O CF Mazaricos máis lider ca sorpresiva derrota do Corme CF-

-Vitoria histórica do CD Baiñas en Zas-

10ª xornada da Liga da Costa, e sobre todas temos que destacar 3 cousas. Primeiro e sorpresiva derrota do Corme CF ante o CF Lira. Non en sí poa derrota, (4-1), senón polo abultado da mesma, pois o equipo cormelán só levaba 11 goles encaixados, cunha media de 1 por encontro. A outra cousa é a primeira vitoria do equipo "liracho" da tempada e a terceira a primeira vitoria do CD Baiñas no San Andrés de Zas, (1-3), un campo "maldito" para os baiñeses, que nunca sumaran nél os 3 puntos. A derrota cormelana fixo que caese da segunda praza, (a da promoción), que agora ocupa o SD Ponteceso que gañou pola mínima o derbi ante o UD Cerqueda, (0-1). Esto fai que agora o CF Mazaricos que derrotaba sen moitos apuros a un UC Cee, (3-0), que aprroveitou para dar minutos a xuvenís no priemiro equipo, deixa aos mazaiquenses líderes con 5 puntos de diferenza co segundo, SD Ponteceso. Tamén se levou o SD Buño o derbi malpicán ante o SCD Malpica, (0-1), parece que as augas volven o seu cauce no equipo "oleiro", tralos resíduos que deixou o "Beatríz". Destacar que no SCD Malpica, ante a baixa por lesión do meta Ángel, estivo baixo paus o veterano adestrador de porteiro, Eusebio Pena, que fixo un gran encontro. No derbi muradán, nesta xornada de derbis, o CD Muros consigueu un empate, ante un UD Monte Louro, (1-1), que estivo mellor e mereceu máis. Na parte alta que se apreta o Muxía CF gañou sen moito problemas ao SD Ameixenda, (1-4), e por Verdillo,segue o punto de mira desafinado e o Volantes de Baño CF, levouse os 3 puntos, (3), pero o máis xusto tería sido unha igualada...Abre a nova completa para ver as crónicas, clasificación e moito máis.

Segue cas crónicas e outros datos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 12ª Xda DA 1ª GALICIA G2 NA QUE O FISTERRA DERROTU O LIDER, VENCEU O SONEIR, EMPATOU A ESTEIRANA E PERDERON BAIO E DUMBRÍA.
Luns, 19 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-12ª Xornada-


O SD Fisterra celebrou a gran vitoria ante o lider.

-Partidazo do SD Fisterra para dobregar ao lider Sigüeiro CF-

-Vitoria do Soneira, derrotas de Baio e Dumbría e empate da Esteirana-

Xornada floxeira a 12ª da 1ª Galicia da Costa, para os equipos costeiros. De 15 puntos colleitables, recolléronse 7. Tres deles para o SD Fisterra que derrotou ao lider Sigüeiro, (1-0), nun partidazo e que volve a devolver a senda do trunfo ao equipo de Ángel López, tralo "accidente" de Baio da pasada semana. Sacouse unha espiña o SD Soneira de Pedro Gómez, que goleaba ao Esclavitude SD, (5-2), para dunha vez conseguir finalizar a cantidade de ocasións que veñen desperdiciando nos derradeiros encontro. O outro punto colleitouno o SCDR Esteirana que lle facía fronte a todo un SD Piloño, (filia do CD Lugo da 2ª División), e sacaba un empate sen goles, (0-0). O empate ainda que non vaelu para sair do posto de colista, xa que o Bertamiráns CF tamén sumaba 1 punto ante o UD Bastavales, (1-1), nun duelo que se deu o mellor resultado para os esteiráns, pois son os dous equipos que os preceden. Iste empate sen goles, si valía para que os de Geno, deixaran por primeira vez na tempada a sua portería a cero. O outro clube costeiro en liza que nos queda era o CD Baio, que viña de despregar un "enorme" encontro a pasada semana no derbi costeiro ante o SD Fisterra, (4-0), pero desta volta os rapaces de Torreira, caían na sua visita ao segundo clasificado, Flavia SD, (3-0). Pola sua banda o Tordoia CF do "oleiro", Dani Calvete, derrotaba ao CF Dumbría de Julián Ferreiro, da maneira máis cruel, no miuto 93 e cun gol en propia porta. Hoxe ademáis dos nosos colaboradores habituais nas crónicas, os adestradores dos equipos costeiros, temos a Dani Calvete, (adestrador do Tordoia CF), como xogador e adestrador costeiro, e cada vez que se enfronta a un dos "nosos". Coma sempre as gracias a todos eles pola colaboración que lén cada semana deceas de miles de afeccionados. Abre a nova o completo para ver os comentarios dos adestradores,  clasificación e moito máis.

Segue cas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 10ª Xda DA 3ª DA COSTA NA QUE O CORISTANCO É MÁIS LIDER.
Luns, 19 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-10ª Xornada-


O gol de libre direto de Lagoa foi crucial para a vitoria do Coristanco.

-O SD Coristanco máis lider tras gañar e pinchar o SD Castríz-

-Aprétase a loita pola promoción promoción-

O empate o sábado da SD Castríz en Camelle, cando chegaba o minuto 90 cunha ventaxe de 0-2, fixo que o SD Coristanco, que derrrotab a un combativo CF Castrelo, que levou unha goleada excesiva, (4-0), fixo que os coristanqueses teñan 3 puntos de ventaxe cos xallaeiros trala disputa desta 10 ª xornada da 3ª da Costa. Tamén se viron beneficiados ca sua vitoria os coristanqueses coa derrota do Cabana SD terceiro en discordia, que caía pola mínima ante o Sporting Seaia, (0-1), que sumaba a segunda vitoria da tempada. O SD Laxe precisaba unha vitoria para volver a recuperar a praza da promoción, pero non pasaba do empate ante o UD Corcubión, (1-1), e quedaban así os laxenses fora da promoción que agora ocupa cos mesmos 13 puntos o Outes CF, e por debaixo o SD Camelle, tamén con 13 puntos. No duelo das Fontiñas o CD Nantón e o FC Camariñas, non conseguían abrir o marcador e repartíanse os puntos, nun choque no que os nantoneses xogaban con un menos dende o minuto 40 da primeira metade. Abre a nova completa para ver as crónicas dos encontros e moito máis.

Mandarlle moitos ánimos ao xogador do Sporting Seaia, Alejandro Carballo, que sufría o que parece unha grave lesión de xeonllo. Dsexarlle que sexa o mínimo posible e unha pronta recuperación.

Segue cas crónicas e outros datos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
OPERADO CON ÉXITO DA ROTURA DE RADIO E CÚBITO O XOGADOR DO ED OS MIÚDOS, ÁLEX MARTINEZ.
Luns, 19 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
LESIONADO

Álex Matínez, (centro), rompeu o brazo nunha caida fortuita.
 
-Álex Martínez operado con éxito de rotura de radio e cúbito-

O xove xogador do ED Os Miúdos, Álex Martínez sufría unha caida no encontro que o seu equipo xogou no día de onte ante o Outes CF no "Conchido". Nea caida o rapáz sufría a fractura do radio e cúbito. Unha lesión por desgraza moi habitual nos nenos cando caén de mala maneira co brazo extendido, pero que nesas idades ten a sorte de ter unha pronta recuperación, dado que na nenéz os osos soldan moito máis rápido e mellor. Álex foi operado no día de onte e xa se recupera do post-operatorio e o máis probable é que durante o día de hoxe volte a casa, para comezar a sua recuperación, que esperamos que sexa o máis rápida e satisfactoria posible. Darlle moitos ánimos e o noso desexo de que así sexa e volte pronto cos seus compañeiros a facer o que máis lle gusta.

Se queres ver a crónica da xornada nos Cadetes da Costa, tela na portada da nosa web ou no enlace da portada da web, na banda dereita en "Fútbol Base".

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
MARCADOR DO FÚTBOL AFECCIONADO CON EQUIPOS DA COSTA EN FOTO-MONTAXES
Domingo, 18 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Pirata-News
MARCADOR RESULTADOS DE FÚTBOL

O noso marcador con tódolos resultados.
 
-Tódolos resultados da xornada do Fútbol Afeccionado :
Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa
en foto-montaxes-

Aquí tes comodamente nun só artigo como quedaron os encontrso en tódalas ligas con equipos costeiros de fútbol modesto. Todo elo nas foto-montaxes que vos estamos a brindar esta tempada polos problemas que temos no noso apartado de clasificacións. Un estilo novo que está a gustar moito. Tedes os resultados da Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa. Despois durante o día de mañá luns 19, coma sempre as crónicas dos encontros a nosa maneira única e intransferiuble. Abre a nova o completo para ver tódolos resultados das ligas.

Segue cas foto-montaxes cos resultados por ligas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DA 10ª Xda NAS LIGAS DE VETERANOS DA COSTA FEDERADAS.
Domingo, 18 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
VETERANOS DA COSTA
-10ª Xornada-


O Mazaricos visteuse de "punta en branco" para acadar o liderato na 1ª Galicia.

-División de Honra : "San Lorenzo empata e sente o alento dos rivais"-

-1ª Galicia G1 : "O CF Mazaricos sobe o máis alto da táboa"-

10ª xornada tanto na División de Honra de Veteranos Costa da Morte, como na 1ª Galicia Veteranos G1 Costa da Morte. Na División de Honra o San Lorenzo non pasou do emapte sen goles ante o ACD San Román, (0-0), e xa sente o alento na caluga de Soneira de Veteranos, que goleaba na casa do Cabana SD, (1-5) e do Sporting Zas, que sufría para dobregar ao SD Coristanco, (2-1). Así ambos equipos están agora a 1 punto dos de Verdillo. No que se refire a 1ª Galicia G1 "Costa da Morte", o Xornes CF descansaba e o Corme CF caía sorpresivamente ante o Deportivo Carballo, (2-1), o que facía que o CF Mazaricos que gleaba na casa do Soandres CF, (0-6), se convertise no novo lider. Casualidades da vida, fixeron que hoxe os mazariquenses en vez de vestir o seu habitual amarelo e azul, o fixesen de branco e negro, ou como nos decía un afeccinado, : "Subiron o liderato de punta en branco". Aproveitou o pinchazo do Corme CF o CD Razo que derrotaba ap AV SCD Malpica por 5-1 e colocábase na 3ª praza cos mesmos 19 puntos dos malpicáns, e un punto por enriba do Xornes CF. Ben e certo que os cormeláns teñen 1 encontro menos ca o equipo mazariquense.....Abre a nova o completo para ver os resultados, clasificacións, pichichis, previa da seguinte xornada, etc....

Segue coa información das ligas..

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DA 8ª Xda DOS CADETES DA COSTA NA QUE SE DESFAI O CUADRUPLE EMPATE NA CABEZA DA TÁBOA PARA QUEDAR UN TRIPLETE.
Domingo, 18 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

Resultados da 8ª xornada nos Cadetes da Costa.

-A Esteirana único que non gaña dos 4 que estaban

comandando a clasificación-

8ª Xornada da liga de Cadetes da Costa, (1ª Infantil G2), na que había un cuadruple empate na cabeza da táboa co UC Cee, CD Concello de Zas, Outes CF e SCDR Esteirana empatados con 15 puntos. Os ceenses, líderes por golaveraxe derrotaban ao Corme CF por 1-3, nun choque controlado polos ceenses de principio a fin no que os irmáns, Isaac e Adrián Villar, repartíanse os 3 goles ceenses. O CD Concello de Zas derrotaba ao Cabana SD, (3-0), que lles daba traballo ata o treito final no que dous goles zacenses "mataban" un choque aberto ata o minuto 77. O Outes CF derrotaba ao ED Os Miúdos por 4-1, nun encontro no que os outeses firmaban unha moi boa primeira metade na que marcaban por medio de Óscar Siso e Pablo. Siso a volta de vestirarios xa finiquitaba o choque. O único que non era quen de gañar era a SCDR Esteirana, que empataba sen goles co SD Ponteceso, (0-0). Este resultado deixaba descolgado aos esteiráns dos colíderes. Resultado que lle valeu ao SD Sofán, que goleaba ao Muxía CF, (4-0), para poñerse a un punto dos esteiráns e a 3 dos da cabeza da táboa. Pola sua banda o Sporting Seaia que tiña o encontro controlado cun 0-2 no marcador con goles de Luis Manuel e Francisco, vía como un gol en propia porta do compañeiro, Pablo, con un cuarto de hora máis o desconto por diante, metía ao equipo pontecesán no encontro e poñía asimesmo emoción o treito final, pero non se movería o marcador, (1-2). Abrindo a nova o completo tes a clasificación e o listado dos máximos goleadores da competición...

Segue cas clasificacións, pichichis, etc...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O FS VILLA DE CEE GOLEA NA CASA E SEGUE CON OPCIÓNS A TODO.
Domingo, 18 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
PREFERENTE GALICIA FS GRUPO NORTE
-9ª Xornada-

O FS Villa de Cee segue pola liga e o ascenso.

FS Villa de Cee Clínica A Xunqueira 8-0 Coviran Quiroga FS
-Os ceenses na promoción-

Goleda do FS Villa de Cee Clínica "A Xunqueira" ante a sua xente na 9ª xornada da Liga Preferente Galicia FS Grupo Norte, que os coloca no 3º posto que da opción a promoción de ascenso, a 1 punto do lider Villa Petroni Stellae FS, e cos mesmos 22 puntos do segundo Unión GR9, e tamén os mesmos ca eles e os culerdendes está o CD Lugo Sala. Polo tanto a loita será dura ata o final dada a enorme igualdade na parte alta. Desta volta como decíamos os ceenses goleaban por 8-0 ao Coviran Quiroga FS, nun choque que dominaron de chicote a chicote.

FS Villa de Cee "Clínica A Xunqueira" : Pose, Ángel, Juan "O vello", Javier e Félix. Tamén xogaron : Martelo, Mario, Miguelón e Aitor.

Goles : 1-0, Juan "O vello", (4´); 2-0, Javier, (11´); 3-0, Javier, (23´); 4-0, Aitor, (27´); 5-0, Mario, (29´); 6-0, Aitor, (30´); 7-0, Miguelón, (39´); 8-0, Juan "O vello", (4´);.

Árbitro : Manuel Dans, asistido nas bandas por : Pablo Castro e Paula Garrido, (que repetiron con respecto o derradeiro encontro na casa dos ceenses).

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E RESULTADOS DA 2ª Xda DA "XXV LIGA DE FÚTBOL SALA DE CORME" NA QUE SEGUE A MANDAR O DEBUTANTE BAR LISTA.
Domingo, 18 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
"XXV LIGA FÚTBOL SALA CORME"

Así quedou a 2ª xornada de liga.

-Bar Lista segue firme na "XXV Liga de Fútbol Sala de Corme"-

Segunda xornada da "XXV Liga de Fútbol Sala de Corme", e o debutante Bar Lista que lle endosaba un 7-1 ao Bar Avenida na primeira xornada, repite resultado e desta vez ante o Seaia FS que a pasada semana caía por un axustado 3-2 ante o actual campión o Trasnportes Cotelo, que nesta xornada goleaba ao Talleres Capelán, (2-6). Con esta vitoria o Bar Lista segue lider en con 14 goles a favor e tan só 2 en contra, con duas xornadas gastadas. Suman duas vitorias ademáis do lider e o Transportes Cotelo, e o Bar Secundino/Atalaia...Abre a nova o completo para ver o calendario completo e os horarios da 3ª Xda.

Segue coa información da liga...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 11ª Xda DOS XUVENÍS DA COSTA NA QUE O LIDER CORME CF TIVO UNHA XORNADA PRÁCIDA E REDONDA.
Domingo, 18 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

Resultados da 11ª xornada.

-Prácido encontro do Corme CF nunha xornada redonda-

-Crónicas da xornada e moitas máis cousas-

Xornada prácida e froitífera para o Corme CF que goleaba e non quería facer sangue dun FC Camariñas, que se presentaba no campo do Cairo con tan só 8 xogadores, (5-1), pero que competíron con dignidade, adiantándose de penalti aos 11 minutos de xogo cun tanto de Ánxo, e conseguían ir ante o lider o descanso perdendo tan só por 2-1. Ai que decilo, que o equipo cormelán respetou o clube camariñán, e non buscou a goleada o ser só 8 xogadores, como cando criticamos o pasar o contrario e se dan goledas desmesuradas para estas idades. Fose o resultado que fose os cormeláns sairían beneficiados do resultado que se dese antre o SD Sofán e o ED Os Miudos. Venceron os sofanistas por un axustado 2-1, nun choque no que se adiantaron por medio de Jonathan de penalti aos 11 minutos de xogo e no que nada máis comezar a segunda metade abriron fenda cun tanto de Nacho Moreno. Meteuse no encontro o equipo muradán a hora de encontro cun gol de Abel, pero non consigueu puntuar. Coa vitoria sofanista e o descansar o SD Fisterra, agora os cormeláns teñen ao segundo que pasa a ser o clube sofanista a 5 puntos e aos fisterráns que caen a terceira praza a 6. Ben e certo que os fisterráns teñen agora un encontro menos cos cormeláns, e os do Roncudo teñen un menos ca os de Sofán...Segue coa crónica e as clasificacións e máis información.

Segue coa crónica e as clasificación e lista de máximos goleadores...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 9ª Xda DOS INFANTÍS DA COSTA.
Domingo, 18 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

Resultados da 9ª Xornada dos Infantís da Costa.

-O CF Dumbría vence no encontro da xornada ante o Sofán-

-O Corme mantén o liderato tras golear ao Cabana SD-

O Corme CF goleou a un sempre complicado Cabana SD, (8-3), dous dos mellores clubes da costa con respecto o coidado ca base, con esta vitoria os cormeláns manteñen o privilexio da primeira praza. O encontro da xornada xogábase no Carral, o SD Sofán, (3º), recibía ao CF Dumbría, (2º), outras das mellores escadras no eido de base. A vitoria foi para os dumbrieses, que gañaban por 0-2, nun choque que non tivo un craro gañador ata que no 67 Manuel Arias, facía o primeiro da tarde, e él mesmo 4 minutos despois cos sofanistas a desesperada, "mataba" o choque e dáballe os 3 puntos aos dumbrieses, para manterse a 1 punto da cabeza e cun encontro menos. O cuarto en disocordia o UC Cee, goleaba ao SD Coristanco, (11-1), nun choque igualado na primeira metade e que acababa 3-1, pero na segunda metade os ceenses pasaban a "apisonadora". Tamén gañaba o SD Fisterra, lonxe da parte alta, (5º), por puntos, e que derrotaba ao ED Os Miúdos cun par de goles de Mauro Castro, (61´e 69´), no treito final. Se cabe o encontro máis chamativo da xornada  foi o que se xogou na Arliña, e no que o Muxía CF e o CD Concello de Zas empataban a seis, (6-6). Un choque trepidante no que se puxo 0-2 o equipo zacense e consigueu empata o clube muxián. Adiantouse de novo o equipo visitante, e púxose con 2 de ventaxe, para que empatase o local, e así ata o 5-5 cando foi o equipo da Vila da Barca o que se puxo por diante, e consigueu empatar cun tanto de Muiño, o equipo zacense no desconto, (83´), nun choque no que ambos conxuntos mereceron levarse a lo menos 1 punto. Polos muxiáns a estrela foi Kevin Carballo que facía 5 dos goles do seu equipo. Tamén empataban o UD Cerqueda e o SD Laxe, nun choque no que se adiantaban os laxenses no primeiro minuto de xogo cun tanto de Ángel e conseguía igualar o cuarto de hora o equipo cerquedense. Víronse goles no Xosé Luis Vara de Esteiro, onde a SCDR Esteirana goleaba ao SD Ponteceso, (8-3), nun choque no que se adiantaban os pontecesáns cun tanto de Pedro aos 3 minutos de xogo, pero vían como en 8 minutos lles remontaban os esteiráns, para rematar a primeira metade 4-1. Na segunda acercáronse os da "Vila de Pondal", pero o encontro foi craramente xa para os das Salinas...Abrindo a nova o completo tes a clasificación e lista de goleadores...


Segue coa información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS SABATINOS DA 10ª Xda DA 3ª DA COSTA : "VITORIA DO OUTES E EMPATE CON SABOR A VITORIA DO CAMELLE".
Sábado, 17 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-10ª Xornada-


Alejandro Mourelle, (SD Castríz), deu o susto en Camelle..

-O Outes derrota ao EF Baleas e entra en promoción-

-Empate no desconto do SD Camelle sobre o SD Castríz que sabe a vitoria-

Unha vitoria visitante e un empate nos encontros sabatinos da 10ª xornada da 3ª da Costa, na que o SD Castríz, que podía durmir lider a espera do que fixera mañán a SD Coristanco, non pasaba do emate ante un SD Camelle que tras verse cun 0-2 por detrás no minuto 90, conseguía igualar a contenda con dous goles nun suspiro no desconto. Un choque moi físico, no que houbo tensión, e susto. Tensión con algunha que outra tangana pola importanza dos puntos para ambos, e susto o que deu o xogador do SD Castríz, Alejandro Mourelle, que batía contra a valla de delimitación do terreo de xogo e acababa tirado conmocionado fora do terreo de xogo, e que pronto era atendido polos membros de ambos equipos e podía continura tras varios minutos de incertidume. Por outra banda o Outes CF derrotaba ao EF As Baleas, a domicilio, (0-3), e dorme en posición de promoción, (6º), desbancando momentaneamente so SD Laxe, que xoga mañán, e por enriba do SD Camelle, por golaveraxe... Abre a nova completa para ver as crónicas dos encontros, previa dos de mañán Domingo e moito máis.

Segue cas crónicas e outros datos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
AXENDA DA XORNADA DE TODO O FÚTBOL AFECCIONADO SENIOR DE PREFERENTE A 3ª DA COSTA.
Venres, 16 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia

-Axenda das ligas de Fútbol Afecionado Senior da Costa-

-Preferente, 1ª Galicia, Liga da Costa e 3ª da Costa-

Aquí tes nun mesmo artigo tódalas previas da xornada do Fútbol Senior, na Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa. Podes ver tódolos enfrontamentos, días e horarios, sen andar mirando de liga en liga. Todos nun mesmo artigo, coas nosas foto-montaxes. Ademáis tes as clasificacións para consultar como vai o equipo que che interese Abrindo a nova o completo tes a foto-montaxes de todas estas ligas...

Segue coas foto-montaxes con tódalas pevias da ligas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
HOXE COMEZAN AS LIGAS DE FÚTBOL SALA DE BASE "COSTA DA MORTE", (PREVIA).
Venres, 16 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
LIGAS DE FUTSAL DE BASE
-"Costa da Morte"-


O Manuela Rial visita nas duas categorís ao FC Camariñas.

-Hoxe venres 16 comezan as ligas de Fútbol Sala de Base "Costa da Morte" en categoría alevín e benxamín-

Tal e como vos anunciamos días atrás na previa das ligas, hoxe venres 16 de Novembro darán comezo ca disputa da 1ª xornada as Ligas de Fútbol Sala de Base "Costa da Morte", que chegan a sua 22ª edición. Un total de 9 equipos na categoría alevín e 10 en benxamín comezarán a diputar estas ligas que terán 18 xornadas, (en ambas liga hai ida e volta). Aquí vos traemos os calendario completos de ambas ligas con tódolos enfrontamentos e equipos participantes. Abre a nova completa para ver os calendarios.

Segue cos calendarios...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
AXENDA DE TODO O FÚTBOL BASE DA COSTA DENDE BENXAMÍNS ATA XUVENÍS PARA ESTA FIN DE SEMANA.
Venres, 16 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
-AXENDA DO FÚTBOL BASE COSTEIRO-

Tódalas ligas nas nosas foto-montaxes.

-Previa dos Xuvenís, Cadetes, Infantís, Alevíns e Benxamíns-

-Tódolos enfrontamentos, días e horas dos encontros-

Aquí tes a nosa maneira única e intransferible con fotomontaxes as previas das ligas de : Xuvenís, Cadetes, Infantís, Alevíns e Benxamíns F8, Grupos Norte e Sur, todas nun mesmo artigo para ver que plan podes coller para ir ver o noso fútbol base e disfrutar da calidade dos nosos rapaces/as. Xa no día de hoxe venres, hai varios encontros, así como mañán sábado e o Domingo.

Xogouseo pasado martes 13 o encontro suspendido polo temporal da Liga de Cadetes da Costa : SD Ponteceso-UD Cerqueda, que ematou coa vitoria dos pontecesáns porr 7-0 col goles de Iván, (3), Carlos, (2), Adrián e Arturo...Abrindo a nova o completo tes as foto-montaxes con tódalas ligas...


Segue coas foto-montaxes cos encontros e toda a sua información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

<   12345    

Theme creado por dev-postnuke.com