Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

LIGA DA COSTA, (11ª xDA) : "SUSPENDIDO O BAIÑAS-MAZARICOS DO SÁBADO HOXE XÓGANSE 7 ENCONTROS".
Domingo, 25 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-11ª Xornada-


Encontros e horarios para hoxe.

-Suspendeuse o Baiñas-Mazaricos-

-Hoxe Domingo xóganse os outros 7 encontros-

Xogouse no día de onte, (por decir algo), un encontro da 3ª da Costa, o CF Castrelo 4-1 SD Camelle e en vista como estaba o panorama, cun Municipal de Viminzo no que a auga superaba o nocello dos xogadores, o colexiado do encontro que se ía a xogar a continuación, Adrián Pérez Rellán,  no que o CD Baiñas recibía ao lider CF Mazaricos, (sen dúbida o encontro da xornada), decideu que non se xogaba, para preservar a saúde dos xogadores, ante o dilubio e o frío que estaba a caer e que caera durante todo o día. Para hoxe temos 7 encontros con enfrontamentos diretos antre equipos que loitan por eludir a zona "quente". Antre eles destacar o derbi muradán antre o UD Monte Louro-Volantes de Baño CF.

Segue ca previa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
3ª DA COSTA, (11ª Xda) : "UN ENCONTRO XOPGADO E OUTRO SUSPENDIDO NO DILUBIO DE ONTE SÁBADO".
Domingo, 25 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-11ª Xornada-


Aspecto que presentaba o Municipal de Vimianzo.

-O Castrelo golea ao Camelle, (4-1), nunha piscifactoría-

-Suspendeuse o Sporting Seaia-EF As Baleas-

-Hoxe Domingo xóganse 4 encontros-

CF Castrelo e SD Camelle, nadaron nun Municipal de Vimianzo, (non se pode decir que xogaron), que máis parecía unha piscifactoria co peixe ou marisco movéndose dentro. Non se tería que haber xogado o encontro, segundo nos comentan, debido a perigosidade do campo para a integridade dos xogadores de ambos equipos debido a que o auga chegáballes por enriba dos nocellos e o balón non circulaba. Neste ambente foi moito mellor o CF Castrelo que soubo xogar nestes términos e poñerse 3-0 na primeira metader con goles de Esteban Lema, (2), nada máis comezar o choque e Rubén. Na segunda xa era imposible xogar, ainda así víronse un gol por equipo. Marcou polo SD Camelle, Barreiro, de penalti, nada máis comezar este segundo tempo e finiquitou o "encontro", Iván co 4-1 final o fío da hora de xogo...Tras este encontro íase xogar o CD Baiñas-CF Mazaricos da Liga da Costa e desta volta si que foi suspendido o encontro...Abre a nova completa para ver a previa dos encontros de hoxe.

CF Castrelo : David Carreira, Estreban Lema, Luis Roget, Rubén, Eloy, Maikol, Roi, Iván Darío, Domingo e Fabio. Tamén xogaron : Mario, Iván, Esteban Carballo, e Félix.

SD Camelle : Roi, Rodrigo, Pablo, Dido, Barreiro, Tedín, Mario, Miguel Riveiro, David Vázquez, David do "Correo" e Varu. Tamén xogaron : Adrián, Sergio e David Tajes.

Goles : 1-0, Esteban Lema, (1´); 2-0, Esteban Lema, (8´); 3-0, Rubén, (39´); 3-1, Barreiro, (48´de penalti); 4-1, Iván Cháns, (57´).

Árbitro : David Castreje Ferrío.

Segue ca previa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
A CRÓNICA : DEPOR 2-0 OSASUNA : "O DEPOR NADOU MOVEUSE UNHA VEZ MÁIS EN RIAZOR COMA PEIXE NO AUGA".
Domingo, 25 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-A CRÓNICA-


O Depor nadou como peixe no auga en Riazor unha vez máis.

Depor 2-0 Atlético Osasuna

-O Depor vence e convence nun encontro condicionado pola chuvia-

Se xa para a afección foi toda unha quimera acercarse a Riazor e non fallou a pesares de iso con preto de 14.000, para os xogadores tamén o foi a hora de circular o balón e de correr nun campo moi pesado pola cantidade de auga acumulada. Foron moitos litros de auga que caeron pero o Depor soubo adaptarse o que pedía o encontro ante un rival dos mellores da liga. Moito traballo, moita tesón e moito ímpetu, foron as claves da vitoria do equipo branquiazul, que tras unha boa xogada por banda de David Simón, a piques estaba de marcar Quique González decabeza. Paraba Rubén, que voltaba a Riazor, e pouco despois o colexiado non quería ver un craro penalti por mans en área osasunista. Tan só un par de minutos despois, un remate de Quique a porta chegáballe rexeitado a Fede Cartabia, que daba o "pase da morte" para que Carlos Fernández en boca de gol non tivese máis que empurrala. Chegaba o premio a insistencia e maior presenza no área. O Osasuna puido marcar nun disparo lonxano, pero Dani Giménez ben posicionado desviaba a banda. Na derradeira xogada da primeira metade o meta deportivista facía unha gran parada, que puido supor o empate. Na segunda volta o Depor fíxose co medio do campo, deu un paso adiante a base de control do balón e só era cuestión de tempo que chegase o segundo. Puido chegar nunha bolea de Carlos Fernández e pouco despois dun disparo dende o pico do área de Fede que tocou Rubén e foi o longueiro. Nunha xogada de ataque liderada por Crístian Santos que acababa de ingresar o terreo de xogo, consigue un saque de curruncho que bota Fede para que Pablo Marí, sante máis ca ninguén e faga o segundo do equipo e seu na tempada. Durmeu o encontro o equipo deportivista e só unha xogada cun testarazo e paradón de Dani Giménez, puido darlle aos osasunistas un ápice de meterse no encontro a falla de 5 minutos para o final. O peor do encontro foi o cartón recibido por David Simón e Domingos Duarte que supuxeron a 5ª tarxeta da tempada polo que se perderán o choque do vindeiro Domingo ás 12:00 horas, (11:00 GMT), ante o Rayo Majadahonda no "Cerro del Espino".

Depor : Dani Giménez, David Simón, Domingos Duarte, Pablo Marí, Saúl, Krhon-Dehli, (Edu Expósito, 64´), Pedro Mosquera, Vicente Gómez, (Didier Moreno, 87´), Fede Cartabia, Carlos Fernández, e Quique González, (Crístian Santos, 72´).

Goles : 1-0, Carlos Fernández, (43´); 2-0, Pablo Marí, (75´).

Árbitro : Aitor Gorasategui Fernández-Ortega, (Colexio vasco). Moi mal no criterio das faltas e a hora de asinar os cartóns. Perdonoulle o segundo a un dos osasunistas nunha dura entrada. Nin él nen o seu liña da banda de Tribuna quixeron ver un clarísimo penalti no que corta o pase ca man claramente do visitante Clerc.

Goles : 0-1, Córdoba, (10´); 1-1, Crístian Santos, (17´); 1-2, Aduriz, (50´); 2-2, Saúl, (85´).

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
AXENDA FUTBOLÍSTICA DOS ENCONTROS DOS EQUIPOS COSTEIROS DA PREFERENTE NORTE E 1ª GALICIA G2 :
Sábado, 24 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
-AXENDA DO FÚTBOL AFECCIONADO-

As ligas nas nosas foto-montaxes abrindo a nova o completo.

-Axenda da 15ª Xda da Preferente Norte e 13ª da 1ª Galicia G2-

-Dos equipos costeiros-

Aquí tes da nosa maneira única e intransferible con foto-montaxes as previas da : Preferente Norte e 1ª Galicia G2, das que se xoga todo mañán Domingo, no que respecta aos equipos da costa, ou que antaño xogaron nas ligas costeiras. Destacar na 1ª Galicia G2 o derbi antre o CD Baio e o SD Soneira, e na Preferente Norte dous que se poden considerar como derbis, o SD Negreira-SD Sofán, que o é, con dous equipos dos "nosos", que procenden do fútbol costeiro diretamente, ainda que por aqueles anos non se atoparon na Liga da Costa, e o SD Órdenes-Xallas FC por proximidade...Abrindo a nova o completo tes as foto-montaxes das duas ligas...


Segue coas foto-montaxes cos encontros e toda a sua información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIOUS DEPOR : "ROLDA DE PRENSA DE NATXO GONZÁLEZ E NOVAS BREVES".
Sábado, 24 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-PREVIOUS-

Natxo asinou autógrafos xunto con Manuel Pablo, Donato e Tristán.

-Natxo González : "Perderemos puntos en casa, seguro. Imos tratar de que sexa o máis tarde posible"-
-Escolma de novas breves-

Natxo González, pasou por rolda de prensa e falou un pouco de todo, en especial como é normal do encontro desta tarde en Riazor, (18:00 horas; 17:00 GMT), ante o Atlético Osasuna, posiblemente un dos equipos máis complicados da categoría, visto o que vai xogado, un equipo moi parecido ao UD Alcrocón, que presiona moito e tenta axfisiar a saida do balón do contrario para aporveitar os seus erros tras esa presión. Un encontro no que no banco está Arrasate, o adestrador o ano pasado do Numancia, que meteu fora da promoción de ascenso ao Zaragoza de Natxo González, e do que dixo que ten certo "rancor", por isa eliminatoria, na que foron mellores os maños, pero máis efectivos os numantinos. Un encontro o de hoxe en Riazor, no que nos atoparemos con Gorostegui Fernández-Ortega, de nome Aitor, que foi o colexiado co que pedermos o único encontro que via de liga ante o UD Alcorcón, (1-0), e no que foi expulsado polo colexiado debutante, Krohn-Dehli, por dobre cartón amarelo. Un encontro no que de gañar como mínimo seremos terceiros ao acabar a xornada, xa que onte o Granada caía ante o Sporting de Xixón por 1-2, cun gol dos astures no minuto 93 cando o resultado refrexaba un empate a uns, (1-1)...Abre a nova completa para ver as verbas de Natxo Gonzalez, e as novas breves.

Segue coas verbas de Natxo e novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
AXENDA FUTBOLÍSTICA DA 11ª XORNADA DA 3ª DA COSTA E DA LIGA DA COSTA :
Venres, 23 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
-AXENDA DO FÚTBOL AFECCIONADO COSTEIRO-

Tódalas ligas nas nosas foto-montaxes abrindo a nova o completo.

-Axenda dos encontros da 11ª Xornada da 3ª da Costa e a Liga da Costa-

-Un encontro en cada liga na tarde do sábado-

Aquí tes da nosa maneira única e intransferible con foto-montaxes as previas da : 3ª da Costa e a Liga da Costa, das que se xoga un encontro na tarde do sábado en cada liga. Unha mágoa que pase acotío esto e que non se poñan de acordo ambas ligas para repartir os encontros, ou mesmamente as ligas, xogandose moitos máis encontros o sábado e ecuanimemente o Domingo. Non é un sentir só noso, senón que de todos cantos falan connosco e que nos escriben...Abrindo a nova o completo tes as foto-montaxes da duas ligas...


Segue coas foto-montaxes cos encontros e toda a sua información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
AXENDA DE TODO O FÚTBOL BASE COSTEIRO PARA A FIN DE SEMANA DENDE E XUVENÍS ATA BENXAMÍNS.
Venres, 23 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
-AXENDA DO FÚTBOL BASE COSTEIRO-

Tódalas ligas nas nosas foto-montaxes.

-Previa dos Xuvenís, Cadetes, Infantís, Alevíns e Benxamíns-

-Tódolos enfrontamentos, días e horas dos encontros-

Aquí tes a nosa maneira única e intransferible con foto-montaxes as previas das ligas de : Xuvenís, Cadetes, Infantís, Alevíns e Benxamíns F8, Grupos Norte e Sur, todas nun mesmo artigo para ver que plan podes coller para ir ver o noso fútbol base e disfrutar da calidade dos nosos rapaces/as. A grande maioría dos encontro xóganse mañán sábado 24, pero tamén hai para o Domingo 25, en especial dos máis pequenos. Nos Infantís da Costa o Muxía CF-Cabana SD queda aprazado ata o 05 de Xaneiro do 2019, na "Ponte da Constitución".
...Abrindo a nova o completo tes as foto-montaxes con tódalas ligas...


Segue coas foto-montaxes cos encontros e toda a sua información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
LIGA DA COSTA : "O VOLANTES DE BAÑO REFÓRZASE CON 3 FICHAXES DE CALIDADE".
Venres, 23 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-Fichaxes-


De esquerda a dereita :  Berto, Álex Pri,e Jano.

-O Volantes de Baño reforza a plantilla con 3 fichaxes-

-Berto, Jano e Álex Pri reforzan o clube de Baño-

O Volantes de Baño CF ven de anunciarnos a fichaxe de 3 xogadores contrastados no fútbol afeccionado, para reforzar o equipo na procura de acadar a permanenza, na Liga da Costa, senón que tal como nos comenta o adestrador dos de Baño, José Manuel Sil : "O clube fai esta aposta polas fichaxes de Berto, Jano e Álex Pri, non só de cara a esta tempada, senón que tamén de futuro". O adestrador muradán, devélanos un pouco como son as novas incorporacións, Jano, que xogou no CF Lira, Berto, no Lesende, Noia e o ano pasado no Dubra, e Álex Pri, no Bertamiráns, Sofán e Sigüeiro : "Alex Pri, é un xogador con experiencia, polivalente, e ademáis moi oportunista. Berto é un dianteiro moi exposivo, que tamén xoga moi ben de espaldas as defensas e que ten un bo regate, é un xogador moi competitivo. Jano é un central cotundente, moi bo por alto, rápido". Segundo Sil, unha das cousas que motivou a facer as incorporación, ademáis de de cara o futuro foron as baixas : "Tivemos 4 baixas de longa duracion, e ademáis somos un equipo en construcion. Polo que o clube trata de aproveitar a firmar xogadores comprometidos e dun perfil determinado non só pensando nesta tempada, sinón pensando en proximas temporadas"... Os novos xogadores xa poderían ser da partida este mesmo Domingo 25 de Novembro no que o Volantes de Baño CF visita ao seu veciño o UD Monte Louro no "Agra de Filgueira", no derbi muradán a partires das 16:15 horas.

A foto-montaxe é feita con fotos que nos fan chegar dende o Volantes de Baño CF.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
AXENDA FUTBOLÍSTICA DOS ENCONTROS DA 11ª Xda DA LIGA DA COSTA E 3ª DA COSTA EN F
Xoves, 22 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
-AXENDA DO FÚTBOL AFECCIONADO COSTEIRO-

Tódalas ligas nas nosas foto-montaxes abrindo a nova o completo.

-Axenda dos encontros da 11ª Xornada da 3ª da Costa e a Liga da Costa-

-Un encontro en cada liga na tarde do sábado-

Aquí tes da nosa maneira única e intransferible con foto-montaxes as previas da : 3ª da Costa e a Liga da Costa, das que se xoga un encontro na tarde do sábado en cada liga. Unha mágoa que pase acotío esto e que non se poñan de acordo ambas ligas para repartir os encontros, ou mesmamente as ligas, xogandose moitos máis encontros o sábado e ecuanimemente o Domingo. Non é un sentir só noso, senón que de todos cantos falan connosco e que nos escriben...Abrindo a nova o completo tes as foto-montaxes da duas ligas...


Segue coas foto-montaxes cos encontros e toda a sua información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF : ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR E DO DEPORTIVISMO.
Xoves, 22 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-

Dani Giménez Falou en rolda de prensa.

-Escolma de novas breve do Depor-
-Dani Giménez, Borja Valle, "Cerro del Espino", "Homenaxe a Jimmy"...-

Hoxe pasou por rolda de prensa un dos 5 xogadores do Depor que cando o fan é para decir algo, e deixarse tópicos e de falar decindo moi pouco. Dani Giménez, ten veteranía e ve as cousas que se están a facer ben e mal, e non rehusa falar de nada. Para o meta galego, o equipo fora debe : "A todos os equipos está a custarlle fóra, todos xogamos distinto. Temos capacidade para gañar, quizá temos que atrevernos máis con balón. En Riazor mírasenos con respecto e se veñen de ti a ti non nos botamos atrás. Fóra cústanos máis ter esa paciencia, darlle calma e non convertelo nun partido aberto"...Abre a nova completa para ver o resto da rolda de prensa e máis novas breves.

Segue coa rolda e as novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESCOLMA DE FOTOS DO ENCONTRO SD CAMELLE Vs SD CASTRÍZ DA 10ª XDA DA 3ª DA COSTA 2018-19.
Xoves, 22 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
escolmas de fotos

ESCOLMA DE FOTOS

-3ª da Costa-


              Abrindo a nova completa tes moitas máis fotos do encontro.

-Escolma de fotos do SD Camelle Vs SD Castríz da "3ª da Costa"-

-Máis fotos abrindo a nova completa-

Aquí tes unha reportaxe fotográfica para a lembranza do encontro SD Camelle Vs SD Castríz, correspondente a 10ª Xornada da "3ª Costa 2018/19", (3ª Galicia G2) un encontro xogado o 17 de Novembro do 2018 no "Campo do Rodeiro", (Camelle), dirixido por Juan Marcos Ríos Suárez, que acabou con vitoria empate a dous, (2-2). O final das fotos tes a acta arbitral dixital do encontro con tódolos datos do mesmo. Esta escolma de fotos foi realizada polo noso enviado especial Rubén García.

No enlace direto da dereita da portada da web quedan rexistradas a un so "click", tódalas Escolmas de Fotos que imos colgando na web, para máis facilidade de atopas para os usuarios. Ademáis nas crónicas da xornada durante a tempada poden aparecer máis fotos diste encontro.


Segue con MÁIS FOTOS...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E RESULTADOS DA 3ª Xda DAS LIGAS DE FÚTBOL 8 DA COSTA DE BASE E PREVIA DA 4ª XORNADA.
Xoves, 22 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
-LIGAS DE FÚTBOL 8 DA COSTA-

O Outes CF manda na liga de benxamíns sureña.

-Crónica, resultados da 3ª xornada e previa da 4ª-

-Dumbría e Cee mandan en alevíns e en benxamíns Dumbría e Outes-

Aquí tes o que deron de sí as Ligas de Fútbol 8 da Costa Norte e Sur de Alevíns e Benxamíns, nas que no Grupo Norte de Alevíns manda o CF Dumbría "B", en solitario con 9 puntos, seguido do SD Ponteceso con 3, e o resto de equipos, agás o Xallas FC "B" que non puntuou ainda, levan 3 puntos. No que se refire aos Benxamíns da liga norteña, tamén manda o CF Dumbría en solitario e tamén con 9 puntos de 9 posibles, seguido por un trío con 6 puntos que compoñen : FC Camariñas, Xallas FC "A" e SD Coristanco. No Grupo Sur de Alevíns, cos resultados desta semana, manda o UC Cee "A", con 9 puntos, e ten de colider cos mesmos puntos ao Outes CF, ségueos con 6 puntos o CF Dumbría. No que se refire a liga de Benxamíns sureños, lidera a competición o Outes CF com pleno de vitorias e 9 puntos, seguido dun grupo de 4 equipos que forman o : UC Cee, SCDR Esteirana, ED Os Miúdos "A" e o EFC Carnota, todos eles con 6 puntos. Abre a nova o completo e tes as foto-montaxes cos resultados da 3ª xornada e a previa cos enfrontamentos, datas e horarios da 4ª.


Segue coas foto-montaxes cos resultados e previas da 4ª xda...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓNS PARA O "TORNEO SOLIDARIO MÉTELLE UN GOL O CANCRO", DE FUTSAL MASCULINO E FEMININO.
Xoves, 22 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
-TORNEO SOLIDARIO-

Mabegondo espéravos, para participar diste evento.

-Aberto o prazo de inscrición no torneo solidario "Mételle un gol o concro"-
-Recadación destinada o Centro Oncolóxico de Galicia-

Como cada ano dende o 2000, o CD Mabegondo, que tantas veces seguimos e vos trouxemos as crónicas dos seus encontros, con Bibi Santiso, como cabeza visible, como nosa colabroadora nas informacións, orgañizan un ano máis o torneo "Mételle un gol ó cancro", para os días 28, 29 e 30 de Nadal. Un evento que reune cada ano a dúcias de xogadores, e de famosos, que en torno o balón recadan cartos para axudar na sua laboura ao Centro Oncolóxico de Galicia. Un torneo masculino e feminino, nobre e solidario, para un fin contra un mal que nos toca a todos diretamente, de preto ou de resfilón, pero que por desgraza acaba ca ilusión e a vida de moitas persoas. Este ano escolleuse a modalidade dun torneo de fútbol sala. Para inscribir o teu equipo no susodito torneo terás que realizar un ingreso de 60 €, que como decimos, serán destinados integramente como donación para o Centro Oncolóxico de Galicia, na seguinte conta: Titular da Conta: Club Deportivo Mabegondo. IBAN: ES83 2080 0044 4830 0008 4715. E adxuntarlles o xustificante no formulario formulario, que podedes copiar no enlace : (https://metelleungolocancro.com/inscribete), cos datos do voso clube. Ou senón podedes enviarllo tamén o xustificante ó email (colabora@metelleungolocancro.com). O prazo de inscrición remata o 14 de decembro de 2018. Límite de 12 equipos masculinos e 12 equipos femininos. Abre a información o completo e verás toda a nformación sobre o torneo "Mételle un gol o cancro".

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESTE SÁBADOI 24 DE NOVEMBRO TERÁ LUGAR EN ARTEIXO O "RALLYE SOLIDARIO CÁRTITAS ARTEIXO" QUE TERÁ TRAMOS NOCTURNOS.
Xoves, 22 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Motor
-RALLYE SOLIDARIO-


-Este sábado 24 terá lugar o "Rallye Solidario Cáritas Arteixo"-
-A recaudación para a loita contra a violencia de xénero-

Este vindeiro sábado 24 de Novembro terá lugar na localidade coruñesa de Arteixo o "Rallye Solidario Cáritas de Arteixo", orgañizado pola escudería arteixana, "Club Clásicos Os Brozos", e en colaboración co Concello de Arteixo, Cáritas e varias casas comerciais. Hai apuntados un total de 45 participantes, que tomarán a saida ás 16:00 horas dende o Balneario de Arteixo, como acotío. Terá tramos nocturnos e será solidario, pois cada participante fará unha donación para a loita contra a violencia de xénero. Segundo nos comentan dende a escudería arteixana : "Esta será a proba coa que clausuraremos a tempada dando por finalizado o campionato social de 2018. O particular deste Rallye é que, a diferenza doutros disputados ao longo da tempada, haberá tramos nocturnos onde a destreza dos equipos poderá marcar a diferenza. O evento ten carácter solidario, por cada equipo participante doarase unha porcentaxe a Cáritas; así que vos agradecemos de antemán a vosa cooperación. Así mesmo, aproveitamos a celebración do evento para mostrar o noso apoio en pos da erradicación definitiva da violencia de xénero. Finalizaremos a proba regresando ao concello de Arteixo, onde poderemos gozar da cea de confraternización para rematar coa entrega de trofeos aos mellores clasificados nas diferentes categorías". 

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE CARLOS FERNÁNDEZ E OFERTA DE ABONOS A PREZO DA 2ª VOLTA.
Mércoles, 21 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA  DE PRENSA-

Carlos Fernández recibeu o premio ao mellor xogador de Outubro.

-Carlos Fernández : "Cada semana traballamos para achegarnos máis fóra de casa ao nivel que estamos a dar en Riazor"-
-O Depor oferta carnets o prezo da 2ª volta-

Carlos Fernández,recibeu o premio "Estrella Galicia" ao mellor xogador do mes de Outubro. Atendeu aos medios de comunicación e falou da sua volta a Selección Sub 21, na que tan só xogou 20 minutos nun encontro e 1 minuto no outro. Verdadeiramente un feito que deixa moi pouco que desexar da RFEF, dado que para practicamente non xogar, privou ao seu equipo dun xogador moi importante, beneficiando ao rival, neste caso o UD Almería, oq ue fai que se adultere a competición. Carlos tamén falou do difícil que lles está a ser semellarse xogando a domicilio ao equipo da casa : "Cada partido fóra de casa e dentro é moi complicado. Hai que tentar conseguir os 3 puntos. A maneira tamén é importante porque somos un equipo que tentamos ter unha idea ou un estilo de xogo que todos coñecemos xa"...Abre a nova completa para ver as verbas de Carlos Fernández.

Segue coas verbas de Carlos Fernández e novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
LIGA PREFERENTE GALICIA FSF, (9ª Xda) : "UN GOL DE PAULA FANDIÑO PARA O FISOBER FSF TUMBA AS "RAIÑAS DO EMPATE"
Mércoles, 21 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
LIGA PREFERENTE GALICIA FSF

O gol de Paula Fandiño ademáis de 3 puntos tivo adicatoria.

Fisober FSF 1-0 Couto Ourense FS
-As rapazas da costa derrotan a "Raiña do empate" na categoría-

Sumou unha nova vitoria na casa o Fisober FSF tras derrotar ao Couto Ourense FS, (1-0), que veñen sendo as "Raiñas do empate" da categoría, con 5 igualadas en 9 xornadas, e non lle andivo lonxe o encontro de acabar igual, se non fose por Paula Fandiño que desfacía a igualada para darlle os 3 puntos as fisoberistas...Abrindo a nova completa tes a crónica e a información do encontro da man de Luis Sambad.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
TODO O QUE DEU DE SÍ A 2ª XORNADA DA LIGA DE FÚTBOL SALA DE CARBALLO.
Mércoles, 21 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
40ª LIGA DE FÚTBOL SALA DE CARBALLO
-2ª Xornada-      

O Bar Rosalía, (negro), O Pazo, (verde) é Disocteca Al Lío, líderes.


-Bar Rosalía novo lider por golaveraxe-
-Resultados, clasificacións e información-

Cambio de lider na segunda xornada da Liga Regular de Futsal de Carballo "Discoteca Al Lío", na que o Brasería Carballo/Cervecería Beos, perde o liderado ante o Boa Estrela ante o que caeu por 6-2, nun choque no que o Boa Estrela conseguía golear, a pesares de comezar por detrás no marcador nos primeiros compases do encontro. Este resultado aproveitouno o Bar Rosalía para facerse coa primeira posición tras derrotar ao Cervecería Bombonera que non da atopado o bo xogo, (8-1). Colideran a clasificación cos "rosalianos", o Discoteca Al Lío/Asesoría Afico que derrotou ó Gontad Seguros/Carnicería Eusebio por 3–1, e o Cervecería O Pazo que fixo o propio ante o Interfutsal Deportes San Remo que intentou poñerllo complicado, pero acabarían perdendo por un axustado 6-4. Mala xornada de novo para un Taberna D’Jous /Bar Ginebra que está pagando a falta de experienza, xa que éste é o primeiro ano que participa, e que se atopou de fronte cun Anonymous, que desta vez si puido contar con tódolos seus integrantes. Abre a nova o completo para ver toda a información que nos achega Juan Ferreiro, cos resultados e as clasificacións, xerais e dos trofeos en disputa.

Segue cos resultados e as clasificacións parciais e de trofeos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
RESULTADOS, CLASIFICACIÓNS E FOTOS DA 1ª Xda DAS LIGAS DE BENXAMÍNS E ALEVÍNS DE FÚTBOL SALA "COSTA DA MORTE".
Mércoles, 21 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
LIGAS DE FÚTSAL BASE
-"COSTA DA MORTE"-      

En Muxía xogaron o equipo local, Fisober e Fisterra.


-FSF Villa de Cee e EF As Baleas primeiros líderes-
-Resultados, clasificacións e fotos-

Tal e como vos apuntábamos a pasada semana, comezaba a rodar o balón nas Ligas de Fútbol Sala de Base "Costa da Morte", nas que un total de 19 equipos, (10 en benxamín e 9 en alevín), disputarán a fase regular ata o 29 de Marzal, coa premisa de divertirse, facer deporte, convivencia e tentar poñerse antre os 4 mellores de cada liga para disputar os títulos na Fase Final. Ainda que de maneira anedótica, os primeiros líderes por golaveraxe, son o FSF Villa de Cee na categoría benxamín, e o EF As Baleas na categoría alevín, ambos por golaveraxe...Abre a nova o completo para ver os resultados, as clasificacións que nos fai chegar Fran "Pioto, así como fotos dos enfrontamentos : EDM Muxía-Concello de Fisterra e FSF Dumbría-Concello de Fisterra.

Segue cos resultados, clasificacións e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DO ENCONTRO DO BERGANTIÑOS FEMININO CF NA 10ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G2 NA QUE ACADOU UN EMPATE QUE SOUBO A MOI POUCO.
Martes, 20 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G2
-10ª Xornada-      

O Bergantiños deixou escapar 2 puntos no Municipal de Santiso.


UD Santiso FC 1-1 Bergantiños Feminino CF
-O equipo bergantiñán desperdiciou numerosas ocasións de gol-

Chegaba Bergantiños Feminino CF a esta 10ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, coa moral moi alta tras golear a pasada semana ao Bandeira SD, (8-1), e notouse no seu xogo, máis alegre e creando numerosas ocasións de gol, pero desta volta erraron na puntería e non pasaban dun empate auns, (1-1) ante o UD Santiso FC, que lles sabía a moi pouco...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Gueli Cotelo, adestrador do clube bergantiñán.

Segue coa crónica e a clasificación...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DO ENCONTRO DO ED AS MIÚDAS NA 10ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G3 NO QUE ACADABA UN EMPATE "AGRIDOCE".
Martes, 20 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3
-10ª Xornada-      

Penalti por empuxón non pitado ao ED As Miúdas no minuto 84.

SD Noalla 2-2 ED As Miúdas
-Empate insulso do ED As Miúdas que non perde a 2ª praza-

Non foi bo o encontro do ED As Miúdas na 10ª Xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol G3, pero con todo eso acadaron un empate ante o SD Noalla no "Campo A Lanzada" de Sanxenxo que as manteñen na segunda praza, pero agora cos mesmos pountos cas terceiras, Xuventú Aguiño. Con todo eso o resultado podería ter trocado se o colexiado vise, (ou quixese pitar), o claro penalti que podedes ver na imaxe de Chema Caamaño, que coma sempre nos abastece de estupendas fotos dos encontros das muradanas, o cal agradecemos enormemente...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Fran Figueroa, adestrador do clube muradán e moitas cousas máis.

Segue coa crónica e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

<   12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com