Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

A CRÓNICA : DEPOR 1-1 MÁLAGA : "VER PARA CREER".
Luns, 08 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-A CRÓNICA-

Carlos Fernández marcou o seu primeiro tanto ca camiseta deportivista.

Depor 1-1 Málaga
-"Ver para creer"-

Tralo visto "in situ" no encontro de onte, esperei a ler todo o escrito pola prensa do encontro de onte e vexo que non difiere do que eu vin no terreo de xogo, en tódolos aspectos. Que o Depor foi superior, que foi un monólogo, que un equipo quería e buscaba gañar e o outro "a sua", que o penalti a Carlos Fernández foi clarísimo e por duas veces na mesma xogada, que o gol do Málaga que foi unha xogada aislada, que foi unha sorte non merecida, que foi fora de xogo, ao haber dous xogadores malaguistas a carón de Dani Giménez, que o gol do empate do Depor era pouco premio tralo visto, e que a expulsión de Quique González o tratar de rematar de "chilena", era escandalosa, inxusta, grosera, que sentaba un precedente a hora de prohibir rematar desta maneira, que tiña que ser cartón amarelo por xogo perigoso, etc...Esperemos que o Comité de Disciplina esté a altura e deixe o landce en cartón amarelo, que xa bastante sanción foi cortar o que podía ser a remontada e deixarlle en plata o encontro os visitantes, que estaban a sufrir. A unanimidade é que o Málaga, con moi pouquiño foise cun punto de Riazor e que se amosou coma un lider "antifútbol". De todo esto recollido en medios galegos e españois, estou totalmente dacordo, pero agora xa toca pensar no Elxe o vindeiro venres a partires das 21:00 horas, coas entradas xa a venda cun coste de antre 35 e 10 euros. Abrindo a nova o completo tes o resto da crónica e manifestacións...

Segue coa crónica e máis cousas..

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA, RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS DA 2ª Xda DOS INFANTÍS DA COSTA.
Domingo, 07 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

Resultados da 2ª xornada nos Infantís da Costa.

-Marcáronse 44 goles e houbo un empate sen goles-

-Dumbría, Miúdos, Xallas e Cabana únicos que repiten vitoria-

2ª Xornada da liga de Infantís da Costa, (1ª Infantil G2), na que a pesares de que houbo un empate a ceros, antre UC Cee e Corme CF, (0-0), marcáronse 44 goles, e só os equipos do empate sen goles do San Paio de Refoxos, e o SD Fisterra, non foron quen de materializar ningún gol. O resto de equipos, todos viron porta. Lidera por golaveraxe a competición o CF Dumbría, que xunto con ED Os Miúdos, Xallas FC e Cabana SD, son os únicos que sumaron duas vitorias nas duas xornadas gastadas. Estase a notar o troco xeracional e equipos que o ano pasado tiñan moito rapáz de primeiro ano, están a ter maior protagonisto e o contrario nos que moitos rapaces xa subiron a cadetes.

Debido un problema na nosa base de datos non vos podemos traer as nosas clasificacións, cos resultados e horarios dos encontros, como acotío, ata que rematemos de facer a nova web, polo que volos traeremos dista maneira. Abrindo a nova o completo tes a clasificación e o listado dos máximos goleadores da competición...

Segue cas clasificacións e pichichis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS 4ª Xda DOS XUVENÍS DA COSTA : "O FISTERRA LIDERA EN SOLITARIO CON PLENO DE VITORIAS".
Sábado, 06 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
XUVENÍS DA COSTA
-4ª Xornada-


O Fisterra segue invicto e amosándose un rival difícil de batir.

-41 goles marcados na xornada-

-O Fisterra lidera con 4 vitorias en 4 encontros-

O SD Fisterra lidera a liga de Xuvenís da Costa, tras sumar este sábado a sua 4ª vitoria en 4 encontros, tras derrotar por 4-2 a un Cabana SD que mereceu mellor sorte, pero topouse cun equipo, rochoso e que gañou a partida nas segundas xogadas. Tan só o Corme CF pode igualar aos fisterráns, xa que suma 3 de 3 e descansou esta semana. Tamén quedou sen xogar o Xallas FC, que tiña que xogar co SD Coristanco, que como vos informábamos pola semana deixaba a competición. Marcáronse a frioleira de 41 goles, sendo o resultado máis abultado o 0-9 do ED Os Miúdos ó CD Baio...Segue cas crónica abrindo a nova o completo.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS 7ª Xda DA 3ª DIVISIÓN : VITORIA DO BERGANTIÑOS QUE SEGUE IMPARABLE E DERROTA CON POLÉMICA DO SILVA".
Sábado, 06 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
3ª DIVISIÓN
-7ª Xornada-


O Bergantiños CF segue facendo historia na categoría.

-O Bergantiños derrota ao Vilalbés e segue imparable, (2-1)-

-Derrota do Silva na casa nun choque moi polémico, (0-2)-

Non lle fraquean as pernas ao Bergantiños e saeu moi enchufado ao encontro e pronto se puxo cun craro 2-0 ante o Racíng Vilalbés, con goles de Jorge, (16´) e Rubén Rivera, (21´). Reaccionou o Racing Vilalbés que acurtaba distanzas no 36, para logo pasar a unha segunda metade de moita disputa e loita, pero os puntos quedaríanse nas Eiroas, sumando así os rapaces de Miguel Figueira que seguen a facer historia nesta categoría. Xogou no equipo vilalbés o costeiro, Juan de Dora, que comezaba o encontro no banco e saía na 2ª metade, sustituindo ao seu compañeiro, Ballesteros, (79´). Pola sua banda o SD Silva caia no "A Grela I", por 0-2 ante o UD Ourense, nun choque moi discutido polos do Ventorrillo, que acababan con 2 homes menos polas expulsións de Mauro, (4´e 36´), por dobre cartón e con vermello direto Carlos, (38´), e o delegado do equipo, José Núñez. Encaixaron o 0-1 no minuto 20 por medio de Hugo e mataba o encontro no 90 Alfredo. A pesares de xogar unha hora con 2 menos, e recibir ata 9 cartóns, a loita dos xogadores foi encomiable.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS SABATINOS DA 3ª DA COSTA : "VITORIAS DE NANTÓN E CASTRELO COMO VISITANTES".
Sábado, 06 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-4ª Xornada-


O Corcubión sufreu a primeira derrota na casa.

-Castrelo e Nantón lévanse os puntos dos encontros sabatinos-

-Ambos venceron como visitantes-

Tíñamos na axenda previa só o encontro UD Corcubión-CF Castrelo para a tarde deste sábado, tal e como recollíamos da web da RFGF, pero avisábannos de que tamén xogaba o FS As Baleas-CD Nantón. Ainda que os obviamos sen sabelo, pedimos desculpas por iste erro. Tanto no "Novo Cubaleiro" coma no "Hermanas Patiño" os 3 puntos levábanos os equipos visitantes. O Castrelo derrotaba ao Corcubión por 0-2 e o Nantón levábase os puntos ante o Baleas, por un axustado 0-1. Unha boa nova tralas goleadas acadadas polos camariñáns, que caían por mor dun penalti e que chagaban con 14 xogadores, antre eles o presidente da entidade e adestrador-xogador, Vicentiño, que desta volta non xogaba. Abre a nova completa para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIOUS ROLDA : NATXO GONZÁLEZ : "SEMPRE É IMPORTANTE REDUCIR A DISTANZA CO PRIMEIRO".
Sábado, 06 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-PREVIOUS ROLDA-


Natxo González ve cada vez máis seguro o seu equipo.

-Natxo González : "Sempre é importante que a distancia co primeiro sexa a mínima posible"-

O adestrador deportivista Natxo González falou na rolda de prensa previa ao encontro de mañán Domingo ante o Málaga no "Estadio de Riazor", (18:00 horas), ca arbitraxe do granadino, Isidro Díaz de Mera Escuderos, de 29 anos e pertencente o Colexio Castelán-manchego e que milita na 2ª División dende o 2016. Un encontro no que non poderá xogar o canario Vicente Gómez, por lesión, así coma Fede Cartabia e Dubarbier. Si foi dado de alta o lateral zurdo Diego Caballo. Visita o noso féudo o liderr Málaga CF e Natxo González, ve o como un equipo que : "Ten uns números defensivos que chaman a atención. É un equipo moi fiable, que non pasa nada se non ten o balón. Ten capacidade para telo tamén de mediocampo cara arriba. É moi forte a balón parado. Fixo 3 goles vindo dun saque de banda. É un equipo moi maduro". Aínda que lembra que en xogo están só 3 puntos : "Sempre é importante que a distancia co primeiro sexa a mínima posible. Mañá temos unha oportunidade de que sexa así". Abre a nova completa para ver rolda de prensa previa o enconto.

Segue ca rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
AXENDA DOS ENCONTROS PARA HOXE DO FÚTBOL AFECCIONADO.
Sábado, 06 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
AXENDA DO FÚTBOL AFECCIONADO

O UD Corcubión volve o Novo Cubaleiro onde goleou no anterior encontro.

-4 encontros para hoxe no fútbol afeccionado-

Tan só 4 encontros se xogan hoxe das 5 competicións de fútbol afecionado. Na 3ª División o lider Bergantiños CF xoga esta tarde nas Eiroas, e nesta categoría tamén xoga hoxe o SD Silva. Na Preferente Norte o Xallas FC visita esta tarde ao Puebla CF, sendo o único encontro desta categoría. Non se xoga neste sábado ningún choque na 1ª Galicia G2 nen na Liga da Costa e xógase un encontro na 3ª da Costa, o que enfrontará ao UD Corcubión e o CF Castrelo, quedando para o Domingo o resto de choques. No fútbol de veteranos, como xa sabedes, agora federados, os encontros son sempre na mañán dominical. Abrindo a nova o completo tes os datos dos encontros que se xogan hoxe.


Segue coa previa dos encontros...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
DEPOR ROLDA : "QUIQUE GONZÁLEZ : "EU ESTOU AQUÍ PARA SUMAR E DESEXO SEGUIR ASÍ".
Venres, 05 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR EN ROLDA-

Quique González amosase coma un xogador cos pés na terra.

-Quique González : "Eu estou aquí para sumar e desexo continuar así"-
-Escolma de novas breves-
Quique González foi o que pasou por rolda de prensa antes do adestramento da mañán en Abegondo, e amosouse moi : "Contento a nivel persoal. Mellor imposible. Pero o importante é o colectivo. Eu estou aquí para sumar e desexo continuar así". O xogador rebosa humildade e quítase mérito a pesares de andar nos números dos mellores goleadores da historia do clube deportivista. O vallisoletano, un xogador que o da todo no campo e que sabe estar onde hai que estar a hora de aproveitar os balóns que lle chegan, ben sexa de centros, ou de rexeites, amósase ca testa ben "amoblada" e que ir pasiño a pasiño : "encontro a encontro e sen poñerse máis metas". Ve no Málaga, que visita o Domingo Riazor a partires das 18:00 horas, a un rival complicado, pero conta con seguir co camiño trazado e pensar só que : "O máis importante é que nós esteamos ben. Xogamos en casa, coa nosa xente. Facendo as cousas como facemos ultimamente, sabemos que imos ter as nosas oportunidades" ...Abre a nova completa para ver as verbas do xogador deportivista.

Segue coa rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓNS PARA A "LIGA DE FÚTBOL SALA DE CORME 2018-19".
Venres, 05 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

LIGA DE FÚTBOL SALA DE CORME


             Transportes Cotelo tódolos anos un dos rivais a batir.

-Aberto o prazo de inscricións para a Liga de Fútbol Sala de Corme 2018/19-

Queda aberto o prazo de inscrición de equipos para a "Liga de Fútbol Sala de Corme 2018/19", ata o 31 de Outubro. Esta liga que orgañiza a Asociación Deportiva "Vila de Pondal" e ca que colabora o Concello de Ponteceso, terá como cada ano unha xuntanza informativa no Pavillón Municipal de Corme, no que se celebran os encontros os sábados pola tarde. Esa xuntanza será a partires das 22:00 horas do 2 de Novembro, oito días antes do comezo da competición o 10 do mesmo mes. O tope de equipos que se aceptan é de 24, polo que en caso de exceder esta cifra, irase por riguroso órde de inscrición. As citadas inscricións poderán facerse no teléfono 630 192 986 de luns a venres.


Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESCOLMA DE FOTOS DO SD CAMELLE Vs CF PORTEÑO DA 3ª DA COSTA 2018-19.
Venres, 05 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
escolmas de fotos

ESCOLMA DE FOTOS

-3ª da Costa-


              Abrindo a nova completa tes moitas máis fotos do encontro.

-Escolma de fotos do SD Camelle Vs CF Porteño da "3ª da Costa"-

-Máis fotos abrindo a nova completa-

Aquí tes unha reportaxe fotográfica para a lembranza do encontro SD Camelle Vs CF Porteño, correspondente a 3ª Xornada da "3ª Costa 2018/19", (3ª Galicia G2) un encontro xogado o 29 de Setembro do 2018 no "Rodeiro", (Muxía), dirixido por Pablo Rama Cotelo, que acabou con vitoria dos camelláns por 2-1. O final das fotos tes a ficha técnica do encontro con tódolos datos do mesmo.

No enlace direto da dereita da portada da web quedan rexistradas a un so "click", tódalas Escolmas de Fotos que imos colgando na web, para máis facilidade de atopas para os usuarios. Ademáis nas crónicas da xornada durante a tempada poden aparecer máis fotos diste encontro.


Segue con MÁIS FOTOS...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
ESCOLMA DE FOTOS DO ENCONTRO MUXÍA CF Vs UC CEE DA LIGA DA COSTA 2018-19.
Venres, 05 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
escolmas de fotos

ESCOLMA DE FOTOS

-Liga da Costa-


              Abrindo a nova completa tes moitas máis fotos do encontro.

-Escolma de fotos do Muxía CF Vs UC Cee da "Liga da Costa"-

-Máis fotos abrindo a nova completa-

Aquí tes unha reportaxe fotográfica para a lembranza do encontro Muxía CF Vs UC Cee, correspondente a 2ª Xonada da "Liga da Costa 2018/19", (2ª Galicia G2) un encontro xogado no "Campo d´Arliña", (Muxía), dirixido por Óscar Rey Santos, que acabou con empate a ceros, (0-0). O final das fotos tes a ficha técnica do encontro con tódolos datos do mesmo.

No enlace direto da dereita da portada da web quedan rexistradas a un so "click", tódalas Escolmas de Fotos que imos colgando na web, para máis facilidade de atopas para os usuarios. Ademáis nas crónicas da xornada durante a tempada poden aparecer máis fotos diste encontro.


Segue con MÁIS FOTOS...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
ESCOLMA DE FOTOS DO ENCONTRO DA 3ª DA COSTA 2018-19 XOGADO ANTRE O UD CORCUBIÓN E O SD CAMELLE.
Xoves, 04 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
escolmas de fotos

ESCOLMA DE FOTOS

-3ª da Costa-


              Abrindo a nova completa tes moitas máis fotos do encontro.

-Escolma de fotos do UD Corcubión Vs SD Camelle da "3ª da Costa"-

-Máis fotos abrindo a nova completa-

Aquí tes unha reportaxe fotográfica para a lembranza do encontro UD Corcubión Vs SD Camelle, correspondente a 2ª Xonada da "3ª da Costa 2018/19", un encontro xogado no "Novo Cubaleiro", (Corcubión), dirixido por Carlos Señarís Balsa, que acabou 4-1 para os corcubioneses. O final das fotos tes a ficha técnica do encontro con tódolos datos do mesmo.


No enlace direto da dereita da portada da web quedan rexistradas a un so "click", tódalas Escolmas de Fotos que imos colgando na web, para máis facilidade de atopas para os usuarios. Ademáis nas crónicas da xornada durante a tempada poden aparecer máis fotos diste encontro.


Segue con MÁIS FOTOS...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CALIDADE "MADE IN COSTA DA MORTE" : O CORISTANQUÉS ANGELIÑO CONVOCADO POLAA SELECCIÓN SUB 21.
Xoves, 04 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Histórico
CALIDADE "MADE IN COSTA DA MORTE"

Angeliño recibe unha convocatoria máis ca mercida.

-Angeliño convocado ca Sub 21-
-Un paso máis na carreira do xogador de Coristanco-

José Ángel Esmorís Tasende, máis coñecido como "Angeliño", nacido en Coristanco o 4 de xaneiro de 1997, é un e  que xoga actualmente no PSV Eindhoven foi convocado ca Selección Española Sub-21 que se concentrará, o vindeiro luns 8 de outubro na Cidade do Fútbol de Las Rozas, para preparar os últimos dous encontros da Fase de clasificación da Eurocopa de Italia e San Marino. Moito choveu dende que o víramos por primeira vez no 2007 recén comezada a andar a nosa web e cando chegaba co Escuelas de Fútbol Luis Calvo Sanz de Carballo a un extraordinario torneo celebrado no Campo d´Arliña de Muxía e no que era nomeado co alias de de "O Potro de Carballo" pola sua rapidéz por banda. Fixouse nél o Deportivo, que xogaba neste torneo e contra o que se enfrentara, e xa comezou a liga cos coruñeses, nos que estivo 7 anos ata que o Manchester City o levou. Pasou polos xuvenis dos "citys", e ata debutou co primeiro equipo, ata mandalo o filial americano, New York City, no que coincideu co ex deportivista Pablo Álvarez, e con goleador español, David Villa, antre outras lendas que acabaron a carreira no "circo" americano. Voltou e non tivo sitio no equipo inglés, e emigrou, como xa fixera antes ao Girona, Mallorca e Breda, este último no que despuntou e deu o paso ao PSV Eindhoven, no que xa leva 7 encontros e 630 minutos xogados, sendo un dos fixos. Tras xogar na Selección Sub 20, un encontro no 2013, para tamén debutar no 2016 na Selección Galega en Riazor, ante Venezuela, (1-1), agora chégalle a citación para dous encontros na Sub 21 e con moitas opcións de ir o Europeo de Italia e San Marino. Dende www.piratasdemuxia.es non podemos máis ca estar ledos dista convocatoria e o recoñecemento a un extraordinario xogador costeiro, o cal lle desexamos a maior das sortes e o noso desexo de velo algún día volte a correr a banda de Riazor de novo, no Deportivo.


Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
TRAS MOITA LOITA...ESTAMOS DE VOLTA EN WWW.PIRATASDEMUXIA.ES, (RESUMO DESTES DÍAS NO NOSO DEPORTE).
Xoves, 04 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Pirata-News
LOITANDO CONTRA OS PROBLEMAS


-Foron 9 días de "loita" por voltar a normalidade-
-Gracias aos centos de mensaxes que recibimos de preocupación-

Todo comezou o pasado 25 de Setembro cuns traballos de mantemento na web. Unha caida do servidor e a desaparición ao reactivar todo, de arquivos na base de datos. Falta de axuda e desinformación por parte do servidor, e un árduo traballo para tratar de recuperar o perdido. Por poñer un exemplo, desapareceran os milleiros de fotos publicadas nos máis de 11 anos da web. Por fin tras 9 días de traballo, conseguimos recuperar a maioría do perdido, e tratando de recuperar o 10% da web. Estamos a traballar nunha nova e máis moderna, pero ainda é un traballo de moito tempo. Agora xa de volta, nada máis que agradecer os centos de mensaxes que recibinos preocupándose, pois ata pensaban que nos pasara algo grave. Esta caida da web cortou o mellor mes de Setembro dende 2007, un mes no que non baixamos das 23.000 visitas ningún día, pero o importante é que estamos de volta. Foron 9 días nos que nos demos conta da grande cantidade de información que vos traemos, por ver todo canto non puidemos poñer, que nos mandaron, xogadores, adestradores, diretivos, afeccionados, clubes, etc...Aquí tedes un pequeno resumo do que pasou nestes 9 días nas diferentes categorías que levamos...Abre a nova ao completo para ver todo.


Segue co resumo da semana...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
PROBLEMAS NA WEB...
Martes, 02 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Pirata-News



ESTAMOS CON PROBLEMAS

Por mor dun problema co servidor cando estábamos con operacións de mantemento da web, borráronsenos varios arquivos da base de datos, que impiden que traballemos con normalidade, polo que vos pedimos dispculpas a espera de que nos sexa arranxado o problema e poder traervos de novo toda a información .

Disculpas, unha aperta e gracias.


 
CRÓNICAS DA 4ª XORNADA DA 1ª GALICIA G2 : "SÓ O BAIO ACADA OS 3 PUNTOS, CUN EMPATE DO FISTERRA E DERROTAS DE DUMBRÍA, ESTEIRANA E SONEIRA.
Luns, 24 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª Galicia G2
-4ª Xornada-


Os integrantes do CD Baio animaron o compañeiro lesionado Fachal.

-O CD Baio o único que saca os 3 puntos-

-Empate do Fisterra e errotas de Soneira, Esteirana e Dumbría-

 4ª Xornada  que volveu a se mala para a amioría dos "nosos" na 1ª Galicia G2. Dos 4 representantes da Costa o único que sacou os 3 puntos foi o CD Baio que derrotaba ao SD Piloño, que chegaba como segundo ao "Platas Reinoso", (2-1), unha vitoria que puido ser moito máis folgada. Sumou un punto o SD Fisterra ante o Tordoia CF do "oleiro", Dani Calvete, que na xornada inaugural tamén sacara 1 punto ante a Esteirana. Unha SCD Esteirana que caía pola mínima ante o Chaián CF, (0-1). Tamén caía derrotado e por goleada o SD Soneira, na sua visita ao Flavia SD, (3-0), un dos candidatos a todo. Pola sua banda o CF Dumbría cae empicado e sufría unha nova derrota, segunda cponsecutiva e 3ª en 4 encontros. Desta volta foi ante o UD Val do Ulla, (4-2), e que trala vitoria do UD Bastavales, que ainda non sumara, deixa aos dumbrieses colistas en solitario cun só punto. Abre a nova o completo para ver as crónicas dos encontros.


Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS DA 2ª Xda DA 3ª DA COSTA : "O CD NANTÓN LIDER EN SOLITARIO".
Luns, 24 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-1ª Xornada-


Valioso empate o colleitado polo SD Coristanco na Ponte do Porto.

-CD Nantón lider en solitario, único que repiteu vitoria-

-Marcáronse 28 goles...1 menos ca na xornada inaugural-

2ª Xornada da 3ª da Costa 2018/19, na que se marcou un gol menos ca na 1ª xornada e na que o EF As Baleas volveu a caer goleado, desta vez ante o Cabana SD, (8-0), que xogaba o seu primeiro choque ao haber descansado a pasada xornada, (nesta descansou o Camariñas). O debutante EF As Baleas xa suma 20 goles en contra en dous encontros, sufrindo a falla de efectivos, en especial por lesión, e tendo que aliñar a un meta cadete baixo paus. O lider nesta segunda tirada da liga é o CD Nantón, que era o único que conseguía suma de 3 de forma consecutiva, tras derrotar por 1-3 ao SD Laxe, nun duelo antre dous dos chamados a estar arriba. O SD Coristanco que na primeira xornada goleaba ao UD Corcubión, (7-0), desta volta sacaba un empate ante outro dos equiupos chamados a loitar por todo, o Porteño CF e o Outes CF víase sorprendido polo Castrelo CF, (2-3), que segue coas boas sensacións cas que acabou a pasada tempada. Pola sua banda o UD Corcubión sacábase o pasado sábbado a espiña do 7-0 en Coristanco, derrotando por 4-1 ao SD Camelle, cun "enorme" encontro de Iago Lema, que fixo un "Hat-trick" e que levou o seu equipo en volandas. Tedes a crónica deste encontro en portada e no enlace direto da dereita da portada da web, (Fútbol da Costa). Un encontro do que vos achegaremos unha escolma de fotos, pola semana... Abre a nova o completo para ver as crónicas dos encontros.


Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 2ª Xda DA LIGA DA COSTA . "SÓ ZAS, MAZARICOS, PONTECESO, CORME E BAIÑAS REPITEN VITORIA".
Luns, 24 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-2ª Xornada-


O Muxía CF e o UC Cee empataron sen goles na Arliña.

-Sporting Zas e Mazaricos "arroian" a Ameixenda e Lira-

-Zas, Mazaricos, Corme, Baiñas e Ponteceso repiten vitoria-

2ª Xornada da Liga da Costa 2018/19, e ainda que tan só se marcaron 24 goles, (3 por encontro), lonxe dos 31 da primeira xornada, o Sporting Zas e o CF Mazaricos, marcaban 10 deses 24 goles, gañando os seus encontros por 0-5 ante SD Ameixenda e CF Lira respectivamente. No Muxía CF-UC Cee, non se puido celebrar ningún gol e tan só o Sporting Zas, (lider por golaveraxe), Corme CF, SD Ponteceso, e CD Baiñas, repetiron vitoria por segunda xornada consecutiva. Tras unha mañán solleira plena, pola tarde ca virazón a nordés, trouxo borraxeiras espesas na zona norte, en especil en Corme, onde non se vía dunha porta a outra. Canto máis para o sur, a tarde seguíu sendo solleira. Abre a nova o completo para ver as crónicas dos encontros.


Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE NATXO GONZÁLEZ PREVIA AO ENCONTRO.
Luns, 24 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-PREVIOUS ROLDA-


Natxo González amosouse contento de adestrar en Riazor.

-Natxo González : "O noso campo ten que servirnos como reforzo"-

O adestrador deportivista Natxo González falou na rolda de prensa previa ao encontro de hoxe luns 24 de Setembro ante o Granada no "Estadio de Riazor", (21:00 horas), ca arbitraxe do granadino, Álvaro Moreno Aragón, de 28 anos e pertencente o Colexio Madrileño e que milita na 2ª División dende o pasado ano 2017. Un encontro no que poderá xogaá "non pasa nada estraño", como dí o adestrador deportivista, Saúl, ocupará a banda esquerda, tralas lesións de Dubarbier e Diego Caballo. Por outra banda, tanto o adestrador deportivista coma os xogadores amosáronse contentos de haber adestrado en Riazor. Abre a nova completa para ver rolda de prensa pevia o enconto.

Segue ca rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
LIGA PREFERENTE GALICIA FS, (2ª Xda) : O VIAXES AMARELLE FSF "B" LÉVASE O "DERBI CORUÑÉS" ANTE O FISOBER FSF, (0-2).
Domingo, 23 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
LIGA PREFERENTE GALICIA
-2ª Xornada-      


O Viaxes Amarelle "B" derrotou ao Fisober FSF a domicilio.

Fisober FSF 0-2 Viaxes Amarelle FSF "B"
-O filial do Viaxes Amarelle FSF lévase o derbi coruñés-

Vitoria do filial do Viaxes Amarelle FSF na Liga Preferente Galicia, ante o Fisober FSF por 0-2 con goles de María Sequeiros, (26´) e Mónica, (36´), no Pavillón Municipal do Conco, (Dumbría), nun choque no que comezaron mandando as herculinas, e no que pouco a pouco foise facendo co dominio o equipo da Costa da Morte, para que novamente fosens as "viaxeiras" as que tomasen o dominio do encontro. Levouse pois o Viaxes Amarelle "B" o "derbi das nosas" e por conseguinte o "derbi coruñés".

Por outra banda comentar no que se refire ao Viaxes Amarelle FSF da 1ª División, xogaba o derradeiro amigable de pretempada no que deixaba moi bos sensacións a pesares de caer por 1-2 ante o Ourense Envialia....Abre a nova o completo e tes a crónica o completo do Fisober-Viaxes Amarelle "B".

Segue coa crónica ...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 

<   12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com