Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

PREVIA DA 5ª XORNADA DA LIGA DA COSTA.
Sábado, 13 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

Neste mesmo artigo poñeremos os resultados tralos encontros

-Previa da 6ª xornada da Liga da Costa-

-Tódolos encontros mañán Domingo-

Aquí tes a previa con tódolos encontros e horarios da 5ª Xornada da Liga da Costa na que os 3 que suman 12 puntos e van da man no alto da táboa con pleno de vitorias. O CF Mazaricos que lidera a clasificación por golaveraxe, visita ao UD Monte Louro e o SD Ponteceso a un CD Baiñas, que comezou forte e que se desinflou e precisa dar un golpe enriba da mesa, este é un dos grandes encontros da xornada, xunto co que enfronta ao terceiro dos "plenistas" o Corme CF que visita ao Muxía CF, no "encontroda xornada", que pon en liza a dous dos equipos chamados a todo, o final do campionato...Tralos choques, neste mesmo artigo poñeremos na foto de arriba os resultados.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DA 5ª XORNADA DA 3ª DA COSTA.
Sábado, 13 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

Neste mesmo artigo poñeremos os resultados tralos encontros

-Previa da 5ª xornada da 3ª da Costa-

-Tódolos encontros mañán Domingo-

Aquí tes a previa con tódolos encontros e horarios da 5ª Xornada da 3ª da Costa na que o lider Castrelo CF xogará o Domingo a partires das 19:00 horas, en troques de facelo coma normalmente cando xoga como local, que o fai os sábados. Pola sua banda o SD Camelle que normalmente xoga tamén os sábados, voltar á a xogar no "Rodeiro", (Camelle), o Domingo pola mañán, (12:30 horas), como xa o fixera no primeiro encontro como loca, ante o Sporting Seaia...Tralos choques, neste mesmo artigo poñeremos na foto de arriba os resultados.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
A CRÓNICA : DEPOR 4-0 ELXE CF : ·NOITE DE PALMAS E FESTA EN RIAZOR".
Sábado, 13 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-A CRÓNICA-


Carlos Fernández levouseo balón firmado polos compañeiros.

Depor 4-0 Elche CF

-Noite de palmas e festa en Riazor-

Xa facía tempo que non se vívía unha noite así no Estadio de Riazor. Unha noite de palmas e festa. Tantó é así que xa facía tempo que non se escoitaban o "Miudiño", o "Vivir na Coruña que bonito é", ou o "Que bote Riazor", pero desta volta, o equipo e en especial Carlos Fernández conseguiron que a afección disfrutara, e coidado, que o Elxe saeu a defender forte e buscou a porta deportivista. Ante un equipo ca loita como seña de identidade, o Depor imprimeu un ritmo alto e consigueu pechar o equipo ilicitano no seu campo, pero con falta de remate, só Carlos Fernández e Pablo Marí con disparos defora do área, puideron abrir o marcador. Xa na segunda e tralo gol do rapáz sevillano nun saque de curruncho botado por Krohn-Delhi, conseguiron que o equipo ilicitano, non tivese outra que abrirse, e puido empatar nun erro na entrega de Carles Gil a Dani Giménez, pero o meta deportivista estivo extraordinario evitando o gol en duas ocasións. Puido abrir fenda Carles Gil, pero o seu disparo colocado saeu alto por moi pouco, tras unha boa xogada d eqipo. Non tardou en vir o segundo de Carlos Fernández, un pase estupendo de Edu Expósito, o dianteiro sevillano vaise de dous e remata seco o primeiro pau, golazo e festa en Riazor, que creceu e rebentou coma unha bomba de palenque, cando pouco despois, un pase atrás o porteiro dun xogador do Elxe, José Juan rebala e Carlos Fernández que ía a encimar, marca a porta valeira. Festa total en Riazor, que Borja Valle que entraba por Chrístian Santos, (que tivo unha boa ocasión de gol), se encargou de seguir animndo cun gol tras un bo pase de Carles Gil. Puido marcar outro o retornado Borja Valle, pero a bocaxarro, antre José Juan e o longueiro, evitron o quinto. Segue a crónica eas manifestacións do técnico e xogadores abrindo a nova completa.

Segue ca crónica eas manifestacións do encontro...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIOUS ROLDA : ROLDA DE PRENSA PREVIA AO DEPOR Vs ELXE.
Venres, 12 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-PREVIOUS ROLDA-


Natxo González espera un rival moi complicado.

-Natxo González : "Todo pasa por ter esa regularidade en casa"-

O adestrador deportivista Natxo González falou na rolda de prensa previa ao encontro de hoxe venres ante o Elxe no "Estadio de Riazor", (21:00 horas), ca arbitraxe do ciudarealense, Valentín Pizarro Gómez, de 49 anos e pertencente o Colexio Madrileño e que milita na 2ª División dende o 2014. Un encontro no que volven o canario Vicente Gómez, e o ponferradense Borja Valle... Abre a nova completa para ver rolda de prensa previa o enconto.

Segue ca rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O BERGANTIÑOS CF CELEBROU POR TODO O ALTO A CONSECUCIÓN DA COPA FEDERACIÓN.
Venres, 12 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
COPA RFEF
-Gran Final-


O Bergantiños comezou a celebrar o título no campo.

Foto : Luis Calvo Sanz.

-O -Bergantiños CF celebrou por todo o alto a Copa Federación

-Os carballeses superaron o Ribadumia nos penaltis-

O Bergantiños CF celebrou por todo o alto a consecución da Copa Federación tras vencer ao Ribadumia no San Lázaro de Santiago, na tanda de penaltis. O meta Bugy, despois do mal que o pasou fai uns meses por temas de saúde, puido disfrutar, sendo o heroe do encontro, pois nun encontro no que o tempo de xogo acabaron 1-1 e o meta carballés, parou un penalti xusto despois de que o seu compañeiro Ekedi puxera o empate de penalti. Na prórroga o resultado final era de 2-2, polo que se foi a quenda de penaltis, na que Bugy só encaixou 2 goles. O equipo celebrou a consecución da Copa ata altas horas da madrugada.

Dende www.piratasdemuxia.es a nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Bergantiños CF : xogadores, técnicos, axudantes do clube, diretivos e como non...os afeccionados.

Goles : 0-1, Hugo Soto, (32´); 1-1, Ekedi, (59´de penalti)
Prórroga : 2-1, Cañizares, (95´); 2-2, Pablo Deben, (112´)
Penaltis : 1-0, Rubén Rivera; 2-0, Jorge Saez; 3-0, Jorge Cano; 3-1, Hugo Soto; 3-2, Manuel Bugallo.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DA 5ª XORNADA DOS XUVENÍS DA COSTA.
Venres, 12 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
XUVENÍS DA COSTA
-5ª Xornada-


Neste mesmo artigo poñeremos os resultados tralos encontros

-Previa da 5ª xornada dos Xuvenís da Costa-

-Encontros interesantes-

Durante a mañán e a tarde do sábado xóganse tódolos encontros da liga de Xuvenís da Costa, na que hai un encontro que sobresae sobre o resto i é o que enfrontará ao lider, SD Fisterra contra o segundo clasificado o ED Os Miúdos, na casa diste último e ca arbitraxe de José Manuel Noya. Tamén temos un derbi "roncudopondaliano", que enfronta ao SD Ponteceso i o Corme CF, Un choque no que o actual campión tratará de sumar de 3 para seguir con pleno de vitorias, namentras que o equipo pontecesán tratará de sumar os primeiros puntos do campionato. Os cormeláns descansaron a pasada xornada e a consecuencia foi a pérdida do liderato. Este encontro estará dirixido por Pablo Rama, todo un colexiado da 3ª División ...Tralos choques, neste mesmo artigo poñeremos na foto de arriba os resultados.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O COMITÉ DE COMPETICIÓN SENTA UN PRECEDENTE COA SANCIÓN A QUIQUE GONZÁLEZ.
Xoves, 11 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Lance da chilenacon xogo perigoso de Quique González.

-A sanción a Quique González senta un precedente-

O Comité de Competición, por non quitarlle a razón a un nefasto árbitro, nunha decisión inxusta e incomprensible sancionou a Quique González cun encontro de suspensión pola xogada do remate de chilena no encontro ante o Málaga do pasado Domingo. O atoparse un defensa rival a seu carón e este encimar o dianteiro deportivista, este no remate dalle o central. Xogo perigoso de toda a vida e cartón amarelo, toda a vida, agás nesta ocasió, que se xa sorprendeu a todo o Estadio de Riazor o cartón vermello direto, algo nunca visto no fútbol profesional europeo, nun lance deste tipo, non deixa de sorprender que se lle sancione cun econtro de suspensión, polo que sentan con ista sentenza un precedente, pero a pregunta que se fai todo o mundo e quexa se sabe a contestación : sacaríanlle cartón vermello a Luis Suárez, Messi, Sergio Ramos, Benzema, etc...por un remate de chilena con falta?...

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS 4ª Xda DAS LIGAS FEDERADAS DE VETERANOS DA COSTA E PREVIA 5ª XORNADA.
Mércoles, 10 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
VETERANOS DA COSTA


O Xornes FC derrotou o CF Mazaricos no Xaviña de Buño.

-División de Honra : "San Lorenzo manda en solitario"-

-1ª Galicia : "Xornes FC lidera a liga tras derrotar a Mazaricos"-

Cuarta xornada disputada tanto na División de Honra de Veteranos Costa da Morte, como na 1ª Galicia Veteranos G1 Costa da Morte e xa se van perfilando os equipos na táboa clasificatoria. Na División de Honra o San Lorenzo que derrotaba esta semana ao Cabana SD pola mínima, (1-0); suma a sua cuarta vitoria en 4 encontros, sendo o único que fai pleno. Séguelle na táboa o ADC Veteranos Ponteceso, que esta semana derrotaba a domicilio ao CD Nantón, (0-3)...No que se refiere  a 1ª Galicia, existe maior igualdade pero manda na táboa o Xornes FC, que derrotaba ao 3-1 ao CF Mazaricos de Veteranos, (3-1), desbancándoo da primeira praza que é agora dos de San Xoan de Xornes en solitario con 9 puntos, e seguido de Fisterra, Sofán, Razo, Leiloio e San Román, por iste órde e todos con 7. Abre a nova o completo para ver máis.

Segue coa información..

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR RLDA : DAVID SIMÓN : "TRABALLAMOS TODOS MOI BEN E HAI MOITA MARXE DE MELLORA".
Martes, 09 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


David Simón ve moita marxe de mellora no equipo.

-David Simón : "Todo o equipo está a traballar moi ben"-

Pasou por rolda de prensa o canario, David Simón que segue a ser unha das sorpresas diste Depor, que cada vez xoga mellor e que se vai facendo dono dos encontros, sen enrrugarse cando se lle poñen por diante, incluso co árbitro en contra, como se puido ver este pasado Domingo. O lateral canario, falou da inxustiza da expulsión de Quique González e o desexo de que o Comité sexa coerente e lle quite o cartón vermello. Falou do marxe de mello do equipo que él cre que ainda : "e moito o marxe de mellora. Está todo equipo a traballar ben. Ainda non tocou teito este equipo". Amosou unha vez máis a sua ledicia por estar no Depor, e que o : "Estadio de Riazor é un campo dos que hai poucos coma él no fútbol español, no que respecta o campo e a afección"... Abre a nova o completo para ver a rolda de prensa completa.

Segue ca rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
VITORIA A DOMICILIO DOS EQUIPOS DO VIAXES AMARELLE FSF NA PREFERENTE GALICIA E NA 1ª GALICIA.
Martes, 09 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
VIAXES AMARELLE FSF
-Base-

O Amarelle Santa Comba derrotou ao Troula a domicilio.

-Vitorias dos dous equipos de base do Viaxes Amarelle FSF-
-Crónicas dos encontros-

Tanto o Viaxes Amarelle FSF "B" que milita na Liga Preferente Galicia, como o Amarelle Concello Santa Comba que milita na 1ª Galicia Feminina, acadaron sendas vitorias a domicilio. As "preferentes" derrotaban ao FC Meigas, (1-3), na mentras que as da 1ª Galicia derrotaban ao Troula Betanzos FSF, (1-2). Abrindo a nova completa tes as crónicas dos dous encontros da man do noso colaborador e xefe de prensa do Viaxes Amarelle FSF, José Núñez.

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DOS EQUIPOS DO FISOBER FSF DA PREFERENTE GALICIA, PRIMEIRA GALICIA E LIGA GALEGA INFANTIL : "UN EMPATE, UNHA DERROTA E UNHA VITORIA".
Martes, 09 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
FISOBER FSF
O equipo senior mereceu a vitoria ante o Celanova.

-Empate do Senior, derrota do Cadete e vitoria do Infantil-
-Crónicas dos encontros dos 3 equipos do Fisober FSF-

Empate do Fisober FSF na Liga Preferente Galicia, ante o Celanova un choque emocionante non apto para cardíaos e no que só a mala sorte dun gol en propia porta impideu que as da Costa da Morte se levasen os 3 puntos, pois acabarían empatando 5-5 tras chegar o treito final gañando 5-3. Pola sua banda o equipo cadete da Primeira Galicia, caía goleado ante un "veterano" Academia Red Blue 5 Coruña, (7-0). A vitoria foi para as nenas do Fisober Infantil, que milita na Liga Galega Infantil e que derrotaba por 6-2 ao Comarcal a Fervenza Infantil. Abrindo a nova completa tes as crónicas dos 3 encontros da man do noso colaborador e xefe de prensa do Fisober FSF, Luis Sambad.

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E RESULTADOS DA 2ª Xda DA LIGA DA COSTA DE CADETES 2018-19 : "SÓ OUTES E SPORTING SEAIA VOLVEN A SUMAR DE 3".
Martes, 09 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base


Resultados da 2ª xornada nos Infantís da Costa.

-Marcáronse 32 goles e só 2 equipos non viron porta-

-Tan só Outes e Sporting Seaia repiten vitoria-

-Convocatoria da Selección da Costa Sub 15 para un adestramento-

2ª Xornada da liga de Cadetes da Costa, (1ª Infantil G2), na que tan só o Outes CF e o Sporting Seaia CF repetiron vitoria con nesta segunda tirada da liga. Outro que pode seguir con pleno de vitorias é o UC Cee que descansaba nesta xornada e que ten un trunfo do encontro inicial. Pola sua banda o Corme CF que descansara na primeira xornada, caía ante o Outes CF, (1-4). Meritorio inicio de liga para o Sporting Seaia CF que non só e debutante na categoría, senón que é a primeira vez que ten equipo de base o clube da parroquia malpicana e que vencía por 2-3 no derbi ante o veciño UD Cerqueda, que tamén está a crecer no fútbol base de maneira meritoria. Abrindo a nova o completo tes a clasificación e o listado dos máximos goleadores da competición...Tamén podes ver a convocatoria da Selección da Costa Sub 15 para un adestramento mañán mércores no Municipal de Vimianzo.

Segue cas clasificacións, pichichis e convocatoria selección...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
2ª DIVISIÓN FEMININA DE FÚTBOL G2, (4ª Xda) : "UNHA MALA 1ª METADE CONDENA O BERGANTIÑOS FEMININO CF A UNHA GOLEADA EN SANTIAGO".
Martes, 09 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G2
-4ª Xornada-      


As bergantiñanas caeron en Santiago nun mal encontro.


Victoria FC 5-2 Bergantiños Feminino CF
-Unha mala primeira metade condenou o Bergantiños-

Unha primeira metade para esquecer nesta 4ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, do Bergantiños Feminino CF en Santiago ante o Victoria FC, fixo que o encontro na segunda fose un mero trámite. As rapazas carballesas íanse aos vestiarios cun craro 5-0 e a pesres de que se recompuxeron nos segundos 45 minutos, a distanza era insalbable...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Gueli Cotelo, adestrador do clube bergantiñán.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3, (4ª Xda) : "VITORIA DO ED AS MIÚDAS ANTE UN DOS FORTES DA CATEGORÍA".
Martes, 09 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G3
-4ª Xornada-      


As Miúdas golean a un dos fortes da categoría.

ED As Miúdas 4-0 Xuventú Aguiño SD
-Vitoria para as muradanas que igualan o seu rival deste encontro-

4ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, e o ED As Miúdas golea ao Xuventú de Aguiño, cunha Bárbara, que estivo como dí o seu nome e fixo un "Hat-trick" para situarse con 5 goles na táboa de goleadoras, e ver como o seu equipo segue cun excelente inicio de campaña con 3 vitorias e unha derrota, situadas na 4ª praza con 9 puntos os mesmos cas terceiras, e rivais deste encontro e a 3 do EMF Concello de Boiro e SD Chispa, que suman as 4 xornadas con vitoria...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontroque nos trae Fran Figueroa, adestrador do clube muradán.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREFERENTE NORTE, (7ª Xda) : DERROTA DA SD SOFÁN EN SARRIA ONDE MERECEU ELLOR SORTE".
Martes, 09 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
PREFERENTE NORTE
-7ª Xornada-


O SD Sofán mereceu a lo menos o empate en Sarria.

SD Sarriana 2-0 SD Sofán

-Mereceu máis o equipo sofanista ante un dos "cocos"-

Caeu o SD Sofán nesta a 7ª xornada da Preferente Norte ante o SD Sarriana que camiña da man co CF Noia na segunda praza con 19 puntos a 2 do lider CD As Pontes. Os sofanistas, que nunha primeira metade insulsa vía como lles birlaban unha pena máxima sobre Fabián a 2 minutos do final da primeira metade, tiñan nas botas do propio Fabian nada máis reanudarse o xogo unha ocasión inmellorable, pero este erraba no "man a man" co meta local Ayoub. Non aproveitou a sua o clube carballés, e nunha contra poñía por diante o clube lugués. Non reaccionou o gol o equipo de Iván Cancela e dez minutos despois sufría o segundo, ante un equipo local que non estaba a facer méritos para tanto. Puido meterse de cheo o clube "branquivermello", pero un disparo de Juanjo era repelido pola madeira.

Sarriana SD : Ayoub, Mecos, (Joao 60´), Álvaro, (Manu 80´), Edgar, Almeida, (Luisma 46´), Núñez, Marzán, Rubén Díaz, Quiroguita, Josito e Mauro, (Omar 75´).

S.D. Sofán : Javi Rumbo, Sera, Pablo, Antonio, Rubén, Canedo, Eibe, (Juanjo 73´), Fabián, Camilo, Alexandre (Jonathan 67´), e Raúl, (Quintela 60´).

Goles: 1-0, Quiroguita, (65´); 2-0, Luisma, (76´).

Árbitro : Daniel Hernández, asistido nas bandas por Vanesa Abadín e Borja Cardoso.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DA 6ª XORNADA DA 1ª GALICIA G2 : "O DUMBRÍA DESTÁPASE NO DERBI GOLEANDO O ESTEIRANA".
Luns, 08 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-6ª Xornada-


A expulsión de Xandro aos 2 minutos de xogo condicionou o derbi costeiro.

-Goleada do Dumbría a domicilio no derbi costeiro ante a Esteirana-

-Vitoria do Fisterra e derrotas do Soneira e Baio-

6ª xornada da 3ª da Costa na que tíñamos un derbi costeiro antre dous equipos moi necesitados, o SCDR Esteirana e o CF Dumbría. Todo apuntaba a moito respeto e moita igualdade, pero a expulsión do meta dos esteiráns, Alexandro aos 2 minutos de xogo, condicionou o encontro. Un choque no que o camariñán, Yuyo, soubo nadar a pracer facendo 4 dos goles do seu equipo no definitivo 1-6. Queda tocado o equipo das Salinas, ao igual que o SD Soneira que caía no seu féudo ante o Tordoia CF do "oleiro", Dani Calvete, (1-2), que deixa aos vimianceses como colistas cun punto por debaixo dos esteiráns que os preceden. Por último o CD Baio caía na sua visita ao Val do Ulla, (3-2), nun choque no que puido traerse a lo menos un punto. Sumou en positivo o SD Fisterra, que cada día vai xogando mellor e que derrotaba por 3-0 ao CD Unión. Abre a nova o completo para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 4ª Xda DA LIGA DA COSTA . "MAZARICOS, PONTECESO E CORME SEGUEN XOGANDO AO PLENO".
Luns, 08 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-4ª Xornada-


Manu Nogueira, (Muxía CF) sumou a sua cuarta diana.

-Mazaricos, Ponteceso e Corme, os únicos que suman de 3 en 3-

-Marcáronse tan só 27 goles nesta xornada-

 4ª xornada da Liga da Costa na que o CF Mazaricos, (lider por golaveraxe), SD Ponteceso e Corme CF, son os unicos que suman unha nova vitoria e xa van 4 nas 4 xornadas disputadas. Pola sua banda o Muxía CF, que aproveita a derrota do CD Baiñas en terras cormelás, (4-2), e a do Sporting Zas a mans do equipo mazariquense, (0-3), para encaramarse con 10 puntos a dous do grupo de cabeza. Sumaron a sua primeira vitoria o SD San Lorenzo que derrotaba a domicilio ao CF Lira, (2-4), e que segue sen puntuar e decir que o resultado foi demasiado abultado para o visto no campo, e o SD Buño, que tiña debutante no banco a Adrián Bardanca e que derrotaba ao CD Muros por 1-2. Abre a nova completa para ver as crónicas e moito máis.

Mandarlle moitos ánimos ao adestrador do Corme CF, Ángel Pérez que non puido dirixir ó seu equipo polo pasamento dun familiar, (D.E.P.)...Tamén desexarlle unha pronta recuperación ao xogador do UC Cee, Chema, que tiña que ser trasladado en ambulancia ao PAC de Ponteceso, tras un golpe no encontro do seu equipo cos pontecesáns.

Segue cas crónicas e outros datos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 4ª Xda DA 3ª DA COSTA 2018-19 : "CASTRELO LIDER EN SOLITARIO".
Luns, 08 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-4ª Xornada-


O camellán "Wii" deulle o primeiro trunfo ao CF Porteño.

-CF Castrelo lider en solitario-

-Marcáronse tan só 16 goles, 7 deles nun encontro-

Disputouse a 4ª xornada da 3ª da Costa na que a vitoria do CF Castrelo o pasado sábado ante o UD Corcubión, (0-2), e a derrota do SD Castríz pola mínima ante o CF Porteño, (1-0), deixan ao equipo vimiancés como lider en solitario con 10 puntos. Primeira vitoria dos da Ponte do Porto, ao igual ca do Camariñas, que derrotaba a domicilio ao Sporting Seaia, (1-3), que xunto co FS As Baleas, segue sen puntuar. O SD Laxe encarámase a parte alta tras derrotar ao SD Camelle, (0-2), ao igual có SD Coristanco, tras golear a domicilio ao Cabana SD, (1-6). Marcáronse tan só 16 goles, unha cifra moi cativa e máis tendo en conta que nun dos encontro o que enfrontaba a cabaneses e coristanqueses, víronse 7 goles.  Os encontros do sábado telos na portada da web ou no enlace direto da dereita da web de "Fútbol da Costa". Por un problema na base de datos seguimos cas clasifiacións "out", polo que resultados e clasifiacións irán nas crónicas. Horarios e enfrontamentos de cada xornada irán no artigo semanal da previa.


Mandarlle moitos ánimos ao xogador do Cabana SD, Alberto que recaeu da lesión que tivera do xeonllo e tras unha primeira exploración parece que ten de novo roto o ligamento do xeonllo. Esperemos que en próximas probas sexa menos co que se augura e que se recupere o mellor e máis satisfactoriamente posible...Abre a nova completa para ver as crónicas e moito máis.

Segue cas crónicas e outros datos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
RESULTADOS 4ª Xda DA 3ª DA COSTA 2018-19.
Luns, 08 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa


-Crónicas e resultados 4ª xornada-

Estamos traballando nas crónicas da xornada, a espera de que nos vaian chegando os comentarios dos adestradores e colaboradores ca sua visión dos encontros.Tan pronto completemos os comentarios pasarémolos a web. O que si tedes dende o sábado nada máis remataren os encontros, as crónicas do UD Corcubión 0-2 CF Castrelo e do FS As Baleas 0-1 CD Nantón. Podedes velas na portada da web ou no enlace direto de 2Fútbol da Costa" na dereita da portada da web. Aquí na foto, tes tódolos resultados da xornada.

Segue ..

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
RESULTADOS DA 4ª XORNADA DA LIGA DA COSTA 2018-19 :
Luns, 08 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa


-Crónicas e resultados 4ª xornada-

Estamos traballando nas crónicas da xornada, a espera de que nos vaian chegando os comentarios dos adestradores e colaboradores ca sua visión dos encontros.Tan pronto completemos os comentarios pasarémolos a web. Aquí na foto, tes tódolos resultados da xornada.

Segue ..

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 

<   12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com