Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Menú principal

 

CRÓNICAS DOS ENCONTROS SABATINOS DA 3ª DA COSTA E PREVIA DOS DE HOXE.
Domingo, 17 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-21ª Xornada-

Martín "Maradona" adiantou ao Seaia que acabou perdendo.

-Vitorias de Porteño e Castrelo nos encontros sabatinos-

CF Porteño e CF Castrelo, dous dos equipos que loitan por estar na promoción de ascenso gañaron os seus encontros xogados na tarde do sábado. Os da Ponte do Porto derrotaban ao Sporting Seaia CF, (1-3), namentras que os vimianceses facíano ante o FS As Baleas, (2-0). Para hoxe Domingo 17 de Febreiro quedan 4 encontros dos que tes aquí a información. O lider SD Coristanco visita ao SD Camelle, que tras un mes sen pisar o "Rodeiro" trala desfeita sufrida no terreo de xogo por unha piara de xabarín, retorna o seu féudo. Abre a nova o copmpleto para ver como viron os adestradores os encontros xogados o sábado e a previa dos encontros de hoxe.

Segue coas crónicas dos encontros de onte e a previa dos encontros de hoxe...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
A CRÓNICA : "DEPOR 1-1 NÁSTIC : "SEGUIMOS CAS XORNADAS DE AGASALLOS EN RIAZOR".
Domingo, 17 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-A CRÓNICA-


Edu Expósito marcou un golazo de estética e definición.

Depor  1-1 Nástic

-Seguimos cas xornadas de agasallos en Riazor-

Un empate que sabe a derrota e que senta moi mal o ser ante un equipo mediocre, que non fixo nada para levarse nada de Riazor e que se atopou cun agasallo no treito final, e ainda puido levarse outro. Un punto coa axuda, tamén hai que dicilo, do colexiado rioxano, Soto Grado, que non  pitou un par de penaltis, que sí veu, (él e todo aquel que vise o encontro). Un por mans na primeira metade, cortando a dirección do balón nun centro de Saúl, e outro na segunda con 1-0 no marcador, por agarrón a Crístian Santos, impedíndolle rematar un bo centro de David Simón. No resto o encontro na primeira metade foi dominado de cabo a rabo polo Depor, cun Nástic pechado con duas liñas de 5. Quique, Cartabia e Borja Valle puideron abrir o marcador, pero iríase con 0-0 a vestiarios. Xa na segunda metade pronto chegou o golazo de Edu Expósito, tras xogada sua, reviravolta no área e marcando polo poste longo da portería de "General". O gol abreu o encontro, pero non se aproveitaron as ocasións que se crearon, e tras unha gran xogada que puido supoñer o 2-0, no contragolpe no minuto 83, o Nástic, que non coñecía a Dani Giménez, pois ainda non lle viran a cara, plántase ante a meta deportivista e fai o 1-1. Tocou arrebato e puido chegar o 2-1, pero o disparo de Diego Caballo, foise o longueiro, e na contestación, segundo contragolpe visitante, e segunda vez que chegaba a porta deportivista e perdoaron o 1-2. Nova decepción en riazor, onde seguimos ca tempada de agasallos de Antroido, e de novo ante un equipo moi inferior, e podemos decir, (que nos perdoen os seus afeccionados), un equipo mediocre, que non ofreceu nada en Riazor, nada máis ca "autobús", faltas, perdas de tempo constantes e gozou da inextimable axuda do colexiado.


Dani Giménez, David Simón, Somma, Pablo Marí, Saúl, Edu Expósito, Álex Bergantiños, Didier Moreno (Diego Caballo, min. 83), Fede Cartabia (Montiel, min. 65), Quique (Christian Santos, min. 73) e Borja Valle.

Goles : 1-0, Edu Expósito, (49´).

Árbitro: Soto Grado, (Colexio Rioxano). Mal, moi mal. Desquiciou a Riazor, ca sua maneira de pitar, cos dous claros penaltis que non pitou e co consentimento de perda de tempo dos cataláns, para logo só decontar 3 minutos, a pesares de haber, ademáis, tódolos trocos.

Incidencias: Partido correspondente á 26ª xornada da 2ª División xogado no Estadio de Riazor ante 17.102 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Fefé García del Río, socio número 2 do RC Deportivo e homenaxeouse no descanso a Juan Fernández, campión de España de surf na modalidade de ondas grandes. Debutou no primeiro equipo, Montiel, que entrou no 65 por Fede Cartabia e fixo cousas moi interesantes. Tamén mencionar que o Depor repiteu con gol no minuto 49, como a pasada semana Quique González ante o Granada.

Segue cas manifestacións tralo encontro...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
RAÚL PERISCAL DEIXA O UD CERQUEDA QUE DIRIXIRÁ MICHEL.
Domingo, 17 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
FÚTBOL DA COSTA

Raúl Periscal é unha parte inportante da historia do UD Cerqueda.

-Raúl; Periscal deixa o UD Cerqueda-

-Michel, xogador e preparador físico, é o novo adestrador-

Raúl; Periscal deixa o UD Cerqueda, (Liga da Costa), despois de varios anos unido o clube malpicán e por asuntos persoais. Nun emotivo comunicado o adestrador, gran colaborador da nosa web, dí que : "Neste momento toca parar. Sempre tiven a unha persoa ao meu lado, que me axudo, cuidou e fíxome crecer. Agora tócame a min devolver o recibido"... Despídese esperando que só sexa un "hasta logo", e agradece o cariño e apoio, tanto da diretiva, como dos xogadores e afeccionados do clube. O seu sutituto no banquiño será o xogador e preparador físico do equipo, Michel. Abrindo a nova o completo tes o comunicado de Raúl Periscal

Dende www.piratasdemuxia.es o noso desexo de que todo lle vaia do milloriño a él e os seus e as gracias pola sua colabroación todos estes anos.

Segue co comunicado de Raúl Periscal o completo...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 


 
ALEJO CAMBÓN É O MÁXIMO GOLEADOR DAS 32 LIGAS DE FÚTBOL AFECCIONADO QUE SE DISPUTAN EN GALICIA.
Venres, 15 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Histórico
FÚTBOL GALEGO


Alejo Cambón é o "terror" das áreas galegas.

Alejo Cambón, (Corme CF) é o máximo goleador de todo o fútbol galego-

Alejo Cambón Álvarez, (Corme-06/05/1.992), xogador do Corme CF da Liga da Costa, (2ª Autonómica G2), segundo puidemos comprobar tras facer un estudo de todo o fútbol afeccionado galega, a día de hoxe é o máximo goleador das 33 ligas senior masculinas que se disputan na nosa terra : 3ª División, (1), Preferente, (2 ligas), 1ª Galicia, (5), 2ª Galicia, (11), e 3ª Galicia, (14). E incluso podemos sumar aos equipos galegos que xogan na 2ª B. Analizadas tódas estas ligas das que vos damos aquí un estudo co máximo goleador de cada liga, Alejo, con 32 goles en 20 encontros, (6 deles de penalti), cunha media de 1,6 goles por encontro. Nuns porcentaxes parecidos, con menos goles e menos encontros disputados, atópase o xogador do Cogalrodeiro CF da 3ª Galicia G6, que suma 29 goles en 17. Polo demáis o xogador cormeláns que xa lle ven de cuna esto de despuntar no fútbol, cada ano é o máximo goleador, ou está no podio dos "Pichichis" de cada tempada, xa dende moi neno. O seu pai Edu Cambón, foi xogador do Deportivo Carballo e do Bergantiños CF, pero a sua posición era de zagueiro, pero seu avó paterno, Eliseo Cambón, coñecido co álias de "Jaraleo", xogaba de interior e era dos que facían moitos goles. Chegou a decir Arsenio, que acabaría no C. de Vigo, (daquela en 1ª), pero unha lesión trucoulle en grande medida, a progresión, cáseque ata estar a punto de deixar o fútbol. Agora o seu neto, da un paso máis co seu Corme, e segue a batir records un ano máis. Él tamén fixo unha pretempada co Bergantiños CF, pero prefireu a compaña dos amigos de toda a vida cos que xogou dende neno e segue xogando, buscando un ano máis o ansiado ascenso a 1ª Galicia coa política de "xente da casa". Xente que súa a camiseta e sen cobrar e indo a adestrar o vir de traballar. E ao igual co seu avó tamén pasou por unha grave lesión que podería telo apartado do fútbol, pero insisteu e volveu con maior forza e é o máximo exponente da Costa da morte nestes intres. Tamén queremos destacar antre os máximos goleadores galegos ao xogador do SD Castríz, Sebas Rial, todo un veterano que renaceu esta tempada e leva a frioleira de 28 goles en 18 encontros, entrando no podio de máximos artilleiros. O xalleiro marcou a pasada semana 10 goles no encontro que o seu equipo disputou na 3ª Galicia G4...Abre a nova o competo para ver a lista dos goleadores de tódalas ligas galegas de fútbol modesto e incluimos a da 2ª B, o máximo goleador dos clubes galegos.

Segue coa información dos goleadores de tódalas ligas de Galicia...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
A MÁIS COMPLETA AXENDA CON TÓDALAS LIGAS DO FÚTBOL BASE DA COSTA E GALEGAS CON EQUIPOS COSTEIROS DENDE XUVENÍS ATA PREBENXAMÍNS.
Venres, 15 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Base
-AXENDA DO FÚTBOL BASE COSTEIRO-

Tódalas ligas con equipos da costa nas nosas foto-montaxes.

-Encontros dos Xuvenís, Cadetes, Infantís, Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns-

-Tódolos enfrontamentos, días e horas dos encontros-

Aquí tes a nosa maneira única e intransferible con foto-montaxes a axenda das ligas de base de : Xuvenís da Costa  e da Galega, Cadetes da Costa e da Galega, Infantís da Costa, Alevíns, (Costa Norte e Sur), e Benxamíns, (Costa Norte, Centro e Sur), e Prebenxamíns da Costa, todas nun mesmo artigo para ver con maior comodidade todo o que temos no noso fútbol bas esta fin de semana. Tal e como vos apuntamos nas previas, no Fútbol 8 xa se xogou algún encontro do que xa tes aquí os seus resultados..Abrindo a nova o completo tes as foto-montaxes con tódalas ligas...


Segue coas foto-montaxes cos encontros e toda a sua información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE DIEGO CABALLO QUE NON SE FÍA DO NÁSTIC.
Xoves, 14 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA  DE PRENSA-

Diego Caballo volveu a titularidade trala lesión de Saúl.

-Diego Caballo : "Iremos a por todas en Riazor, como imos sempre"-

 Deigo Caballo, pasou por rolda de prensa, e falou da satisfacción dél e dos seus compañeiros tras gañar en Granada pero avisa de que non hai que fiarse do Nástic por estar aí abaixo :  "non importa moito onde estean na clasificación os equipos porque fancho moi difícil e poden competir moi ben. Vímolo hai poucos días contra o CD Tenerife. Fiarse sería unha bobada". Tamén falou da sua competncia sá con Saúl e apostolouse sobre a sanción a Matías Nahuel, de que a sanción tamén debería ser para o que simula...Abre a nova ao completo para ver as verbas de Diego Caballo.

Noutro órde de cousas, Pedro Sánchez xa adestra co grupo e podería entrar na lista de convocados para o encontro do sábado ante o Nástic en Riazor, (16:00 horas-15:00 GMT). Tamén informarvos de que o clube oferta novos prezos para os que queiran darse de alta como socios para o decisivo treito final da liga. No que se coce todo o posto na "pota" ata o de agora.

Segue coas verbas de Diego Caballo en rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
SAN VALENTIN : WWW.PIRATASDEMUXIA.ES AMANDO O NOSO DEPORTE.
Xoves, 14 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Pirata-News


 
Versión imprimible  
AXENDA PREVIA DO FÚTBOL DE BASE DA COSTA : "XORNADA DECISIVA EN VARIAS LIGAS".
Xoves, 14 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Base
F8 BASE DA COSTA
-Axenda de encontros-

Pasillo do Ponteceso e Baiñas aos alevíns pontecesáns, campións de liga.

-Hoxe comeza a xornada en algunhas ligas-

-Moito en xogo con dous campións decididos en Benxamín Sur e Alevín Norte-

Hoxe comeza a xornada para os máis cativos nas Ligas de Fútbol 8 da Costa. Hai un total de 4 ligas, (2 de benxamín e 2 de alevín), nas que se xoga a penúltima xornada, polo que están en xogo tanto o título de campión como as clasificacións para a fase final en conxunto de tódalas zonas. No que se refire aos Alevíns Norte, a pasada semana quedaba campión o SD Ponteceso con 30 puntos de 10 encontros gañados e 1 perdido, sendo o equipo máis goleador con 45 acadaos e tan só 17 recibidos. O CF Dumbría nista liga ten asegurado o 2º posto. Para o terceiro estas duas xornadas sonque restan son claves, pois pode quedar calquera. No que se refire ao Grupo Sur, ao que tamén lle quedan duas xornadas o Outes CF lidera a liga con 30 puntos de 11 encontros xogados, e loita polo título con eles o CF Dumbría con 26 puntos en 10 encontros, polo que haberá emoción ata o final e ata pode decidir o golaveraxe. Pola terceira praza do podio loitan o UC Cee e o SCDR Esteirana... Abre a nova ao completo para ver o resto da previa de tódalas ligas de Fútbol 8 : Benxamín Norte, Sur e Centro, así coma de Prebenxamíns, así como as foto-montaxes cos encontros, horarios e días de tódalas ligas de Fútbol 8...

Segue coa previa e as montaxes dos encontros da xornada...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR : BORJA VALLE, PEDRO MOSQUERA, CARMELO DEL POZO..."
Mércoles, 13 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR IN BRIEFF

Matías Nahuel, caéronlle 2 encontros por unha inxusta expulsión.

-Borja Valle, Pedro Mosquera, Matías Nahuel, Carmelo del Pozo, Francis, Ex-deportivistas...-
-Escolma de novas breves-

Aquí tes unha serie de novas de maneira breve da actualidade do Depor nas que vos falamos das verbas de Borja Valle o reciboir o premio o "Mellor xogador do mes de Xaneiro", da inoportuna lesión de Pedro Mosquera, da sanción a Matías Nahuel e das verbas de Carmelo del Pozo sobre varios temas. Juan Domínguez e Andrade teñen novo equipo e Francis está sen ficha por un "affaire" co seu recoñecemento médico...Abre a nova completa para ver todo isto.

Segue coas novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
PRESENTADO UN CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE EN SANTA COMBA QUE SERÁ DE MARZAL A FINAIS DE MAIO.
Mércoles, 13 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
CURSO MONITOR DE BASE
-Santa Comba-


Manuel Mosquera e Manolo Corredoira ca alcadesa xalleira

e a sua conelleira de deportes

-Curso de Monitor de Fútbol Base en Santa Comba-

-Do 13 de Marzal o 29 de Maio-

Segundo nos informan dende a RFGF : "A Escola Galega de Adestradores acaba de abrir o prazo de inscrición para un novo curso de Monitor de Fútbol Base, este a celebrar no Concello de Santa Comba desde o 13 de marzo ata o 29 de maio. A actividade desenvolverase no edificio Multiusos as clases teóricas e no campo A Fontenla as prácticas, os luns e mércores de 19:30 a 22:30 horas".

A alcaldesa de Santa Comba, María Pose, presentou a actividade, acompañada de Silvia Cancela, concelleira de Deportes e directiva da Real Federación Galega de Fútbol, e tamén asistiron o subdelegado na Costa, Manuel Corredoira, e o director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
ROLDA DE PRENSA DE PEDRO MOSQUERA : "TRABALLO PARA ACHEGAR O MÁXIMO O EQUIPO".
Martes, 12 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA  DE PRENSA-

Mosquera é "talisman" cando xoga o Depor gaña.

-Pedro Mosquera : "Sigo traballando para tentar ter continuidade e achegar o máximo ao equipo"-

O "Pirata de honra 2016/17", Pedro Mosquera, pasou por rolda de prensa, satifeito polo traballo feito ante o Granada, e con moita ilusión de cara o que queda por diante. Amosouse como un xogador plenamente de equipo, antepoñendo a sua situación a hora de non xogar a do equipo e alabando aos que non entran nistes intres no equipo : "é unha pasada como adestra a xente que non ten minutos. Adestra ao máximo sempre e iso vaise a notar de cara a final de temporada porque a xente está preparada. Salga quen salga vaino a facer ben". É pola sua banda dí "atoparse cada vez mellor" e só pensa en "seguir traballando para tentar ter continuidade e axudar o equipo o máximo, que iso é o máis importante"...Abre a nova ao completo para ver as verbas de Pedro Mosquera.

Noutro órde de cousas, Carmelo del Pozo afirmou que se a baixa de Khron-Dehli é de longa duración ficharase a un centrocampista. Tamén decir, que como se esperaba, o clube recurrirá o inxusto vermello direto a Matías Nahuel.

Segue coas verbas de Matías Nahuel en rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
CRÓNICAS, RESULTADOS E MOITO MÁIS DA XONADA DOS EQUIPOS COSTEIROS DE TENIS DE MESA.
Martes, 12 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Tenis de Mesa
TENIS DE MESA CON EQUIPOS COSTEIROS


O AD Zas O Pinar, (der) derrotou ao Club del Mar Infantil.

-Crónicas, resultados e moito máis da xornada no Tenis de Mesa-
-Equipos da zona costeira nas ligas nacionais e galegas-


Xa decíamos que era moi difícil gañar todos os encontros, e tamén perdelos, e este pasado fin se semana a piques estivo de cumprirse o de perdelos todos. Salvaron  a honra os equipos de  2ª Galega, o AD Zas O Pinar que gañou o seu particular "derbi de colistas" contra o Club del Mar e VTM Pinturas Figueiras. O resto de encontros foron derrotas, e contundentes. Sobre de todo as sufridas polo AD Zas Dimobel Bazar Baio en A Coruña ante os equipos do clube Finisterre TM. Tamén se esperaba máis do AD Zas Ponciano Nieto e do Concello de Mazaricos, pero foron derrotados con claridade por CTM Vigo e Conxo respectivamente... Abre a nova o completo para ver toda a información destas ligas e dos encontros de cada unha individualmente, así como as previas do que temos para a vindeira fin de semana, como cada semana Stevo Zas.
 
Segue coas crónicas e resultados dos encontros e vindeiros compromisos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
TODO O QUE DERON DE SÍ NA 11ª Xda AS LIGAS DE FÚTBOL SALA DE BASE "COSTA DA MORTE" :
Martes, 12 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
LIGAS DE FÚTSAL BASE
-"COSTA DA MORTE"-      

O EDM Muxía a pique se dar a sorpreesa no pavillón muxián.

-Manuela Rial manda en benxamíns co EMF Vimianzo como rival-
-FS As Baleas e Fisober seguen co man a man en Alevíns-
-Resultados e clasificacións-

Disputouse a 11ª Xornada das Ligas de Fútbol Sala de Base "Costa da Morte" e todo segue igual na loita polo título nas duas ligas. Na categoría de Benxamín, o Colexio Manuela Rial segue no máis alto con 6 puntos de ventaxe sobre o EMF Vimianzo, segundo con dous encontros menos e rival polo título. Nos Alevíns, o FS As Baleas, vai primeiro, exactamente igual ca semana pasada por golaveraxe cos mesmos có Fisober Dumbría...Abre a nova o completo para ver os resultados, as clasificacións que nos fai chegar Fran "Pioto.

Segue cos resultados, clasificacións...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 20ª Xda DA 3ª DA COSTA NA QUE O CABANA EMPÉÑASE EN APRETAR A LOITA POLO ASCENSO DIRETO.
Martes, 12 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-20ª Xornada-


O Porteño pasou da amargura a euforia en poucos minutos ante o Outes.

-O Cabana empéñase en apretar a loita polo ascenso direto-

-Encontro "rocambolesco" na Grixa antre Porteño e Outes-

Descansaba o lider, SD Coristanco, nesta 20ª xornada da 3ª da Costa, e miraba con tranquilade dende arriba o devir dos encontros, o estar cun bo colchón de pùntos. O Cabana SD a pasada semana daba un golpe enriba da mesa na sua visita ao SD Castríz, para desbancalo da 2ª praza, que da opción o ascenso direto. Gran traballo dos cabananeses que esta semana tiraban por terra o non pasar do empate no seu féudo ante o CF Castrelo, co que empataban, (2-2), e polos pelos aguantaban a segunda praza, por golaveraxe, xa que o SD Castríz ca sua vitoria en Camariñas, empataba a puntos cos cabaneses. Os da "Ribeira do Anllóns" empataban de penalti moi protestado "in extremis". O equipo xalleiro pola contra goleaba ao FS As Baleas, que comezaba o encontro con 11, pronto quedaba con 9, remataba o encontro con 7, e acababa con 12 goles en contra. Mérito de deportividad dos camariñáns polo seu comportamento, xa que a pesares dos contratempos quedando en cadro por lesións, en especial a de Marcos, que tiña que ser trasladado a un centro hospitalario en ambulancia, e está a espera de diagnose pendente dunha resonancia. O noso desexo de que sexa o mínimo posible e que poida voltar pronto a xogar cos compeñeiros. Podían simular unha lesión o quedar con 7 e rematar o sufrimento, pero competiron ata o final. O encontro máis "rocambolesco" xogouse na Grixa, onde o CF Porteño foise a vestiarios perdendo 0-2 ante o Outes CF, nun duelo pola promoción, quedou con 3 menos na segunda metade, (e os 3 nun minuto), e acabou remontando 4-3, nun choque que superou o minuto 100 polas perdas de tempo cas expulsións. Na loita pola promoción o FC Camariñas acadaba a primeira derrota da "Era Berto", tras caer ante o SD Laxe, (5-2), nun choque cun resultado máis abultado do que en sí foi o encontro. Aproveitou as derrotas de outeses e camariñáns o CD Nantón que derrotaba por 4-1 a un Camelle de "duas caras", que foi superior na primeira metade e desapareceu na segunda, (4-1). Desexarlle unha pronta recuperación o meta nantonés, José Manuel, que nun choque sufría unha máis ca posible rotura do tabique nasal. Para rematar o sábado xogábase o UD Corcubión-Sporting Seaia CF, no que gañaba o máis atinado a porta, (1-2) e no que no ecuador da primeira metade o equipo corcubionés, perdía por lesión a sua mellor peza, Iago Lema, ao que lle desexamos unha pronta recuperación... Abre a nova ao completo para ver as crónicas, resultados, clasificacións, pichichis, vindeira xornada, etc...

Segue coa analise dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 20ª Xda DA LIGA DA COSTA : "O CORME CF DERROTA AO MUXÍA CF E VAISE CO CF MAZARICOS NA LOITA POR TODO".
Luns, 11 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-20ª Xornada-


O CF Mazaricos volveu a ser aplastante na "Pedra d´ouro".

-"O Corme CF derrota o Muxía CF e vaise co CF Mazaricos"-

-Por abaixo só puntuaron Muros e Buño-

20ª xornada da Liga da Costa, na que grande parte das miradas estaban en dous encontros. Un o que poñía en xogo a segunda praza, o que enfrontaba ao Corme CF e ao Muxía CF. O segundo máximo goleador do campionato, contra o que era o equipo menos batido do fútbol senior de Galicia, (analizadas as 33 ligas de fútbol modesto). Gañoulle o ataque a defensa e o "killer" da competición. Alejo Cambón, decidía con dous tantos, (xa leva 32), nun choque que o presidente dos muxiáns, Álvaro Rodriguez catalogaba como : "de fútbol de Preferente", pola calidade do choque. Este resultado dalle 6 puntos de ventaxe aos cormeláns que seguen a loitar por todo. O outro gran encontro era o que enfrontaba ao SD Ponteceso e ao CD Baiñas, que podían acercarse a loita por todo, pero non se moveu o marcador, (0-0) no "Pinguel" e perden comba cos dous de arriba e recurtanlle 1 punto aos muxiáns, (3º), sí aproveitou e goleando o Volantes de Baño CF, ante o CF Lira, (0-5), que cazan aos pontecesáns e aos muxiáns con 39 puntos os 3. O SCD Malpica derrotaba a domicilio ao Sporting Zas, (0-2) e xa vive en zona de "augas tranquilas", ao igual co UD Cerqueda, que empataba co SCD Buño, (0-0), no "derbi de locais", posto que os dous xogan no "Xaviña" buñés. Nun choque que os adestradores apuntan e recalcan como "moi deportivo" e "moi limpo", pero houbo 4 expulsados nos cerquedenses. Un punto bo para os "oleiros" na loita pola permaneza, pola que sacou un resultado mellor do merecido o CD Muros, que derrotaba por 3-2 ao UC Cee, nun choque no que non mereceron perder os da "Vila da Xunqueira". Por último o SD Ameixenda, segue xogando sen porteiro e xa entregou as armas e vaiselle facer moi longa a tempada. O SD San Lorenzo goleaba, (1-5), para seguir afianzando a salvación. Darlle moitos ánimos aos lesionados, Andrés, (SD Ameixenda), que estivo cos compañeiros no campo e recibeu o seu cariño, e aos desta semana: Xabi, (CD Muros), e  Maikel, (UC Cee). Deixamos para o final o lider o CF Mazaricos que repiteu como local e volveu a gañar 4-0, desta volta ao UD Monte Louro, sendo os mazariqueses o equipo que máis "xente gol" ten, (Estéfano, 14; Isma Pedrosa, 13; Sergio, 9; Mario, 8...), o que o convirte no equipo máis goleador con 48 tantos en 20 xornadas, cunha media de 2,4 goles por encontro...Abrindo a nova completa tes os resultados, crónicas, clasificacións, pichichis, próxima xornada, etc...

Segue coa analise dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 22ª Xda DA 1ª GALICIA G2 : "VITORIAS DE FISTERRA, SONEIRA E DUMBRÍA, EMPATE DA ESTEIRANA E DERROTA DO BAIO.
Luns, 11 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-22ª Xornada-


Volveu Raúl Lestón a Esteirana e xogou cunha protección.

-O Fisterra con moitas baixas gaña ben. O Baio cae ante o lider merecendo máis. A Esteirana empata pero segue escalando. O Dumbría dase un "festín", e o Soneira completa un gran encontro gañando e convencendo-

22ª tirada da 1ª Galicia G2, na que agás o CD Baio que visitaba ao lider Sigüeiro CF, e facía mértios para puntuar, (2-0), o resto sumaron en positivo. O SD Fisterra segue na 3ª praza e derrotaba ao Cordeiro CF, cun axustado 2-1, pero a pesares das baixas o encontro estivo controlado e puido caer algún máis. O CF Dumbría dábase un "festín" na casa do Bertamiráns ao que lle facía unha "manciña", (0-5), (de paso botáballe un cable ao SCDR Esteirana, ante un dos seus rivais pola salvación e antes de que os esteiráns visiten a vindeira xornada o Conco), e o SD Soneira completaba un gran encontro para golear ao SD Piloño, (4-1). Mágoa que só sumara a SCDR Esteirana un punto ante o Praiña Sporting Club, (1-1), rival direto. Así e todo os esteiráns que fixeron mértios para levarse os 3 puntos, seguen escalando posicións. Celebrar nos das Salinas, a volta os terreos de xogo do dianteiro, Raúl Lestón, que tras "sufrir" a desatención do apartado médico que temos para os nosos xogadores, (en moitas ocasións), o final e tras máis dun mesda sua lesión no tabique nasal, volveu a xogar co seu equipo, cunha protección facial, para cuidar a zona afectada..Abre a nova completa para ver as crónicas cos comentarios dos adestradores, resultados, clasificación, pichichis, seguinte xornada, etc...

Segue coa analise dos encontros dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
A CRÓNICA : GRANADA 0-1 DEPOR : "TRUNFO CON SERIEDADE QUE VALE MÁIS DE 3 PUNTOS".
Domingo, 10 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-A CRÓNICA-


Quique marcou dous goles e déronlle un.

Granada0-1 Depor 

-Trunfo de máis de 3 puntos con seriedade-

Venceu o Depor nun encontro moi serio por parte dos de Natxo González, que non pasaron moitos apuros, chegaron a controlar o choque en moitas partes do mesmo e souberon aproveitar un erro da zaga granadina. Na primeira metade pouco que sinalar. Un par de tiros de Fede Cartabia que non colleron porta por pouco e un par de tiros dos locais, un deles unha falta o longueiro. Ben e certo que se lle anulou un gol a Quique Gozález, que só co colexiado sabe porque o anulou. Na segunda o Depor fíxose co control do encontro, púxose por diante tras marcar Quique con forte disparo dende o vértice do área, tras aproveitar un balón rexeitado dunha presión de Fede a Martínez do Granada. Quería e non podía o equipo local, e o Depor chegaba e chegaba, pero faltaba precisión no derradeiro pase, chegando en numerosas ocasións con claridade. Marcou o Granada por medio de Rodrigo cun gol marcado ca man, que o colexiado daba como válido, pero coa proesta unánime de todo o Depor o liña rectificaba o colexiado. Vergonzoso, hai que decilo as proetstas do xogador garnadino e dos seus compañeiros, sabendo claramente que o gol fora ca man. Creceuse con esta xogada o equipo andalúz e puido empatar, pero topouse cun extraordinario Dani Giménez, o xogador máis en forma do equipo branquiazul, con diferenza. Soubo o Depor deixar pasar o tempo e de paso Duarte buscou o 5º cartón e non xogará ante o Nastíc o vindeiro sábado, (16:00 horas-15:00 GMT) en Riazor.


Dani Giménez, David Simón, Domingos Duarte, Pablo Marí, Diego Caballo, Edu Expósito, Álex Bergantiños, Pedro Mosquera (Didier Moreno, min. 79), Borja Valle (Michele Somma, min. 87), Fede Cartabia (Nahuel, min. 66) e Quique González.

Goles : 0-1, Quique González, (49´).

Árbitro: Vicente Pizarro Gómez, (c. castelán-manchego). Mal. Non se entera de por onde anda. Pita faltas inexistentes e corta o xogo constantemente.

Incidencias: Partido correspondente á 25ª xornada de LaLiga 1|2|3 disputado no Novo Os Cármenes ante 13.128.
Foi expulsado con vermello direto Matías Nahuel tras dar un empuxón, que non debería pasar de cartón amarelo e coidamos que o clube reclamará a reirada do cartón vermello. Álex Bergantiños chegou aos 200 encontros como profesional doa camisola branquiazul. Inmensos os máis dun cento de deportivistas que estiveron no "Nuevo Los Cármenes".

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
"MARCADOR PIRATA" CON TÓDOLOS RESULTADOS DO FÚTBOL SENIOR CON EQUIPOS COSTEIROS E DE TODO O FÚTBOL BASE COSTEIRO.
Domingo, 10 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
MARCADOR RESULTADOS DE FÚTBOL

O noso marcador con tódolos resultados.
 
-Tódolos resultados da xornada do Fútbol Afeccionado e de base :
Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa
Xuvenís da Costa e da Galega, Cadetes da Costa e da Galega, Infantís, Alevíns e Benxamíns Grupos Norte, Centro e Sur e Prebenxamíns.
-Todo en foto montaxes-

Aquí tes comodamente nun só artigo como quedaron os encontros en tódalas ligas con equipos costeiros de fútbol modesto e de base con equipos e de ligas da costa e galegas. Todo elo nas foto-montaxes que vos estamos a brindar esta tempada polos problemas que temos no noso apartado de clasificacións. Un estilo novo que está a gustar moito. Tedes os resultados da Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa no fútbol afeccionado. E no de base : Xuvenís da Costa e da Galega, Cadetesda Costa e da Galega, Infantís, Alevíns F8 Grupo Norte, e Sur e Benxamíns F8 Grupos Norte, Centro e Sur e Prebenxamíns da Costa. Despois durante o día de mañá luns 11, coma sempre as crónicas dos encontros a nosa maneira única e intransferible... Abre a nova o completo para ver tódolos resultados das ligas.

Segue cas foto-montaxes cos resultados por ligas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
A MÁIS COMPLETA AXENDA DE TODO O FÚTBOL AFECCIONADO EN FOTO-MONTAXES DENDE PREFERENTE ATA 3ª DA COSTA.
Sábado, 09 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
-AXENDA DO FÚTBOL AFECCIONADO COSTEIRO-

Ás ligas cas nosas foto-montaxes abrindo a nova o completo.

-Axenda dos encontros da Preferente Norte, 1ª Galicia G2,

Liga da Costa e 3ª da Costa-

Aquí tes da nosa maneira única e intransferible con foto-montaxes as previas da : Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa, da maneira máis cómoda para ver a onde queres ir. Na tarde de hoxe sábado 9 de Febreiro tan só se xoga 1 encontro. O que enfrontará ao UD Corcubión e ao Sporting Seaia da 3ª da Costa...Abrindo a nova o completo tes as foto-montaxes cos enfrontamentos e horarios de tódalas  ligas...


Segue coas foto-montaxes cos encontros e toda a sua información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA : GRANADA Vs DEPOR : "ALGO MÁIS CA 3 PUNTOS".
Sábado, 09 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News



-Natxo González : "É un partido non imos dicir decisivo, non imos falar de final, pero é un partido importante polos puntos"-

-Previa do encontro-

Un encontro moi importante para ambos conxuntos, pois o Granada perdía a condición de lider, trala vitoria do Osasuna ante o Sporting de Xixón, (0-2) no encontro adiantado ao venres e para o Depor, un encopntro no que se podería colocar segundo a un punto do lider, tendo en conta tamén o que faga o Málaga no seu estadio ante o UD Las Palmas mañán Domingo, (20:00 horas-19GMT). O principal problema co que se atopa o Depor é co das lesións e deso laiouse Natxo González na rolda de prensa pre-encontro que desta vez aina que se xoga mañán adiantouna o venres. Hoxe teñen un adestramento e logo viaxará a Granada vía Madrid, para alá facer outro. Un total de 13 peñas estarán presentes no "Nuevo Los Cármenes", así coma moitos deportivistas da comunidade andaluza. Aquí tes a previa con todo para seguir o encontro, así como a rolda de prensa de Natxo González...Abre a nova completa para ver as verbas de Natxo González e a previa.

Segue coa previa e a rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com