Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Menú principal

 

Tema: Histórico

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    1234   >

ALEJO CAMBÓN É O MÁXIMO GOLEADOR DAS 32 LIGAS DE FÚTBOL AFECCIONADO QUE SE DISPUTAN EN GALICIA.
Venres, 15 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Histórico
FÚTBOL GALEGO


Alejo Cambón é o "terror" das áreas galegas.

Alejo Cambón, (Corme CF) é o máximo goleador de todo o fútbol galego-

Alejo Cambón Álvarez, (Corme-06/05/1.992), xogador do Corme CF da Liga da Costa, (2ª Autonómica G2), segundo puidemos comprobar tras facer un estudo de todo o fútbol afeccionado galega, a día de hoxe é o máximo goleador das 33 ligas senior masculinas que se disputan na nosa terra : 3ª División, (1), Preferente, (2 ligas), 1ª Galicia, (5), 2ª Galicia, (11), e 3ª Galicia, (14). E incluso podemos sumar aos equipos galegos que xogan na 2ª B. Analizadas tódas estas ligas das que vos damos aquí un estudo co máximo goleador de cada liga, Alejo, con 32 goles en 20 encontros, (6 deles de penalti), cunha media de 1,6 goles por encontro. Nuns porcentaxes parecidos, con menos goles e menos encontros disputados, atópase o xogador do Cogalrodeiro CF da 3ª Galicia G6, que suma 29 goles en 17. Polo demáis o xogador cormeláns que xa lle ven de cuna esto de despuntar no fútbol, cada ano é o máximo goleador, ou está no podio dos "Pichichis" de cada tempada, xa dende moi neno. O seu pai Edu Cambón, foi xogador do Deportivo Carballo e do Bergantiños CF, pero a sua posición era de zagueiro, pero seu avó paterno, Eliseo Cambón, coñecido co álias de "Jaraleo", xogaba de interior e era dos que facían moitos goles. Chegou a decir Arsenio, que acabaría no C. de Vigo, (daquela en 1ª), pero unha lesión trucoulle en grande medida, a progresión, cáseque ata estar a punto de deixar o fútbol. Agora o seu neto, da un paso máis co seu Corme, e segue a batir records un ano máis. Él tamén fixo unha pretempada co Bergantiños CF, pero prefireu a compaña dos amigos de toda a vida cos que xogou dende neno e segue xogando, buscando un ano máis o ansiado ascenso a 1ª Galicia coa política de "xente da casa". Xente que súa a camiseta e sen cobrar e indo a adestrar o vir de traballar. E ao igual co seu avó tamén pasou por unha grave lesión que podería telo apartado do fútbol, pero insisteu e volveu con maior forza e é o máximo exponente da Costa da morte nestes intres. Tamén queremos destacar antre os máximos goleadores galegos ao xogador do SD Castríz, Sebas Rial, todo un veterano que renaceu esta tempada e leva a frioleira de 28 goles en 18 encontros, entrando no podio de máximos artilleiros. O xalleiro marcou a pasada semana 10 goles no encontro que o seu equipo disputou na 3ª Galicia G4...Abre a nova o competo para ver a lista dos goleadores de tódalas ligas galegas de fútbol modesto e incluimos a da 2ª B, o máximo goleador dos clubes galegos.

Segue coa información dos goleadores de tódalas ligas de Galicia...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
O MUXÍA CF É O EQUIPO MENOS GOLEADO DAS 33 LIGAS DE FÚTBOL MODESTO GALEGO E O SD CORISTANCO O SEGUNDO.
Xoves, 24 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Histórico
FÚTBOL GALEGO


A meta do Muxía CF a menos perforada do fútbol modesto galego.

-O Muxía CF é o equipo menos goleado de todo o fútbol galego-

-O SD Coristanco é o segundo menos goleado de Galicia-

A diretiva do Muxía CF que suma o seu segundo ano ao fronte do clube e con diversos trocos no deportivo e no institucional, no seu primeiro ano consigueu ascender o equipo a Liga da Costa, (2ª Autonómica G2), tras unha década na 3ª Autonómica. A fórmula foi recuperar rapaces muxiáns de calidade espallados polo territorio galego, e chegaron a arrimar o hombreiro rapaces que comezaron moitos deles na casa e logo xogaron en 3ª División, Preferente, 1ª Galicia ou 2ª Galicia, para primeiro ascender o clube de categoría e agora consolidalo na 2ª Galicia, e con opcións de ascenso, e ser ca segunda volta xa comezada, o equipo menos goleado das 33 ligas senior masculinas que se disputan na nosa terra : 3ª División, (1), Preferente, (2 ligas), 1ª Galicia, (5), 2ª Galicia, (11), e 3ª Galicia, (14). E incluso podemos sumar aos equipos galegos que xogan na 2ª B. Os muxíáns só encaixaron 5 goles en 17 encontros disputados, sendo o equipo que menos veces veu a portería perforada polo contrario. Só 4 equipos conseguiron batir a porta muxiana. Tamén na Costa da Morte temos o segundo equipo menos goleado do fútbol galego o SD Coristanco que milita na 3ª da Costa, (3ª Galicia G4), e que suma 9 goles en contra en 17 encontros. Abre a nova o competo para ver toda a información.

Segue coa información dos equipos menos goleados...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
FRAN MARTUXA REUNEU AO SCD BUÑO CAMPIÓN DE LIGA DE FAI 9 ANOS.
Luns, 21 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Histórico
LIGA DA COSTA
-Celebración-


O  SCD Buño campión de liga rememorou a tempada do título de campión.

-"O SCD Buño campión do 2010 revivío"-

-Xuntanza de tódolos participantes daquel equipazo do SCD Buño-

Facía 9 anos o SCD Buño gañaba a Liga da Costa. Fran Martuxa, un dos xogadores que formaba daquel equipo campión deulle por poñer unha foto daquela celebración do título e colgouna no Facebook nca proposta de facer unha cea para rememorar aquela tempada e xuntar aos que participaran daquela liga, diretivos, xogadores, técnicos, etc e en menos de 24 horas consigueu xuntar a 28 que quedaron para xuntarse con mesa e mantel e lembrar aqueles maravillosos anos do clube. Alí estiveron da diretiva presidida por Patiño, con Manolo Rojo, Chucho, Avelino, Fariña, Yolanda, Lorena e Alfonso. Corpo Técnico con Pablo Mallón e Secundino, e os xogadores Brais e Añón e Fredy, (como porteiros), David Secundino, Daviciño, Jose, Diego, Pancho, (defensas), Emilio, Dourado, Fran Martuxa, Iván Lorenzo, Manu Guillamet, Juan, Fernando, Jorge, (medios), e Ruben Rouco, Victor, Richard e Santi, (dianteiros). Cearon o sábado no Restaurante "A Cunca" de Buño. Non faltaron anédotas e historias daquel ano, no que se consegueu o titulo. Tampouco as charlas do presidente e do eterno capitán, Emilio.

Segue con máis fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
RESUMOS DE DATOS ESTATÍSTICOS DA NOSA WEB NO 2018.
Mércoles, 02 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Histórico
RESUMO ESTATÍSTICO DO 2018


-Os números do 2018 seguen apuntalando a nosa web no máis alto-
-Somos con diferenza a web máis visitada de fútbol en galego-

Como cada ano facemos púbrico un resumo dos datos i estatísticas do que foi o ano que rematou. Un resumo, de curiosidades do recollido pola base de datos da web, e  que vale para que os nosos usuarios e siareiros teñan unha noción do movemento da nosa web. Ademáis de informativo, resulta curioso ver algúns datos, datos que se acrecentan ano a ano, o que nos fai ver se de verdade vos gusta ou non o noso traballo.

Cos
7.026.600 visitas no 2018, e os 59.862 usuarios rexistrados, (sen ser de obriga facelo, e iso que levamos cos rexistros desactivados dende Outubro por problemas técnicos), a nosa web está no máis alto en canto a webs que se adican a informar do fútbol e do futsal en galego, (ademáis de atletismo, tenis de mesa, etc...), sendo a web que máis trata o fútbol e o fútbol sala feminino. Todo isto é gracias a todos vos, que estades aí día tras día, dende calquer curruncho do mundo. Os números acadados pola nosa web, son algo fora de serie, tendo en conta que non somos unha web de "resultados", iso na nosa web é un apartado. O que prima é a información e de que ademáis somos unha web "caseira". Estes meses estamos a traballar nun novo formato de web por problemas xa de antiguedade e de carga excesiva na nosa web, polo que en algúns apartados estamos a traballar con problemas.

Segue o resumo do ano 2018 en datos...



Preme abaixo en "Ler a nova completa... para ver o RESUMO ANUAL


 
O SÁBADO A SD SOFÁN FARÁ HISTORIA CO SEU NOVO EQUIPO SD SOFÁN ASPABER QUE SERÁ APADRIÑADO POLO DEPORTIVO DA LIGA GENUINE.
Xoves, 29 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Histórico
-NOVO EQUIPO SD SOFÁN ASPABER-


O Deportivo da Liga Genuine será o padriño dos sofanistas.

-O SD Sofán fai historia ca posta de longo do seu equipo do colectivo DI-

-O Depor será o que apadriñe o novo equipo-

O equipo do Real Club Deportivo de LaLiga Genuine, apadriña o vindeiro sábado 1 de Nadal ao novo equipo do colectivo DI, (discapacidad intelectual), formado pola SD Sofán, e será o seu rival no primeiro partido da súa historia. A SD Sofán, coa colaboración de Aspaber, formou este novo equipo, que terá a súa posta de longo na mañá do sábado no Campo do Carral, (Sofán). O amigable comezará ás 12:30 horas. Con anterioridade, dende as 11:00 horas, haberá unha recepción de invitados, seguida do recibimento ao equipo do Dépor. Ás 11:45 realizarase a presentación da SD Sofán Aspaber, que será o nome oficial do equipo. Tralo encontro, os actos concluirán cun ágape para deportistas e convidados.

.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
A SELECCIÓN DA COSTA DA MORTE SUB 15 FAI HISTORIA AO DERROTAR A SELECCIÓN DE LUGO NO CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS COMARCAIS.
Xoves, 01 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Histórico

A Selección da Costa da Morte fixo historia.

-1º histórico trunfo da Selección da Costa Sub 15 no Campionato Galego-

-Un gol do muxián Martín Lodeiro deulles o trunfo ante Lugo-

Seguramente por potencial a Selección da Costa da Morte xogue en inferioridade ante o resto de seleccións, coma A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo ou Ferrol, pero non así na entrega, pois ái somos iguaias ou mellores. Hoxe a selección costeira, tras darse un madrugón caeu primeiramente ante Pontevedra, (3-0) na 1ª Fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais Sub 15, queirase que non se queira, o madrugón e a longa viaxe afectan, e así foi, pero xa desentumecidos e adaptados, os costeiros foron quen de derrotar a potente Selección de Lugo, plagada de xogadores do CD Lugo e doutros equipos das ligas galegas, e venceron cuntraballo colectivo impresionente a gracias a un tanto do muxián Martín Lodeiro, nunha xogada de portería a portería do xove xogador, que culminou o traballo de todo o equipo e deulle aos costeiros a primeira vitoria na sua corta historia, xa que este é o segundo ano que compiten neste nivel. Para os adestradores Josiño Abelenda e Martín Vecino : "A victoria só a valoramos por levantar a autoestima destos nenos, que fixeron un traballo increíble.Non deixamos de ganarlle a  Unha selección dunha cidade con 4 nenos do Lugo e 8 nenos máis que compiten en ligas galegas. Por eso ten mérito estos nenos que compiten con tanta desventaxa"...Segue con máis información e fotos.

Segue coa información e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CALIDADE "MADE IN COSTA DA MORTE" : O CORISTANQUÉS ANGELIÑO CONVOCADO POLAA SELECCIÓN SUB 21.
Xoves, 04 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Histórico
CALIDADE "MADE IN COSTA DA MORTE"

Angeliño recibe unha convocatoria máis ca mercida.

-Angeliño convocado ca Sub 21-
-Un paso máis na carreira do xogador de Coristanco-

José Ángel Esmorís Tasende, máis coñecido como "Angeliño", nacido en Coristanco o 4 de xaneiro de 1997, é un e  que xoga actualmente no PSV Eindhoven foi convocado ca Selección Española Sub-21 que se concentrará, o vindeiro luns 8 de outubro na Cidade do Fútbol de Las Rozas, para preparar os últimos dous encontros da Fase de clasificación da Eurocopa de Italia e San Marino. Moito choveu dende que o víramos por primeira vez no 2007 recén comezada a andar a nosa web e cando chegaba co Escuelas de Fútbol Luis Calvo Sanz de Carballo a un extraordinario torneo celebrado no Campo d´Arliña de Muxía e no que era nomeado co alias de de "O Potro de Carballo" pola sua rapidéz por banda. Fixouse nél o Deportivo, que xogaba neste torneo e contra o que se enfrentara, e xa comezou a liga cos coruñeses, nos que estivo 7 anos ata que o Manchester City o levou. Pasou polos xuvenis dos "citys", e ata debutou co primeiro equipo, ata mandalo o filial americano, New York City, no que coincideu co ex deportivista Pablo Álvarez, e con goleador español, David Villa, antre outras lendas que acabaron a carreira no "circo" americano. Voltou e non tivo sitio no equipo inglés, e emigrou, como xa fixera antes ao Girona, Mallorca e Breda, este último no que despuntou e deu o paso ao PSV Eindhoven, no que xa leva 7 encontros e 630 minutos xogados, sendo un dos fixos. Tras xogar na Selección Sub 20, un encontro no 2013, para tamén debutar no 2016 na Selección Galega en Riazor, ante Venezuela, (1-1), agora chégalle a citación para dous encontros na Sub 21 e con moitas opcións de ir o Europeo de Italia e San Marino. Dende www.piratasdemuxia.es non podemos máis ca estar ledos dista convocatoria e o recoñecemento a un extraordinario xogador costeiro, o cal lle desexamos a maior das sortes e o noso desexo de velo algún día volte a correr a banda de Riazor de novo, no Deportivo.


Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
HOXE SAIRON A VENDA AS NOVAS CAMISETAS DO DEPOR ÁS MÁIS EXCLUSIVAS DO FÚTBOL PROFESIONAL.
Martes, 03 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Histórico
-DEPOR HISTORY-


A branquiazul ten moitos matices a historia do clube.

-O Depor conta cas camisetas máis exclusivas do Fútbol Profesional-

-Hoxe sairon a venda as deste ano-

Hoxe sairon a venda as tres equipacións do Depor 2018/19, e así como a esta diretiva hai que criticalos do mal que o levan feito o primeiro equipo no apartado deportivo nos derradeiros anos, hai que alabar a boa manno apartado de "marketing" e "Merchandising". Primeiro foi patentar a cor "Azul Deportivo da Coruña", e logo foi facer unhas camisetas diferentes que fosen exclusivas do equipo. Comezouse ca "Galega" que foi tendo uns pequenos trocos cada ano, ata o diseño deste ano que é sublime, co himno galego escrito na banda azul da bandeira e dándolle o nome de "As Nosas Letras". O ano pasado a branquiazul era a denominada "Mar", para este ano coller o nome de "Alicerce 8 de Decembro de 1906", en referenta aos comezos, ao nacemento do clube. Xenial tamén a que se fixo coas cores do Deportivo De la Sala Calvet, xerme do Deportivo. Logo o ano pasado a segunda, "Faro" homenaxeaba a Torre de Hércules, Patrimonio da Unesco e este ano e non podía escollerse como segunda mellor cousa para levar por España adiante o noso San Xoán ca camiseta : "Noite Meiga 23-24 Xuño" que ademáis leva unha sardiña en espiñas, e isas espiñas son as principais torres da cidade. Tamén se pasou do "slogan" do "Somos Gente Marinera" ao "Meigas Fora" e "ADN Deportivista". O Depor ten as camisetas máis exclusivas do fútbol profesional mundial. Estas camisetas non se atopan noutra cor para outro equipo polo mundo adiante, com pasa cas dos outros clubes, que ata hai equipos que xogan ca mesma con diferente escudo e publicidade. As deportivistas on exclusivas, feitas expresamente para o noso equipo e con moitos matices no estampado que as fan obras de coleccionista, que collerán valor co paso dos tempos. Agora falla atopar a chave deste mesmo bo ollo no deportivo...E no apartado institucional galeguizar o nome do clube que xa toca...Sexan estes ou outros que entren. Abre a nova completa para ver as fotos.

Segue cos fotos das camisetas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
TAL DÍA COMA HOXE O DEPOR ACADOU O PRIMEIRO TÍTULO PROFESIONAL PARA O CLUBE E PARA O FÚTBOL GALEGO.
Mércoles, 27 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Histórico
-DEPOR HISTORIC-


A final supenderase 3 días antes por un "diluvio universal".

-23 anos do primeiro título do Depor e do Fútbol galego-

-Gañábamos a "Copa do Rei do diluvio-

Tal dí coma hoxe do 1995 xogábamos no Santiago Bernabeu de Madrid, os 11 minutos restantes da final da "Copa do Rei" que fora suspendida 3 días antes ao caer unhra tromba de auga e despois pedrascos coma grabanzos e que deu en denominala a "Copa do Diluvio Universal". O rival era o Valencia que un ano antes privara ao Depor de gañar a liga, loitando como se lles fose a vida, (sen xogarse nada), pagados polo Barcelona, (como eles mesmos destaparon anos despois que cobraran en torno aos 14 millóns de pesetas). Priváranos de acadar a primeira liga da historia que se foi a terras do nordés de España por golaveraxe. Nos primeiros 79 minutos xogados o día 24 ata a suspensión, adiantara Manjarín o Depor aos 35 minutos de xogo e conseguira empatar de falta, axudado pola auga que xa estaba a caer intensamente, Mijatovic, (71´). Todo mundo creia que tras suspender o encontro García-Aranda, que nos 11 minutos que se tiñan que xogar, os equipos irían a deixar pasar os minutos para xogar a prórroga, pero o Depor de Arsenio Iglesias, sorprendeu a propios e extranos e foi a polo encontro e aos 2 minutos da reanudación, Alfredo Santaelena, disputaba de cabeza un balón con Zubizarreta, (que lle daba un puñetazo e era ademáis penalti), e facía o gol, que lle daba ao Depor o seu primeiro título oficial do fútbol profesional e o primeiro para Galicia. As risas de terras viguesas de cando Djuckic erro o penalti que nos podía dar a primeira liga, tornárons en bágoas que se extenderon por dúcias de anos e éxitos deportivistas e 5 títulos para o equipo deportivista e para Galicia. Aquela final fomos moitos os deportivistas os que estivemos co equipo, pero o invrible foi que para a disputa deses 11 minutos voltamos a ser milleiros os que fixemos centos de quilómetros e ter a sorte de vir cun título por fin para o fútbol galego. Un día que nunca esqueceremos e que queda para os anais da historia, por como foi, por como sucedeu e por ser o primeiro dun clube galego.

Depor : Liaño; López Rekarte, Voro, Djukic, Ribera, Nando; Manjarín, (Claudio, 81´), Aldana, (Alfredo Santaelena, 51´), Donato, Fran; e Bebeto.

Árbitro : José María García-Aranda.

Goles : 1-0, Manjarín, (35´); 1-1, Mijatovic, (71´); 2-1, Alfredo Santaelena, (81´).

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
TAL DÍA COMA HOXE FAI 11 ANOS NACÍA WWW.PIRATASDEMUXIA.ES
Luns, 28 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Histórico

CUMPRIMOS 11 ANOS NA REDE



-Tal día coma hoxe do 2007 saía a rede www.piratasdemuxia.es-

-Dende hoxe estamos en Instagram-

Parece que foi onte pero xa pasaron 11 anos, daquela pintábamos menos canas e máis saúde. Os anos non pasaron en balde para www.piratasdemuxia.es, e tras moito traballo, hoxe en día aquela web que naceu como un medio de información da nosa peña deportivista, "Os Piratas de Muxía", que demos de alta un 30 de Setembro de 1994. Nen nos mesmos pensábamos que ía a crecer tanto a web e hoxe en día podemos decilo ca boca grande que somos o medio de comunicación máis seguido da Costa e un dos máis seguidos de Galicia. Máis de 58.300 usuarios rexistrados a día de hoxe, e sen ser obrigatorio rexistrarse pois a web ten tódolos contidos en aberto. Con antre 20.000 e 37.000 visitas o día e superados os 25.000.000 de visitas nestes 11 anos. Sendo a web máis seguida das que se adican a este tipo de información, na diáspora, tendo milleiros de visitas o día de lugares coma E.E.U.U., Suiza, Alemaña, Holanda, Inglaterra, etc...os nosos veciños na diáspora utilízannos para estar informados, e podemos presumir de ter uns siareiros fieis, que nos seguen a diario, en Galicia, España e no resto do mundo. Tanto diretamente dende a web como dende a nosa canle de Facebook, ou Twitter. Por iso para seguir abrindo horizontes hoxe creamos o noso canle de Instagram : Xosé Búa@piratasdemuxia.


Nada máis que darvos as gracias por seguirnos e levantar unha copa pola vosa saúde e desexarvos o milloriño.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
MAURO SILVA INAUGURARÁ NO DÍA DE HOXE A SUA RÚA NA CORUÑA.
Xoves, 12 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Histórico
UN DOS NOSOS

Mauro animou o deportivismo dende Riazor.

-Mauro Silva terá a sua rúa na Coruña dende hoxe-
-O acto ás 18:00 horas-

Mauro da Silva Gomes, (Sao Bernardo do Campo-Brasil; 12/01/1968)
, recén cumpridos os 50 anos, poderá por fin descubrir a placa da rúa que levará o seu nome na Coruña. Pasaron 13 anos dende que o ex alcalde Paco Vázquez decidise en pleno que o mellor centrocampista defensivo do mundo, Mauro Silva e o extraordinario interior riveirense Fran, tivesen a sua rúa na cidade herculina. Hoxe 12 de Abril do 2018 e cun alcalde deportivista ao cento por cento, Mauro estará presente para descubrir a placa co seu nome na perpendicular a Avenida de Gran Canaria, na zona de Labañou, preto de Riazor. Mauro chegou o Depor na tempada 1995/96, para quedar 13 anos no clube e sumar a consecución dos 6 títulos do clube e participar das grandes xestas, a nivel nacional e internacional, tanto co Depor coma ca Selección de Brasil ca que foi Campión do Mundo e da Copa América. Disputando un total de 459 encontros ca elástica deportivista. Hoxe terá un merecido recoñecemento, polo grande xogador e persoa que foi, sendo elixido no 11 aniversario do clube como o "mellor xogador da historia do Depor"...A nosa máis enorme noraboa, a esta gran persoa, que como dí él na sua humildade : "Eu non sou nen Vragas Llosa, nen Stephen Hawking. Só un rapáz que xogou o fútbol"...Cantas rúas habería que retirar do rueiro se se tomase ese baremo, pero él foi grande no seu, e para todos nós sempre estará nos nosos corazóns
...Mauro que chegou no día de onte a Coruña, pasouse por Riazor, onde cunha camiseta das actuais co seu nome e o seu "eterno" 6, animou o deportivismo nesta tempada deprimente. Esta foto é un exemplo claro do que trocou o Depor, de ver a un Campión do Mundo co 6, a ver actualmente quen leva ese número, que só cos puntos que regalou estaríamos fora do descenso.

Segue...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...



 
TAL DÍA COMA HOXE DO 2002 O DEPOR FACÍA HISTORIA ACADANDO A COPA DO "CENTENARIAZO"
Martes, 06 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Histórico
-CENTENARIAZO-
-16º Aniversario-

Un día para lembrar toda a vida.

-Como me vou a esquecer!!!-
-Tal día coma hoxe fai 16 anos o Depor gañaba o "Centenariazo"-

Como un nunca esquece o día do nacemento dun fillo, de cando comezou a escola, a traballar, etc...tal día coma hoxe dun 6 de Marzal do 2002 o Depor chegaba a Madrid a un "imposible". Nós tamén estivemos alí e aquí lembrammos aquel día que deu a volta ao mundo. Todo preparado para que o Real Madrid celebrase o seu 100 cumpreanos. Rúas engalanadas, a Cibeles preparada para a celebración, o "Asador Donostiarra" con todo encargado para a festa, (logo sería o Depor o que xantaría esa cea), no campo canóns de cores brancas, fogos de artificio, a banda de música para tocar himno do clube, etc, etc, etc...pero!!!...non contaban cunha cousa!!!...había que gañarlle o Depor primeiro. Contra todo pronóstico e gracias a ter un colexiado con total enteireza, (Mejuto González, que fai uns días estivo de viaxe de lecer en Muxía), que non se deixou influir nen polo ambente, nen pola presión de homes coma Hierro ou Raúl, seguido enriba dél. O Depor fixo historia e pasou a historia coma gañador do "Centenariazo", dando a volta o mundo a sua fazaña, que quedará para os anais da historia do fútbol mundial. Dende aquela tamén se canta en Riazor aquelo de : "Lloran los hnchas del Real Madrid por no gana!...Aquella Copa que 100 años durará...No volverá!!!...

Segue ca crónica daquel día...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
SUPERÁMOLOS 57.000 USUARIOS REXISTRADOS SEN SER OBRIGATORIO REXISTRASE...GRACIAS A TODOS!!!.
Venres, 02 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Histórico


 
Versión imprimible  
RECORDANDO OS 10 ANOS DA NOSA WEB : "OS PREMIOS QUE RECIBIOS NESTES 10 ANOS".
Venres, 29 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
Histórico
"RECORDOS DESTES 10 ANOS"
               
   O Premio "Maria Amelia" a divulgación do noso patrimonio no 2013.

-Os premios otorgados a nosa web nestes 10 anos-
-Recordando os 10 anos da nosa web-

Para rematar esta sección de lembranzas dos 10 anos da nosa web dende aquel 28 de Maio do 2007 no que saimos a luz, unha secciñon que gustou e moito a tenor dos numerosos mensaxes que recibimos e peticións de fotos en tamaño grande para facer cadros por parte de algúns que saían nas fotos e que non has viran ao non ter internet por aquel entonces cando as colgáramos na web. Nestes 10 anos de traballo contínuo na web, a cal fai pouco tivemos que ampliarlle o disco duro ata os 10 GB por chegar ao tope, e ter que ampliar o ancho de banda a "indefinido", para non ter que estar ampliándoo cada dous por tres. Nestes 10 anos da nosa web "caseira", feita por un mariñeiro a sua muller e os seus 2 fillos, a mesma que fai uns días La Voz de Galicia de Carballo, (na que escribín 25 anos e débenme cartos e milleiros de favores), adicoulle duas frases para falar de que o bus do Depor chegaba ata a Barca e paraba en Muxía para presentar a sua nova "pinta" de motivo mariñeiro, dende aquí para todo o mundo, e permitindo a nenos e maiores visitalo, pero para o seu delegado non tiña importanza, nen a gala dos Piratas de Honra, a que se lle adicaron 18 letras, sendo dunha web "CASEIRA", (non dunha empresa rival), feita de maneira altruista e poñendo todo do seu peto para potenciar o noso deporte e as nosas xentes. Pero xa sabemos con quen tratamos e como trata a Muxía día tras día, así como a moitos pobos da Costa e as suas xentes e equipos de fútbol, e outros deportes, (que conste que na redacción de Carballo hai boa xente, pero manda quen manda). Hacia nós foi un desprezo hacia un traballo, unha entrega e un grandísmo esforzo por potenciar o noso.

Aquñi vos traemos un resumo dos premios que recibeu a nosa web netses 10 anos no "Lembrando os 10 anos de www.piratasdemuxia.es, do que tedes no enlace direto de "Fotos do recordo", na esquerda da portada da web, os que fomos poñendo durante o 2017.

Segue co artigo e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ASÍ FOI A EXITOSA GALA DOS "XXIII PIRATAS DE HONRA" EN INFORMACIÓN E FOTOS.
Sábado, 16 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
Histórico

"XXIII PIRATAS DE HONRA"


Mosquera amosouse "honrado" de levar o "Pirata de Honra do Deportivismo".

-A xente respondeu a chamada dos premio "Pirata de Honra"-

-O Salón do Voluntariado aplaudeu e ovacionou aos premiados-

Despois da exitosa visita do "super-bus" do Depor a Muxía a estrear a sua nova "vestimenta" de ambente mariñeiro levándoo ata a mesmísima porta do Santuario da Virxe da Barca, (tedes unha escolma de fotos na portada e no enlace direto das mesmas), levamos a cabo a gala de entrega dos "Piratas de Honra" no Salón do Voluntariado, o mellor marco para estes premios, xa que é un homenaxe a xente que deu todo de sí sn pedir nada a cambio. O espírito mesmo destes premios. Comezou a velada cun vídeo de lebranza dos que foron nomeados "Piratas de Honra" nos derrradeiros 23 anos, para logo comezar a presentación por parte de Rubén García, redactor de DXT Campeón e 2º adestrador do CD Boiro, coa presentación dun víseo de Abdulaye, "In memoriam". Un vídeo que trouxo as bágoas a cara de máis de un, que lembraba ao seu amigo desparecido tristemente o 23 de Abril do 2016. Toda a gala foi adicada o neno e a todos aqueles que por circunstancias tráxicas nos deixaron e acabaron as suas carreiras deportivas. Os premiados recibiron un pergamino no que aparecía o motivo de otorgarlle o premio, para se queren enmarcar e unha metopa ca cara dun pirata, no caso do "Piratiña da Costa-Abdoulaye", un pirata de cor. Deseños exclusivos, obra da escultora muxiana, Viki Rivadulla...SEGUE...

Segue coa información e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PRIMEIRO ADESTRAMENTO DA SELECCIÓN DA COSTA SUB 12, (INFORMACIÓN E FOTOS).
Xoves, 16 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Histórico
-SELECCIÓN DA COSTA SUB 12-

         Primeira convocatoiria da Selección da Costa Sub 12.

-Primeiro adestramento da Selección da Costa Sub 12-
-Xogarán o 6 de Nadal o primeiro encontro oficial-

A Selección da Costa Sub 12 xa é unha realidade e no día de hoxe comezou a andar da man de José Barca e Nando Waldomar como adestradopres, e con Joaquín Quintáns e Alberto Pose como colaboradores, tal e como vos adiantamos no seu día cando se presentou o proxecto e o primeiro adestramento da Sub 15, que xa debutou historicamente fai unhas semanas en Cambados, tal e como vos informamos polo miúdo. Hoxe no Municipal de Vimianzo 25 rapaces dos equipos costeiros tiveron o primeiro adestramento da man dos técnicos e debutarán historicamente en encontro oficial na 1ª Fase do Campionato Galego Comarcal de Seleccións Sub 12 o vindeiro 6 de Nadal, con sede ainda por confirmar. Esta selección é unha realidade máis de contar ca Subdelegación da Real Federación Galega de Fútbol aquí na Costa, (Baio-Zas). Segue con fotos do adestramento e a convocatoria do adestramento.

Segue con fotos do adestramento...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
INAUGURACIÓN DO CAMPO DA ARLIÑA, (MUXÍA) : "DÍA HISTÓRICO PARA O CUBE MUXIÁN".
Venres, 13 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Histórico
INAUGURACIÓN 
 
Muxía CF e UD Cerqueda inaufuraron o novo céspede muxián.

-Inaugurado o novo céspede do Campo d´Arliña, (Muxía)-
-Muxía CF e UD Cerqueda infantís tiveron a honra de inauguralo-
-24 goles recibiron as novas porterías no día do estreo-

O 12 de Outubro do 2018, quedará na historia do Muxía CF e do Fútbol da Costa, como o día no que os muxiáns viron por primeira vez o Campo d´Arliña co ansiado e tan pedido, tepe de céspede artificial. O Muxía CF e o UD Cerqueda de infantís, tiveron o pracer e a honra de inauguralo, cun fermoso encontro que acabou 4-4. O primeiro gol marcado foi polo infantil muxián, Román. Xa pola tarde xogaron os xuvenís muxiáns contra o UD Corcubión, (1-15), polo que se viron no día da posta de longo 24 goles. O Domingo ás 17:00 horas será o turno de estrealo o equipo senior do Muxía CF e o UC Cee. O Concello de Muxía, inverteu nesta primeira fase de obras no campo 255.000 euros, dos que 240.000 foron para o novo céspede e o resto para as 4 novas porterías e paneles solares para a zona de vestirarios. Cun saque de honra antre o alcalde muxián Félix Porto e o presidente do Muxía CF, Alvaro Caamaño, deu comezo o encontro, sobre un tepe de 1ª xeración, único en Galicia pola sua colocación, xa que vai sobre terra, grava e aglomerado, en lugar de sobre cemento. Esto dalle unha características similares as do céspede natural, sendo moi beneficioso para a saude das articulacións dos xogadores e o parecer un mellor drenaxe.

Segue con mais fotos e cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
HOXE FAI 70 ANOS ERA COROADA A VIRXE DA BARCA.
Martes, 15 Agosto, 2017 Enviado por Pirata
Histórico
"70º ANIVERSARIO"
 
Misa da Coroación nas Pedras da Barca, (R. Caamaño 15/08/1947)

-Cúmplense 70 anos da Coroación da Virxe da Barca-
-Tal día coma hoxe Muxía foi invadida polos fieis-

Día Histórico en Muxía...Tal día coma hoxe do 1947, (cúmplense 70 anos), tiña lugar nun Altar enriba da Pedra D´Abalar a coroación canónica da Nosa Señora da Barca. Milleiros de persoas chegadas de todas partes de Galicia seguían a misa, cos barcos de guerra na Punta da Barca para seguir o solemne acto. Por mandato do Vaticano a Virxe da Barca era canonizada como "Patroa de Galicia". A sua coroa foi feita co ouro das xollas doadas por devotos en especial do propio concello de Muxía....

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
HOXE FAI 70 ANOS ERA COROADA A VIRXE DA BARCA.
Martes, 08 Agosto, 2017 Enviado por Pirata
Histórico
"70º ANIVERSARIO"
 
Misa da Coroación nas Pedras da Barca, (R. Caamaño 15/08/1947)

-Cúmplense 70 anos da Coroación da Virxe da Barca-
-Tal día coma hoxe Muxía foi invadida polos fieis-

Día Histórico en Muxía...Tal día coma hoxe do 1947, (cúmplense 70 anos), tiña lugar nun Altar enriba da Pedra D´Abalar a coroación canónica da Nosa Señora da Barca. Milleiros de persoas chegadas de todas partes de Galicia seguían a misa, cos barcos de guerra na Punta da Barca para seguir o solemne acto. Por mandato do Vaticano a Virxe da Barca era canonizada como "Patroa de Galicia". A sua coroa foi feita co ouro das xollas doadas por devotos en especial do propio concello de Muxía....

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
HOXE FAI 70 ANOS ERA COROADA A VIRXE DA BARCA.
Martes, 08 Agosto, 2017 Enviado por Pirata
Histórico
"70º ANIVERSARIO"
 
Misa da Coroación nas Pedras da Barca, (R. Caamaño 15/08/1947)

-Cúmplense 70 anos da Coroación da Virxe da Barca-
-Tal día coma hoxe Muxía foi invadida polos fieis-

Día Histórico en Muxía...Tal día coma hoxe do 1947, (cúmplense 70 anos), tiña lugar nun Altar enriba da Pedra D´Abalar a coroación canónica da Nosa Señora da Barca. Milleiros de persoas chegadas de todas partes de Galicia seguían a misa, cos barcos de guerra na Punta da Barca para seguir o solemne acto. Por mandato do Vaticano a Virxe da Barca era canonizada como "Patroa de Galicia". A sua coroa foi feita co ouro das xollas doadas por devotos en especial do propio concello de Muxía....

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

    1234   >

Theme creado por dev-postnuke.com