Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Fútbol da Costa

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12345   >

PREVIA 6ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : "TÓDOLOS ENCONTROS O DOMINGO AGÁS UN QUE SE ADIANTA O SÁBADO".
Venres, 19 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-Previa 6ª Xornada-


Encontros e horarios da 6ª xornada.

-Tódolos encontros o Domingo agás o UD Cerqueda-UC Cee-

-Previa da 6ª Xornada-

Aquí tes a previa da 6ª xornada da Liga da Costa, na que sen dúbida o "encontro da xornada" é o que enfrontará ao SD Ponteceso, (2º) e ao Muxía CF, (3º), ambos invitos e con 2 puntos de diferenza. Os pontecesáns colideran a liga co CF Mazaricos, (que recibe ao SCD Malpica), con 15 puntos cada un e os muxiáns con 13. Estarán moi pendentes diste encontro ademáis dos mazariquenses os cormeláns, que aceron a 4ª praza e que reciben no "Cairo" ao UD Monte Louro. Este é o grupiño que abreu unha fenda na clasificación, que o 6º en discordia o San Lorenzo ou 6º, SCD Malpica, xa están a  puntos dos cormeláns, que marcan a rotura na táboa. Abrindo a nova completa tes os árbitros para estes encontros, dos que na foto tes toda a información dos enfrontamentos e horarios. Tal como vos apuntamos, na mesma, xóagse un encontro o sábado, o que enfrontará ao UD Cerqueda e o UC Cee, (18:30 horas).

Segue coas designacións arbitrais...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
3ª DA COSTA : O COMITÉ RETÍRALLE 3 PUNTOS AO UD CORCUBIÓN POR ALIÑACIÓN INDEBIDA ANTE O CAMELLE.
Venres, 19 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-Sancións-


Carlos Blanco, (8), motivo da reclamación do Camelle, nese encontro.

-O Comité dalle os 3 puntos o Camelle do encontro ante o Cocubión-

-Os camelláns reclamaran aliñación indebida-

O Comité da RFGF ven de anunciarnos que lle da a razón ao SD Camelle da 3ª da Costa, na sua reclamación de aliñación indebida do UD Corcubión, do encontro da 2ª xornada dista liga, xogado no Novo Cubaleiro, (Corcubión), o pasado 22 de Setembro, e que acabou co resultado de 4-1 para os corcubioneses. Un encontro dirixido por Carlos Señarís Balsas e no que os camelláns reclamaron a aliñación indebida do xogador número "8", Carlos Blanco, que arrastraba unha sanción da pasada tempada. O Comité estimou retirarlle os 3 puntos ao UD Corcubión e darle o encontro por gañado ao SD Camelle por 0-3. Con estes 3 puntos o equipo camellán sube a 5ª posición con 9 puntos os mesmos co Cabanas SD, (3º) e CD Nantón, (6º) e a 2 puntos do lider SD Coristanco, e a 1 punto do segundo, (SD Castríz), e do 3º, (CF Castrelo). O equipo corcubionés contiunará na 11ª posición, perro con 1 punto en lugar dos 4 cos que contaba. A aliñación do xogador polo que ven a sanción, ven motivada, por mor dun encontro aprazado, que contaron como un máis na sanción que tiña. Nesta categoría tamén foron sancionados cun encontro de suspensión os xogadores : Iván Caamaño, (CF Castrelo), Adrián Sendón, (CF Porteño), ambos por dobre cartón na pasada xornada, e Borja Iglesias, (SD Laxe), por vermello direto.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
TODO O QUE DEU DE SÍ A 5ª Xda DAS LIGAS DE VETERANOS DA COSTA FEDERADAS E A PREVIA DA 6ª.
Martes, 16 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
VETERANOS DA COSTA
-5ª Xornada-


O CF Mazaricos derrotou con apuros ao AC San Ramón Veteranos, (4-3).

-División de Honra : "San Lorenzo consolida o liderato"-

-1ª Galicia : "Xornes FC lidera unha liga con moita igualdade"-

Quinta xornada tanto na División de Honra de Veteranos Costa da Morte, como na 1ª Galicia Veteranos G1 Costa da Morte e o que teña un tropezo vese superado, dada a igualdade dos equipos na parte alta da competición. Na División de Honra o San Lorenzo consolida o seu potencial ao golear a domicilio ao ADC de Veteranos Ponteceso, (1-4), que chegaba segundo e podía arrebatarlle o liderato aos de Verdillo e cae así a 4ª praza, superado por Sporting Zas e Soneira de Veteranos, ambos con 12 puntos a 3 do lider e 2 por enriba dos pontecesáns...No que se refiere  a 1ª Galicia G1, existe total igualdade por arriba, xa que ainda que manda na táboa o Xornes FC, que derrotaba ao pola mínima ao SD Fisterra Veteranos, (0-1), e suma 12 putnos, por detrás veñen o CD Razo, que goleaba a domicilio ao Soandres FC, (0-3), e o CV Leiloio, que derrotaba ao Rio Grande/Raxaría Os Arcos, (4-3), ambos teñen dous puntos menos cos de San Xoan de Xornes, pero cun encontro menos. Logo cun encontro máis ca eles veñen o SD Sofán e o  CF Mazaricos, con 8 puntos a 2 dos perseguidores e a 4 do lider. Polo tanto moita igualdade...Abre a nova o completo para ver os resultados, clasificacións, pichichis, previa seguinte xornada....

Segue coa información..

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 5ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : "SD CORISTANCO NOVO LIDER".
Luns, 15 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-5ª Xornada-


O SD Coristanco desbanca o CF Castrelo da primeira praza.

-SD Coistanco novo lider en solitario-

-Marcáronse 20 goles, 11 deles en 2 encontros-

5ª xornada da 3ª da Costa e a derrota pola mínima do CF Castrelo por 0-1 ante o CF Porteño, fixo que os "deportivistas" de Vimianzo caeran da primeira praza en detrimento do SD Coristanco que goleaba sen problemas ao EF As Baleas, (5-0). Tamén sorprendía a goleada do SD Castríz, anet un SD Laxe, (6-0), que anda antre "lusco e fusco" por mor das lesións. Tamén caía o SD Camelle ante o Cabana SD un encontro que chegou a ir gañando 2-0, pero que estaba a ser un espellismo do que vía no terreo de xogo. Remontaron os cabaneses, (2-3), ante un equipo o camellán, que tiiña moitas baixas e moi importantes. Pola sua banda o Outes CF derrotaba sen moitos atrancos ao Sporting Seaia, (3-0), e o FC Camaiñas e o UD Corcubión, firmaban táboas, sen mover o marcador. Descansou o CD Nantón...Abre a nova completa para ver as crónicas e moito máis.

Segue cas crónicas e outros datos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 5ª XORNADA DA LIGA DA COSTA NA QUE O CORME PERDE A IMBATIBILIDADE E MAZARICOS E PONTECESO SEGUEN CON PLENO.
Luns, 15 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-5ª Xornada-


O SD Ponteceso segue sumando de 3 en 3.

-Mazaricos e Ponteceso seguen lideando con pleno de vitorias-

-O Corme CF cae en Muxía no choque da xornada-

5ª xornada da Liga da Costa na que o CF Mazaricos, (lider por golaveraxe), volveu a sumar unha vitoria ao seu inmaculado andar pola competición, desta volta derrotando ao UD Monte Louro a domicilio, (0-3), ao igual ca o SD Ponteceso, que derrotaba ao CD Baiñas, (3-1), para seguir da man cos mazariquenses. Soltouse da man o  Corme CF, que tiña un difícil choque na Arliña ante o Muxía CF, (2-1), outro dos equipos que vai a loitar por todo este ano. Quentiño estivo o encontro que enfrontaba ao SCD Malpica e ao Sporting Zas, (3-1), no que houbo ata 12 acrtóns, 4 deles vermellos. Volveu a gañar o San Lorenzo, desta volta ao SD Ameixenda, (3-1), e xa asoma a cabeza pola zona alta, xunto cos malpicáns. Falando de malpicáns, vaia derbi máis extraordinario o que protagonizaron o SD Buño e o UD Cerqueda, cun resultado máis propio doutros deportes, co 5-5 final. Moi bo para os afeccionados, pero non así para os adestradores. Tamén houbo goles no derbi sureño antre o Volantes de Baño CF e o CF Lira, un total de 6, (3-3), e con diferentes pareceres a hora de valorar o punto. Por outa banda o UC Cee sumaba a pimeia vitoia do campionato,, (3-1), ante un CD Muros, ao que colle na táboa cunha vitoia e un empate nesta pimeias 5 xonadas de liga. Abre a nova completa para ver as crónicas e moito máis.

Segue cas crónicas e outros datos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DA 5ª XORNADA DA LIGA DA COSTA.
Sábado, 13 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

Neste mesmo artigo poñeremos os resultados tralos encontros

-Previa da 6ª xornada da Liga da Costa-

-Tódolos encontros mañán Domingo-

Aquí tes a previa con tódolos encontros e horarios da 5ª Xornada da Liga da Costa na que os 3 que suman 12 puntos e van da man no alto da táboa con pleno de vitorias. O CF Mazaricos que lidera a clasificación por golaveraxe, visita ao UD Monte Louro e o SD Ponteceso a un CD Baiñas, que comezou forte e que se desinflou e precisa dar un golpe enriba da mesa, este é un dos grandes encontros da xornada, xunto co que enfronta ao terceiro dos "plenistas" o Corme CF que visita ao Muxía CF, no "encontroda xornada", que pon en liza a dous dos equipos chamados a todo, o final do campionato...Tralos choques, neste mesmo artigo poñeremos na foto de arriba os resultados.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DA 5ª XORNADA DA 3ª DA COSTA.
Sábado, 13 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

Neste mesmo artigo poñeremos os resultados tralos encontros

-Previa da 5ª xornada da 3ª da Costa-

-Tódolos encontros mañán Domingo-

Aquí tes a previa con tódolos encontros e horarios da 5ª Xornada da 3ª da Costa na que o lider Castrelo CF xogará o Domingo a partires das 19:00 horas, en troques de facelo coma normalmente cando xoga como local, que o fai os sábados. Pola sua banda o SD Camelle que normalmente xoga tamén os sábados, voltar á a xogar no "Rodeiro", (Camelle), o Domingo pola mañán, (12:30 horas), como xa o fixera no primeiro encontro como loca, ante o Sporting Seaia...Tralos choques, neste mesmo artigo poñeremos na foto de arriba os resultados.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS 4ª Xda DAS LIGAS FEDERADAS DE VETERANOS DA COSTA E PREVIA 5ª XORNADA.
Mércoles, 10 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
VETERANOS DA COSTA


O Xornes FC derrotou o CF Mazaricos no Xaviña de Buño.

-División de Honra : "San Lorenzo manda en solitario"-

-1ª Galicia : "Xornes FC lidera a liga tras derrotar a Mazaricos"-

Cuarta xornada disputada tanto na División de Honra de Veteranos Costa da Morte, como na 1ª Galicia Veteranos G1 Costa da Morte e xa se van perfilando os equipos na táboa clasificatoria. Na División de Honra o San Lorenzo que derrotaba esta semana ao Cabana SD pola mínima, (1-0); suma a sua cuarta vitoria en 4 encontros, sendo o único que fai pleno. Séguelle na táboa o ADC Veteranos Ponteceso, que esta semana derrotaba a domicilio ao CD Nantón, (0-3)...No que se refiere  a 1ª Galicia, existe maior igualdade pero manda na táboa o Xornes FC, que derrotaba ao 3-1 ao CF Mazaricos de Veteranos, (3-1), desbancándoo da primeira praza que é agora dos de San Xoan de Xornes en solitario con 9 puntos, e seguido de Fisterra, Sofán, Razo, Leiloio e San Román, por iste órde e todos con 7. Abre a nova o completo para ver máis.

Segue coa información..

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 4ª Xda DA LIGA DA COSTA . "MAZARICOS, PONTECESO E CORME SEGUEN XOGANDO AO PLENO".
Luns, 08 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-4ª Xornada-


Manu Nogueira, (Muxía CF) sumou a sua cuarta diana.

-Mazaricos, Ponteceso e Corme, os únicos que suman de 3 en 3-

-Marcáronse tan só 27 goles nesta xornada-

 4ª xornada da Liga da Costa na que o CF Mazaricos, (lider por golaveraxe), SD Ponteceso e Corme CF, son os unicos que suman unha nova vitoria e xa van 4 nas 4 xornadas disputadas. Pola sua banda o Muxía CF, que aproveita a derrota do CD Baiñas en terras cormelás, (4-2), e a do Sporting Zas a mans do equipo mazariquense, (0-3), para encaramarse con 10 puntos a dous do grupo de cabeza. Sumaron a sua primeira vitoria o SD San Lorenzo que derrotaba a domicilio ao CF Lira, (2-4), e que segue sen puntuar e decir que o resultado foi demasiado abultado para o visto no campo, e o SD Buño, que tiña debutante no banco a Adrián Bardanca e que derrotaba ao CD Muros por 1-2. Abre a nova completa para ver as crónicas e moito máis.

Mandarlle moitos ánimos ao adestrador do Corme CF, Ángel Pérez que non puido dirixir ó seu equipo polo pasamento dun familiar, (D.E.P.)...Tamén desexarlle unha pronta recuperación ao xogador do UC Cee, Chema, que tiña que ser trasladado en ambulancia ao PAC de Ponteceso, tras un golpe no encontro do seu equipo cos pontecesáns.

Segue cas crónicas e outros datos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 4ª Xda DA 3ª DA COSTA 2018-19 : "CASTRELO LIDER EN SOLITARIO".
Luns, 08 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-4ª Xornada-


O camellán "Wii" deulle o primeiro trunfo ao CF Porteño.

-CF Castrelo lider en solitario-

-Marcáronse tan só 16 goles, 7 deles nun encontro-

Disputouse a 4ª xornada da 3ª da Costa na que a vitoria do CF Castrelo o pasado sábado ante o UD Corcubión, (0-2), e a derrota do SD Castríz pola mínima ante o CF Porteño, (1-0), deixan ao equipo vimiancés como lider en solitario con 10 puntos. Primeira vitoria dos da Ponte do Porto, ao igual ca do Camariñas, que derrotaba a domicilio ao Sporting Seaia, (1-3), que xunto co FS As Baleas, segue sen puntuar. O SD Laxe encarámase a parte alta tras derrotar ao SD Camelle, (0-2), ao igual có SD Coristanco, tras golear a domicilio ao Cabana SD, (1-6). Marcáronse tan só 16 goles, unha cifra moi cativa e máis tendo en conta que nun dos encontro o que enfrontaba a cabaneses e coristanqueses, víronse 7 goles.  Os encontros do sábado telos na portada da web ou no enlace direto da dereita da web de "Fútbol da Costa". Por un problema na base de datos seguimos cas clasifiacións "out", polo que resultados e clasifiacións irán nas crónicas. Horarios e enfrontamentos de cada xornada irán no artigo semanal da previa.


Mandarlle moitos ánimos ao xogador do Cabana SD, Alberto que recaeu da lesión que tivera do xeonllo e tras unha primeira exploración parece que ten de novo roto o ligamento do xeonllo. Esperemos que en próximas probas sexa menos co que se augura e que se recupere o mellor e máis satisfactoriamente posible...Abre a nova completa para ver as crónicas e moito máis.

Segue cas crónicas e outros datos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
RESULTADOS 4ª Xda DA 3ª DA COSTA 2018-19.
Luns, 08 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa


-Crónicas e resultados 4ª xornada-

Estamos traballando nas crónicas da xornada, a espera de que nos vaian chegando os comentarios dos adestradores e colaboradores ca sua visión dos encontros.Tan pronto completemos os comentarios pasarémolos a web. O que si tedes dende o sábado nada máis remataren os encontros, as crónicas do UD Corcubión 0-2 CF Castrelo e do FS As Baleas 0-1 CD Nantón. Podedes velas na portada da web ou no enlace direto de 2Fútbol da Costa" na dereita da portada da web. Aquí na foto, tes tódolos resultados da xornada.

Segue ..

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
RESULTADOS DA 4ª XORNADA DA LIGA DA COSTA 2018-19 :
Luns, 08 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa


-Crónicas e resultados 4ª xornada-

Estamos traballando nas crónicas da xornada, a espera de que nos vaian chegando os comentarios dos adestradores e colaboradores ca sua visión dos encontros.Tan pronto completemos os comentarios pasarémolos a web. Aquí na foto, tes tódolos resultados da xornada.

Segue ..

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS SABATINOS DA 3ª DA COSTA : "VITORIAS DE NANTÓN E CASTRELO COMO VISITANTES".
Sábado, 06 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-4ª Xornada-


O Corcubión sufreu a primeira derrota na casa.

-Castrelo e Nantón lévanse os puntos dos encontros sabatinos-

-Ambos venceron como visitantes-

Tíñamos na axenda previa só o encontro UD Corcubión-CF Castrelo para a tarde deste sábado, tal e como recollíamos da web da RFGF, pero avisábannos de que tamén xogaba o FS As Baleas-CD Nantón. Ainda que os obviamos sen sabelo, pedimos desculpas por iste erro. Tanto no "Novo Cubaleiro" coma no "Hermanas Patiño" os 3 puntos levábanos os equipos visitantes. O Castrelo derrotaba ao Corcubión por 0-2 e o Nantón levábase os puntos ante o Baleas, por un axustado 0-1. Unha boa nova tralas goleadas acadadas polos camariñáns, que caían por mor dun penalti e que chagaban con 14 xogadores, antre eles o presidente da entidade e adestrador-xogador, Vicentiño, que desta volta non xogaba. Abre a nova completa para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DA 2ª Xda DA 3ª DA COSTA : "O CD NANTÓN LIDER EN SOLITARIO".
Luns, 24 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-1ª Xornada-


Valioso empate o colleitado polo SD Coristanco na Ponte do Porto.

-CD Nantón lider en solitario, único que repiteu vitoria-

-Marcáronse 28 goles...1 menos ca na xornada inaugural-

2ª Xornada da 3ª da Costa 2018/19, na que se marcou un gol menos ca na 1ª xornada e na que o EF As Baleas volveu a caer goleado, desta vez ante o Cabana SD, (8-0), que xogaba o seu primeiro choque ao haber descansado a pasada xornada, (nesta descansou o Camariñas). O debutante EF As Baleas xa suma 20 goles en contra en dous encontros, sufrindo a falla de efectivos, en especial por lesión, e tendo que aliñar a un meta cadete baixo paus. O lider nesta segunda tirada da liga é o CD Nantón, que era o único que conseguía suma de 3 de forma consecutiva, tras derrotar por 1-3 ao SD Laxe, nun duelo antre dous dos chamados a estar arriba. O SD Coristanco que na primeira xornada goleaba ao UD Corcubión, (7-0), desta volta sacaba un empate ante outro dos equiupos chamados a loitar por todo, o Porteño CF e o Outes CF víase sorprendido polo Castrelo CF, (2-3), que segue coas boas sensacións cas que acabou a pasada tempada. Pola sua banda o UD Corcubión sacábase o pasado sábbado a espiña do 7-0 en Coristanco, derrotando por 4-1 ao SD Camelle, cun "enorme" encontro de Iago Lema, que fixo un "Hat-trick" e que levou o seu equipo en volandas. Tedes a crónica deste encontro en portada e no enlace direto da dereita da portada da web, (Fútbol da Costa). Un encontro do que vos achegaremos unha escolma de fotos, pola semana... Abre a nova o completo para ver as crónicas dos encontros.


Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 2ª Xda DA LIGA DA COSTA . "SÓ ZAS, MAZARICOS, PONTECESO, CORME E BAIÑAS REPITEN VITORIA".
Luns, 24 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-2ª Xornada-


O Muxía CF e o UC Cee empataron sen goles na Arliña.

-Sporting Zas e Mazaricos "arroian" a Ameixenda e Lira-

-Zas, Mazaricos, Corme, Baiñas e Ponteceso repiten vitoria-

2ª Xornada da Liga da Costa 2018/19, e ainda que tan só se marcaron 24 goles, (3 por encontro), lonxe dos 31 da primeira xornada, o Sporting Zas e o CF Mazaricos, marcaban 10 deses 24 goles, gañando os seus encontros por 0-5 ante SD Ameixenda e CF Lira respectivamente. No Muxía CF-UC Cee, non se puido celebrar ningún gol e tan só o Sporting Zas, (lider por golaveraxe), Corme CF, SD Ponteceso, e CD Baiñas, repetiron vitoria por segunda xornada consecutiva. Tras unha mañán solleira plena, pola tarde ca virazón a nordés, trouxo borraxeiras espesas na zona norte, en especil en Corme, onde non se vía dunha porta a outra. Canto máis para o sur, a tarde seguíu sendo solleira. Abre a nova o completo para ver as crónicas dos encontros.


Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.



 
LIGA DA COSTA, (2ª Xda) : CD MUROS E SAN LORENZO REPÁRTENSE OS PUNTOS NUN CHOQUE MOI DISPUTADO, (Previa dos encontros de hoxe).
Domingo, 23 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-2ª Xornada-

O Muros adiantouse no marcador e acabou empatando.

CD Muros 1-1 SD San Lorenzo
-Reparto de puntos nun encontro moi disputado-

Encontro adiantado da 2ª Xornada da Liga da Costa, que tal como vos avanzábamos na previa,m enfrontaba ao recén ascendido CD Muros, co recén descendido SD San Lorenzo. Volta dos de Verdillo ao "Eleuterio Balayo" e volta do fútbol ao seu féudo para os muradáns. Comezou o encontro con dominio dos locais e proba diso chegaba o primeiro gol para les cando ainda non se chegara ao primeiro cuarto de hora. Pablo Díaz batía a Benjamín, para poñer o 1-0 no marcador. Tralo gol foron os visitantes os que deron un paso adiante na procura da igualada, que chegaría pasada a media hora de xogo. Álvaro batía a Xandre para facer o 1-1. Xa na segunda metade o encontro volveuse máis disputado e físico. Xa no treito final, Mario vía o primeiro cartón da sua conta e co encontro finalizado vería un segundo. Reparto de puntos nun encontro que puido caer de calquer lado. Abre a nova o completo para ver os encontros do Domingo.

CD Muros : Xandre, Álvaro, Juan Rey, (Matías, 92´),  Eloy, Yeray, Ramón, Alejandro, Saúl, (Gael, 71´), Xavier, Jesús, (Gabriel Lago, 64´), e Gabriel Álvarez.

SD San Lorenzo : Benjamín, Diego, (Alejandro, 67´), Rudi, (Daniel, 67´), Luciano, Diego, Pazos, Mario, Brais, (Fuentefría, 61´), Yago, (Aarón, 61´), David, (Alberto, 80´), e Pablo.

Árbitro : Óscar Costa. Encontro quie se lle complicou no treito final e desconto.

Goles : 1-0, Pablo, (12´); 1-1, Álvaro, (36´).


Segue coa previa da liga...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS


 
3ª DA COSTA, (2ª Xda) : "IAGO LEMA LEVA AO CORCUBIÓN A UNHA MERECIDA VITORIA".
Domingo, 23 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-2ª Xornada-

Iago Lema, (centro) levou o Corcubión a vitoria.

UD Corcubión 4-1 SD Camelle
-Un "gran" Iago Lema devolve o sorriso ao Corcubión-

Segunda tirada da da Costa, que tiña na tarde deste sábado un UD Corcubión-SD Camelle. Os corcubioneses en plena festa das Mercedes recibían a un SD Camelle pletórico trala vitoria na primeira xornada ante o Sporting Seaia, e ademáis recuperaban ao goleador Barreiro, e debutaba o arteixán ex do Fabril, Adrián Vieites, e pola contra os corcubioneses chegaban tras unha tremenda goleada na primeira xornada a pes do SD Coristanco. Comezou querendo mandar o equipo camellán e a pesares de adiantarse os corcubioneses por medio de Iago Lema, conseguían empatar cun tanto de Barreiro a media hora de xogo, pero antes do descanso e a volta do mesmo aparecía Iago Lema, que facía un "hat-trick" e que puido marcar algún máis, pois o corcubionés, estivo "enorme" e desquiciou o equipo camellán, que na segunda metade non foi quen de atoparse en ningún intre.  Abre a nova o completo para ver os encontros do Domingo.

UD Corcubión : Marcos, Mario, Ángel, Jesús, (Pablo, 72´), Rubén, Alexandro, (Diego, 68´),  Carlos, Iago Lema, Antonio, (Martín, 46´),  Augusto e Rodrigo, (Evaristo, 69´).

SD Camelle : Pesco, Rodrigo, Carlos, Pablo, Barreiro, Méndez, Adrián Vieites, David Vázquez, Davíd Vieites, Adrián Tajes, (Tedín, 46´), Álvaro, (Manuel, 85´).

Árbitro : Carlos Señarís. Non amosou ningún cartón. Estivo ben.


Segue coa previa da liga...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS


 
PREVIA DA 2ª XORNADA NA 3ª DA COSTA E LIGA DA COSTA : "2 ENCONTROS SÁBADO E O RESTO O DOMINGO".
Venres, 21 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA e 3ª DA COSTA

O D Corcubión recibe ao SD Camelle mañán sábado.

-3ª da Costa : 1 encontro sábado e 5 o Domingo-
-Liga da Costa : 1 encontro mañán sábado e o resto o Domingo-

Aquí tes tódolos horarios e enfrontamentos da 2ª xornada na 3ª da Costa e Liga da Costa, Tan só un encontro será o sábado o que enfrontará no "Novo Cubaleiro" ao UD Corcubión e ao SD Camelle. Os corcubioneses que veñen de caer goleados ante o SD Coristanco tratarán de comezar a sumar, namentras que os camelláns, que veñen de derrotar ao Sporting Seaia, buscarán cimentar unha nova vitoria. Recuperan para este choque os camelláns a Barreiro, que fora o ano pasado o segundo máximo goleador da liga. O resto de encontros desta liga xogaranse o Domingo. Destacar o encontro que enfrontará ao Cabana SD e ao FS As Baleas. Os cabaneses que descansaron na primeira xornada ao ser impares, xogan o seu primeiro choque do Curso 2018/19 e reciben por primeira vez na categoría senior ao EF As Baleas, que na pasada xornada caeu goleado, tras xogar con 9 e de porteiro un rapáz cadete, tras lesionarse o meta titular. No que se refire a Liga da Costa, na que tamén se xoga a 2ª Xornada, CF Lira, UD Cerqueda, Volantes de Baño CF, SCD Malpica, San Lorenzo, SD Ameixenda SD Buño e UC Cee, que perderon na pasada semana na xornada inaugural, tratarán de sumar os primeiros puntos. Agás o CD Muros-San Lorenzo, (17:00 horas), que se xoga o sábado, no "Eleuterio Balayo", o resto de encontros serán o Domingo. Abre a nova o completo para ver tódolos horarios e enfrontamentos destas 2 ligas


Segue coa previa destas 2 ligas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.



 
CRÓNICA 1ª Xda DAS LIGAS DEVETRANOS DA COSTA FEDERADOS E PREVIA DA 2ª Xda.
Xoves, 20 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
VETERANOS DA COSTA FEDERADOS
-1ª Xornada-


O Sporting Zas manda na División de Honra por golaveraxe.

-División de Honra G1 : 4 vitorias locais e 3 vistantes-

-1ª Galicia G1 : 2 vitorias visitantes, 2 locais e 2 empates-

Tal e como vos apuntamos na previa da semana pasada, este pasado Domingo comezaba a rodar o balón nas ligas dos Veteranos da Costa, que por primeira vez na historia xogaban nesta modalidade futbolística como clubes federados. A xornada foi prolífica en goles, tanto na División de Honra G1 "Costa da Morte" na que por golaveraxe o Sporting Zas ca sua contundente vitoria por 8-1 sobre o CD Nantón era o primeiro lider por golaveraxe. Nunha xornada na que non había ningunha igualada, pois dábasen  6 vitorias, 4 para os equipos locais e 2 para os visitantes. Marcábanse 25 goles nos 7 encontros disputados a 3,57 por encontro. No que se refire a 1ª Galicia de Veteranos "Costa da Morte" que engloba aos equipos que militaban na 2ª División o ano pasado, sen ser federados, o Asociación de Veteranos SCD Malpica é o primeiro lider, tras derrotar ao Soandres CF por 0-2, nunha xornada na que se daban 2 vitorias locais, 2 visitantes e 2 empates. Nesta liga marcábanse 19 goles antre os 6 encontros o que daba unha media de 3,17 por encontro. Non xogou o CD Razo, que lle tocou descansar o ser impares. Abre a nova ao completo para ver os resultados, a táboa de "pichichis" e a previa da 2ª xornada.


Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DA 1ª Xda DA 3ª DA COSTA : "DEBÚT AGRIO DO FS AS BALEAS".
Luns, 17 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-1ª Xornada-


Durante a semana colgaremos unha escolma de fotos do SD Camelle-Sporting Seaia.

-Moita igualdade, agás en dous encontros con goleadas-

-Marcáronse 29 goles...18 deles en dous choques-

Comezou a 3ª da Costa 2018/19, na que debutaba o FS As Baleas, que por primeira vez na sua "enorme" historia no fútbol base camariñán, tiña equipo senior. Eran só 11 e para colmo lesionouselles o porteiro tendo que meterse baixo paus o rapaz cadete Lucas. Non tivo piedade o SD Laxe e non levantou o pé, facéndolle un 0-11 moi duro para lembranza da historia do clube camariñán no seu debút. Tamén houbo goleada nesta primeira xornada por parte do SD Coristanco, no encontro que abría a competición o sábado e no que debutaban no banco coristanqués, Eloy e no corcubionés, Sergio "Quintáns". Niste debút os coristanqueses gañaban por 7-0. No resto de encontros moita igualdade. Na mañá do Domingo, o SD Camelle derrotaba ao Sporting Seaia, nun choque no que os malpicáns a piques estiveron de complicarlle as cousas aos camelláns, e no resto moita máis igualdade. O CD Nantón derrotaba por 2-1 ao Porteño CF e o SD Castríz-Outes CF e o Castrelo CF-FC Camariñas, acababan en igualadas a uns, (1-1). Abre a nova o completo para ver as crónicas dos encontros.


Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com