Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Piragüismo

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12   >

ESTE VINDEIRO DOMINGO OS "CAMPIONATOS GALEGOS DE SLALOM OLÍMPICO DE PIRAGÜISMO" EN DUMBRÍA.
Xoves, 30 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Piragüismo
-PIRAGÜISMO EN DUMBRÍA-


Lorena Costa volve a participar na casa tras ser internacional con España.


-Campionatos de Galicia de Slalom en Dumbría-
-Serán este Domingo no "Campo do Coutiño-Olveira"

Os Campionatos Galegos de Slalom Olimpico celébranse un ano máis en Dumbría, concretamente este vindeiro Domingo 2 de setembro no Campo de Slalom do Couquiño, en Olveira, a partir das 10:00 horas. Xa están clubes galegos e portugueses na zona entrenando para participar nesta proba. Abre a nova completa para ver o resto da información.

Segue co resto da información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA GAÑOU OS CAMPIONATOS GALEGOS DE PROMOCIÓN.
Mércoles, 15 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Piragüismo
CAMPIONATO GALEGO DE SLALOM


Os rapaces dumbrieses trunfaron nas suas augas.

O CDM Piragüismo Dumbría gaña os Campionatos Galegos de Promoción
-Celebráronse en Dumbría-
 
Este pasado domingo se celebraron no Campo de Slalom de O Couquiño, en Olveira, os Campeonatos Galegos de Slalom para as categorías de promoción (prebenxamíns, benxamíns, alevíns e infantiles) coa asistencia de cinco clubes galegos e con caseque 80 saidas nas diversas categorías, que se tiveron que enfrentar a un percorrido moi técnico e no que un pertinaz orballo non foi quen de deslucir unha proba á que asistíu numero público. O triunfo final por clubes foi para o CDM Teixugos de Goian, que se impuxo por diante do CP Penedo de Caldelas de Tui e o Clube Quixos de Monforte de Lemos. A nivel individual, o CDM Piragüismo Dumbría acadou cinco medallas, das que destacan a de Alexia Canosa, terceira no K1 infantil femenino, e a de Brais Sanchez Cancela, tamén terceiro no K1 Alevín masculino. Ademáis subiron ó pódium as Benxamíns, Lera Lema, Roque Gonzalez e Marta Senlle.

Segue con fotos...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
UN BRONCE E UN 8º POSTO POR EQUIPOS PARA O CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA.
Martes, 31 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Piragüismo
CAMPIONATO DE ESPAÑA


Jorge Quintáns, (1º esq), no podio D´Urgell.

-
Mal día para os rapaces do CDM Piragüismo Dumbría-
-O broce de Jorge Quintáns e o 8º posto do equipo foron o mellor
-

Mal día en xeral para os rapaces/zas do CDM Piragüismo Dumbría no Campionato de España, celebrado en La Seu D´Ugell. Un bronce de Jorge Quintáns e un meritorio 8º posto por equipos salvaron un pouco unha xornada que popr unhas e outras cousas foi peor do esperado. Abre a nova o completo para ver a crónica de Quique Portela.

Segue coa crónica...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.





 
LORENA COSTA XA ESTÁ NO MUNDIAL DE PIRAGÜISMO DE ITALIA QUE COMEZOU ONTE.
Domingo, 15 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Piragüismo
"MUNDIAL DE PIRAGÜISMO DE ITALIA"


Lorena Costa con Xanel e Ainhoa compañeiras de selección.

-Lorena Costa xa está no Mundial de Piragüismo-

-Palista da Costa da Morte-


A palista do CDM Piragüismo Dumbría, Lorena Costa xa está no Mundial de Piragüismo de Italia. A rapaza costeira é a nosa representación no equipo nacional Sub 18, que tivo onte a inauguración diste gran evento e para o que lle queremos mandar dende aquí toda a forza, e desexarlle toda a sorte do mundo a ela e as suas compañeiras do equipo español. Esta é a primeira vez que unha deportista da Costa da Morte compite nun mundial deste nivel. Abre a nova o completo para ver a información.

Segue oa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.



 
ABERTO O PRAZO PARA INCRIBIRSE NAS "XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DO CDM PIRÜISMO DUMBRÍA".
Luns, 18 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO

Ti coma Brais tamén podes experimentar neste deporte.

-Xornadas de portas abertas do CDM Piragüismo Dumbría-
-Serán do 25 de Xuño o 6 de Xullo-

Do 25 de Xuño ao 6 de Xullo o CDM Piragüismo Dumbría propón unhas Xornadas de portas abertas de piragüismo. Vai dirixida a todo aquel que teña de 8 anos en diante e será totalmente de balde e con prazas limitadas e desenrolarase non treito de Pasarela, (Vimianzo) e Olveira, (Dumbría). Para apuntarse por medio de email a correo@piraguismodumbria.org ou no Teléfono/whatsapp : 629 126 623.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
NON FOI POSIBLE E IAGO CANOSA DO CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA NON ESTARÁ NO MUNDIAL DE ITALIA.
Luns, 07 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO

Iago Canosa tentouno en Pau pero non foi posible.

-Non puido ser e Iago Canosa non irá o mundial-
-Tamén estiveron Lorena Costa e Jorge Quintáns nas probas-

Non foi posible e Iago Canosa non obtivo un lugar para o equipo nacional nos Selectivos Senior e Sub 23 realizados a semana pasada en La Seu e Pau. Jorge Quintáns e Lorena Costa tamén participaron nas probas. Durante dez días, os mellores padeixeiros de Francia, España e Portugal participaron nas probas de selección para determinar que atletas representarían estes tres países no próximo Campionato Mundial i Europeo.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
LORENA COSTA DO CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA FAI HISTORIA AO CLASIFICARSE PARA OS MUNDIAS DE PIRAGÜISMO DE ITALIA 2018.
Domingo, 01 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO

 Lorena Costa fai historia no deporte da Costa da morte.

-Lorena Costa representará a España nos Mundiais de Italia-
-Histórico : Primeira deportista da Costa da Morte en ser olímpica-
-Jorge Costa non entrou por non cumprir os criterios-

Nos Selectivos de La Seu d´Urgell, desta fin de semana nos que a dumbriesa, Lorena Costa e o vimiancés, Jorge Quintáns, ambos do CDM Piragüismo Dumbría, foi Lorena Costa Rama, (Berdeogas, (Dumbría 4-3-2001), a que representará a España nos Campionatos do Mundo de Slalom Junior en Ivrea, (Italia). A palexeira dumbriesa acadou unha das tres plazas para representar a España nos campionatos mundiais que terán lugar na cidade italiana de Ivrea este verán. O logro de Lorena trascende máis aló do piragüismo, posto que é a primeira deportista formada na Costa da Morte que acada a internacionalidade nunha modalidade deportiva olimpica. Pola súa banda Jorge Quintáns, a quen tódalas quinielas lle daban un posto fixo para os Campionatos do Mundo non puido disputar os selectivos debido a non cumplir cos criterios dos selectivos, pero tendo claro que agora o seu obxetivo está o conseguir a plaza para os Campionatos de Europa nos Campionatos de España no mes de Agosto. Abre a nova para ver o resto da información.

Dende www.piratasdemuxia.es a nosa máis cordial noraboa a Lorena Costa por iste gran logro e toda a sorte do mundo para o mundial. Asimesmo as nosas felicitacións para os seus adestradores, axudantes e a tódolos que conforman o CDM Piragüismo Dumbría, por iste gran logro, froito de moitos anos de traballo constante para levar o nome de Dumbría, da Costa da Morte e de Galicia por onde queira que van...Noraboa!!!.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
JORGE QUINTÁNS E LORENA COSTA DO CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA LOITARÁN ESTA FIN DE SEMANA POR UNHA PRAZA NO MUNDIAL.
Xoves, 29 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO

 Jorge Quintáns e Lorena Costa con pcións de ir o mundial.

-Seguen os selectivos para os palexeiros do CDM Piragüismo Dumbría-
-Jorge Quintáns e Lorena Costa loitarán por un posto na Española-
-Marcos Cancela quedou fora por mala sorte-

A mala sorte de Marcos Cancela o moverselle o asento da embarcación e acabar na auga, cando lideraba a proba e tiña nas suas mans o pase as semifinais, foi un detalle de mala sorte que impediu o palexeiro do CDM Piragüismo Dumbría poder loitar por un posto na Selección Española de cara aos Youth Olimpic Games. Pero non todo está perdido, pois Jorge Quintáns e Lorena Costa terán esta fin de semana a sua oportunidade de acadar un posto na Española para o Campionato do Mundo Sub18 que se celebrará este ano en Italia. Abre a nova para ver toda a información.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
PIRAGÜISMO : "SOBRESAINTE ACTUACIÓN DOS PALEXEIROS DO CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA EN MONDARÍZ".
Martes, 20 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO

 Jorge Quintáns e Lorena Costa trunfaron e para semana estarán nos selectivos.

-Sobresainte actuación dos pañlexeiros do CDM Piragüismo Dumbría-
-Jorge Quintáns e Lorena costa clasificados para os selectivos-


Participación sobresainte dos deportistas do Piragüismo Dumbría  na Copa de España en Mondariz-Balenario. Jorge Quintáns e Lorena Costa suben ó podium por segunda proba consecutiva.

Cumplíronse as previsións, e o Río Tea ó seu paso por Mondariz-Balneario presentaba un nivel bastante máis alto do habitual, para o normal desenrolo da proba. Isto deu lugar a un trazado moi esixente. Sin embargo os padeixeiros do CDM Piragüismo Dumbría se adaptaron moi ben ás circunstancias, e foron sete os deportistas do costeiros que foron quenes de superar o corte da fase previa, quedando fora apenas Marco Oreiro no C1 senior e por tan só un posto. Así pois, o primeiro obxetivo da proba se lograba, con Iago Canosa, Lorena Costa, Marcos Sanchez, e Brais Pérez conseguinto a clasificación para as semifinais na primeira baixada clasificatoria, e lograndoo Jorge Quintáns e Fran Romar na repesca...Abre a nova completa para ver a información na sua totalidade.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
PIRAGÜISMO : A COPA DE ESPAÑA DE SLALOM CHEGA A GALICIA CO CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA CON MOITAS OPCIÓNS OS PODIOS.
Xoves, 15 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO

 Marcos Sánchez buscará colarse nos selectivos.

-A Copa de España de Slalom chega a Galicia-
-Mondaríz escenario da proba esta fin de semana-


A Copa de España de Slalom chega á súa cita anual con Galicia este fin de semán, coa celebración da segunda proba da tempada en Mondariz Balenario. A causa das chuvias dos últimos días, o Tea deberá presentar un caudal moi elevado, o que aumentará a dificultad do percorrido, pero non sendo o campo de slalom de Mondariz Balenario dos máis complicados do circuito nacional, non é unha mala noticia. A esta proba acude o CDM Piragüismo Dumbría na busqueda da maior cantidade de finalistas posibles, igual que ocurrira fai apenas un mes na vila francesa de Orthez. Antre os dumbrieses hai varios palistas que buscarán unha boa clasificación para tentar colarse nos selectivos para o Campionato de Europa e do Mundo..
(Abre a nova para seguir lendo).

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
UNHA PRATA E UN BRONCE PARA O CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA EN FRANCIA.
Luns, 26 Febreiro, 2018 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO

                Jorge Quintáns foi prata en Orthez.
    

-O CDM Piragüismo Dumbría trae a Francia unha prata e un bronce-

-Copa de España de Salom-


O CDM Piragüismo Dumbría como xa vos informamos a pasada semana viaxaba a Francia para competir na proba  inaugural da Copa de España de Slalom. Moi boas as prestacións dos plaistas dumbrieses que acadaron dous podios en categoría xuvenil. Jorge Quintáns e Lorena Costa que debutaban na categoría facíano subindo ao podio cunha prata e un bronce. A vila francesa de Orthez no sur de Francia acollía a primeira competición da Copa de España de Slalom. Aínda que o tempo foi moi frío durante toda a fin de semán, o sol brillou e a canle presentaba un caudal alto o que axudou a que os percorridos trazados polos técnicos da federación española fosen aínda máis esixentes. ...(Abre a nova para seguir lendo).

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA VIAXA A FRANCIA A DISPUTAR A COPA DE ESPAÑA DE SLALOM C
Mércoles, 21 Febreiro, 2018 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO

                Jorge Quintáns ten opcións en Kayac i en canoa
.
        

-O CDM Piragüismo Dumbría viaxa a Francia esta fin de semana-

-Diputarán a Copa de España de Salom-


O CDM Piragüismo Dumbría viaxa a Francia para competir na proba  inaugural da Copa de España de Slalom. Os deportistas do dumbrieses teñen este fin de semán a primeira cita coa competición nacional na vila francesa de Orthez, onde os clubes vascos organizan a súa proba valedeira para a Copa de España de Slalom. Os deportistas costeiros viaxan coa intención de meter representantes en tódalas finais nas que participan, y cando menos, que todos estén na saída o domingo na ronda de semifinais...(Abre a nova para seguir lendo).

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
3 PRESEAS PARA O CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA NA "COPA GALEGA DE SLALOM".
Martes, 06 Febreiro, 2018 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO

                 Alexia Canosa foi bronce en K1 Infantil.

        

-3 preseas na Copa Galega de Slalom para o CDM Piragüismo Dumbría-

O rápido de O Cordeiro,  foi escenario da segunda proba da Copa Galega de Slalom. Unha proba que se celebrou nun día soleado a pesar dos malos presaxios meteorolóxicos, con múito público, e cun caudal de auga optimo no río Tea. Os palexeiros do CDM Piragüismo voltaron a casa con 3 preseas, e coa clasificación de todos eles para as rondas finais. Polo tanto segunda proba da tempada e segundo éxito dos depoortistas do clube dumbries, santo e seña diste deporte na Costa da Morte e a tódolos niveis.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
MOI BO DEBÚT DO CDM PIRAGÜISO DUMBRÍA NO ARRANQUE DA TEMPADA NA "TAÇA IBÉRICA" EN PROTUGAL.
Martes, 30 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO

                 Marcos Cancela foi bronce en Covas, (Portugal).

        

-Duas preseas en Portugal para arrancar a tempada-

-Moi bo debút do CDM Piragüismo Dumbría-

Un ano máis a tempada do CDM Piragüismo Dumbría arrancou coa disputa da Taça Ibérica de Slalom, proba internacional que tivo lugar en augas do Río Coura, en Vilanova de Cerveira, (Portugal). Tal e como vos apuntamos a pasada semana. Duas medallas foi o botín alcanzado polos deportistas do CDM Piragüismo Dumbría. En liñas xerais o desempeño dos deportistas dumbríeses foi moi bó, nun percorrido moi esixente nalgunhas zonas.  As medallas de Marcos Cancela, terceiro no K1 Cadete e Lorena Costa, segunda en K1 xuvenil femenino son so o inicio da tempada, posto que tanto o un coma a outra  aínda se nota que están nun estado inical da tempada e bastante lonxe do seu punto ideal de forma. Sobre todo no caso da depostista de Berdeogas, que se amosou bastante cansa toda a fin de semá, despois de varias semás de moita carga no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, onde está becada coma residente.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
ARRANCA A TEMPADA PARA O CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA CA "TAÇA IBÉRICA" EN PORTUGAL.
Venres, 26 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO

                 Lorena Costa participa na categoría xuvenil.

          

-Arranca a tempada para o CDM Piragüismo Dumbría-

-Faino un ano máis ca "Taça Ibérica en Portugal-

Un ano máis a tempada do CDM Piragüismo Dumbría arranca coa disputa da Taça Ibérica de Slalom, proba internacional que terá lugar en augas do Río Coura, en Vilanova de Cerveira, (Portugal). Unha proba na que participan os mellores clubes de Galicia e Portugal, e á que o  CDM Piragüismo Dumbría acude cunha equipa de dez deportistas, buscando sobre todo sensacións, posto que aínda nos atopamos nun momento moi inicial da tempada.


Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
5 PRESEAS NOS CAMPIONATOS GAELGOS DE PROMOCIÓN DE SLALOM PARA O CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA.
Martes, 10 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO

                   "Minchi", campión galego benxamín no máis alto do podio.

          

-5 preseas nos Campionatos Galegos de Promoción de Slalom-

-Xesús Pena Cundíns Campión Galego Benxamín-

O CDM Piragüismo Dumbría regresa do Campionato Galego de Promoción de Slalom celebrado en Mondariz, (Pontevedra), con un campeonato, dous subcampionatos galegos e dous bronces nas súas categorías de formación.  Xesús Cundíns gañou con certa solvencia na categoría benxamín masculina, mentras que Sara Fernandez e Aroa López foron plata e bronce respectivamente na categoría femenina...


Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA 3º NO CAMPIONATO GALEGO CON 2 OUROS E 2 PRATAS.
Martes, 05 Setembro, 2017 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO

                   Catro palexeiros dumbrieses subiron ó podium.

          
-O CDM Piragüismo Dumbría 3º por clubes en Portugal-
-Dous ouros e duas pratas na Copa Galega de Slalom-

O Piragüismo Dumbría terceiro por clubes na Copa Galega de Promoción celebrada en Cerveira (Portugal). Catro medallas, dúas de ouro e dúas de plata para a representación costeira. Os mellores equipos de Galicia e Portugal se daban cita na vila portuguesa de Cerveira, onde se disputaba unha nova proba da Copa Galega de Promoción de Slalom, que o mesmo tempo era puntuable para o Campeonato Portugues de Esperanzas...


Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CACICADA NA REAL FEDRACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGÜISMO : "IAGO CANOSA FORA DA COPA DO MUNDO POR FALLA DE PEGATINAS...E OUTRO NO SEU SITIO"
Xoves, 31 Agosto, 2017 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO

                   Iago Canosa clasificouse no KI Sub 23. 

         
  

-Cacicada e inxustiza da RFE de Piragüismo co CDM Piragüismo Dumbría-
-Non lle dan o posto na Copa do Mundo a Iago Canosa que a gañou na competición por "falta de pegatinas"-

Verdadeiramente a Real Federación Española de Piragüismo ven de rirse do CDM Piragüismo Dumbría, do seu palexeiro, Iago Canosa, que se gañou un posto na Copa do Mundo de Ibrea, (Italia), loitando contra a corrente, do piragüismo galego e de todo aquel que loita por conseguir algo con moito sufrimento, consígueo e quítanllo de diante. O palexeiro do CDM Piragüismo Dumbría, tiña gañado un posto na susodita Copa do Mundo e dende a RFEP, déronlle o seu posto a outro, e abride os ollos : "Por falla de pegatinas" para Iago Canosa. Ver para crer...

Abride a nova para ver como sucedeu todo con pelos e señais.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
ALXEIXA CANOSA DO DM PIRAGÜISMO DUMBRÍA BONCE NA COPA DE ESPAÑA DE XOVES PROMESAS.
Luns, 14 Agosto, 2017 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO

            Alexia Canosa bronce na Copa de España de xoves promesas.
  

-Alexia Canosa do CDM Piragüismo Dumbría bronce en K1-
-A "Copa de España de Xoves Promesas" levouna o "Club Cadi" catalán-
-Disputouse en Dumbría-

Tan só contaba con duas deportistas o CDM Piragüismo Dumbría na Copa de España de Xoves Promesas, ainda así e todo, unha delas, a infantil de primeiro ano,  Alexia Canosa subeu o podio onde se colgou a presea de bronce polo execelente terceiro posto acadado. A sua compañeira Xiana Castro, non subeu o caixón, pero fixo unha boa proba, que se disputou no Couquiño, (Río Xallas-Dumbría), esta pasada fin de semana como vos apuntávamos fai uns días na previa, foi orgañizada polo CDM Piragüismo Dumbría e a Federación Galega de Piragüismo, coa colaboración do concello dumbriés e Ferroatlántica. A Copa foise para terras catalanas, da man das deportistas do Club Cadi de Seu d´Urgell

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O VIMIANCÉS JORGE QUINTÁNS A ESTRELA DOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE SLALOM DE PIRAGÜISMO EN LEÓN.
Luns, 07 Agosto, 2017 Enviado por Pirata
Piragüismo
PIRAGÜISMO

             Jorge Quintáns subcampión de España en K1 e bronce en C1.
  

-Jorge Quintáns suma 2 preseas para o CDM Piragüismo Dumbría-
-O vimiancés un dos grandes do Campionato de España de Slalom-
-Disputouse en Sabero, (León)-

O obxectivo do CDM Piragüismo Dumbría para os Campionatos de España de Slalom era de sumar catro medallas, e con ese obxectivo o equipo dumbries foise a rematar os adestramentos en Sabero (León) dende o luns, onde tiñan lugar ditos campionatos o Sabado e Domingo, 5 e 6 de Agosto. "É un obxectivo moi ambicioso e moi complicado, pero está ó alcance dos deportistas costeiros", decíanos Portela do CDM Piragüismo Dumbría. Non puido ser polo "altibaixos" sufridos pola expedición dumbriesa, pero brilou e de que maneira e por conseguinte o equipo, na persoa do vimiancés Jorge Quintáns que sumaba duas preseas, na categoría K1 cadete, onde se proclamou Subcampión de España, coma no C1, onde acadou unha fantástica medalla de bronce, tendo en conta que non é a súa modalidade de referencia.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 

    12   >

Theme creado por dev-postnuke.com